Martes, 16 de marzo de 2010 - 6:24 h

O sector do software libre ve "fraude" no contrato da Xunta con Microsoft

Empresas, institucións e expertos defensores dos estándares abertos critican o “despilfarro innecesario” do Goberno galego
Xornal.com / Miguel Pardo Actualizado 05/06/2009 - 01:46 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

"Escándalo", "preocupante", "inexplicable", "innecesario"... Son só algún dos adxectivos que o sector galego defensor do software libre emprega para definir o contrato asinado entre a Xunta e Microsoft. O Executivo galego adxudicoulle 2,2 millóns de euros á multinacional para a adquisición de novas licenzas na Administración. O concurso, da Consellería de Presidencia, realizouse sen publicidade e non foi publicado no DOG malia a enorme contía acordada. "Unha fraude", din os defensores do free software.

Unha fraude "ás promesas do PP, que no seu programa apostaba polo software libre", aclara Xesús Baleato, coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún). E unha fraude "á cidadanía", xa que "viola a liberdade do usuario", tal e como di Juan Añel, representante de GNU España, e que destaca que "o software privativo non garante a privacidade dos datos dos cidadáns".

"Precísase poñer luz; a cantidade pagada é o suficientemente alta como para detallar as cousas", engade Luis Alberto Fernández, xerente de Agasol (Asociación Galega de Empresas de Software Libre).

Todos eles coinciden no "inexplicable" dun contrato millonario "para comprar licenzas de algo do que a Xunta non é nin propietario". "O propio Feijóo dixo apostar polo software libre, por un sistema que non supón só non pagar licenzas, senón que permite a independencia tecnolóxica, así como copiar, compartir, mellorar e distribuír libremente os produtos e adaptalos ás necesidades de cada Administración", destaca Luis Alberto Fernández.

"O que fixo a Xunta foi comprar un permiso, sen máis; é como ter un iogur con data de caducidade e, aínda por riba, non poder comelo", insiste Baleato, que considera a decisión do Goberno galego "unha enorme contradición". "É un despilfarro e máis en tempos de crise, xa que están pagando por algo innecesario", engade, ademais de lembrar que o presuposto anual de Mancomún non supón nin a sexta parte do que recibirá Microsoft, "que cotiza en Irlanda e ten a sede nos Estados Unidos".

Mentres, tal e como recorda o sector, outras autonomías de España, así como Holanda, Brasil ou Suecia apostaron xa pola migración completa dos sistemas informáticos das súas administracións ao software libre para "aforrar custos" e "desenvolver a industria local das TIC". Galicia aínda terá que esperar.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.