Lunes, 22 de marzo de 2010 - 5:06 h

“Compórtanse como os servos da extrema dereita”, di a oposición

“Fraga era progresista en comparación a Feijóo” apunta o PSOE; o BNG anuncia que levará os “ataques á lingua” por parte do PP “ao Parlamento galego, ao de Madrid e ao de Europa”.
Rodri Suárez / Xornal.com Actualizado 07/06/2009 - 01:08 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Un paso “premeditado, sen garantías e digno da extrema dereita”. Ese podería ser o resumo que fan as dúas forzas da oposición da proposta de consulta aos pais sobre o idioma presentada onte pola consellería de Educación. Tanto PSOE como BNG –ambos cos seus matices propios– amosáronse onte en contra do proceso linguístico iniciado polo Goberno galego do PP dende o seu retorno á Xunta de Galicia. De feito, incluso na comparación co anterior gabinete popular de Manuel Fraga sae perdendo o de Núñez Feijóo segundo os grupos que formaron o bipartito, que láianse da “falta de consenso” nun asunto que chegan a cualificar de “galegicidio”. 
Bieito Lobeira, deputado do BNG, considera que a enquisa que realizará o departamento que dirixe Jesús Vázquez “non ten fiabilidade ningunha”. “Semella que vai ser anónimo e totalmente dirixido pola propia consellería, polo que será fácilmente manipulable. Ademais, as preguntas son tendenciosas e dirixidas ao que o propio PP anuncia, que é redactar en base a ela un novo decreto que xa teñen pensado, polo que se trata simplemente dunha tapadeira para xustificar á agresión ao galego que queren cometer”, asegura o portavoz de lingua no grupo parlamentario nacionalista.
“Dende o punto de vista sociolinguístico, o presentado tampouco conta con valía, xa que non recolle e máis ben se aproveita da situación de diglosia que vive Galiza”, engade Lobeira, que tamén anuncia que “o Bloque loitará contra esta estratexia do PPdeG dirixida a acabar co galego e exercer de siervos da ultradereita de Madrid que é o que lles gusta”. “Levaremos estas agresións ao Parlamento galego pero tamén ás Cortes de Madrid e ao Parlamento europeo”, anuncia. 
Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Manuel  Pachi Vázquez, considerou ao ex presidente Manuel Fraga “un progre” comparado con Núñez Feijóo e co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, en canto ás súas políticas lingüísticas. “Caen á ultradereita de Fraga”, resaltou o líder dos socialistas galegos, que recuperou a frase dita en Xornal de Galicia polo seu candidato nas eleccións europeas Antolín Sánchez Presedo para augurar: “Vivirá moito máis o galego que o PP”. Dende o PSOE protestan tamén pola “falta de consulta á oposición” sobre unha enquisa “que van a manipular” e comentan que “o modelo deste Goberno para o idioma galego non é outro que a confrontación e a crispación”.

"Son a FAES"

A Mesa pola Normalización Lingüística criticou ao Partido Popular por promover un “novo proceso de doma e castración” de Galicia, que se basea en “furibundos ataques á lingua galega”. “Os dirixentes do PP se deixan levar polos prexuízos rancios e carpetovetónicos da FAES e actúan como fanáticos contra o idioma galego”, afirmou o seu presidente, Carlos Callón. Sobre os responsables da Política Linguística da Xunta falou tamén o socialista Manuel Pachi Vázquez: “O conselleiro fala para un público ultradereitoso mentres que Anxo Lorenzo se centra na cultura máis progresista”.

Editores

A plataforma, creada contra o ensino en galego, Galicia Bilingüe vén de dirixirse ao conselleiro de Educación para que  “suspenda o decreto xa en xuño” e incluso chega a suxerir que saben  que “as editoriais xa contan cos libros en castelán”, o que en ambientes de editores está a ser interpretado como unha medida de presión que invita a saltarse a lei, posto que aínda é vixente o actual decreto. Pero a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, mantén a súa presión sobre Feijóo “para que cumpra o que prometeu”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.