Viernes, 19 de marzo de 2010 - 1:54 h

“Reprogramación” e non Plan de Austeridade para PSOE e BNG

“Con todo todo o que está a facer o PP acabará provocando unha Gran Depresión en Galicia” di Manuel ‘Pachi’ Vázquez
Xornal.com 05/06/2009 - 22:04 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Tanto PSOE como BNG atacaron onte o Plan de Austeridade dado a coñecer o pasado xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que se basea en recolocar 144 millóns de euros dos presupostos e proxectos do anterior Goberno. Unhas partidas que segundo o líder galego “non tiñan un destino adecuado” e que se dedicarán a “gastos produtivos, á sanidade, á educación e a pagar en parte a Lei de Dependencia”.

A recolocación de cartos por parte da Xunta non é do agrado dos grupos que conforman a oposición. O BNG emprazou onte ao xefe de Goberno galego a que leve os seus plans ao Parlamento mentres que o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, manifestou que “Feijóo está a facer unha reprogramación ideolóxica do orzamento disfrazada de burato intermitente”.

Así, o portavoz parlamentario do Bloque, Carlos Aymerich, pediu de forma pública a Núñez Feijóo que levase á Cámara o seu Plan de Austeridade para coñecer as “modificacións orzamentais” coas que ten que contar o proxecto.
O nacionalista cre que é necesario levar o plan ao hemiciclo “para coñecer realmente o seu alcance e cales van a ser as partidas concretas que se van a ver afectadas”. O deputado dixo parecerlle sospeitoso o Plan de Austeridade e engadiu que sigue a “temer que isto vaia a repercutir nos servizos públicos esenciais,en recortes no educativo, no sanitario e no social”.

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Pachi Vázquez acusou ao presidente galego de “querer cambiar a realidade orzamentaria e vendelo como austeridade”.

Neste senso, durante a rolda de prensa que ofreceu onte o dirixente socialista aludiu “á gran mentira de Feijóo cando di que non ten 1.200 millóns de euros e agora sóbranlle 144, cando en realidade, nin lle faltan os 1.200 nin lle sobran 144”, senón que o que fai é “reprogramar os orzamentos con criterios partidistas. Esa é a clave do Goberno galego nestes 50 días”.

O ex conselleiro de Medio Ambiente acusou ao presidente galego “de non querer asumir que quere reprogramar os orzamentos, e para iso di que non ten cartos”. “Se faltan partidas nos ingresos que diga de onde as vai retirar do gasto”, retou Vázquez.

“Con todo o que está a facer, só está a paralizar o país e crear unha desconfianza que acabará provocando unha Gran Depresión de Galicia”, sentenciou o político socialista.n

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.