Sábado, 20 de marzo de 2010 - 20:01 h

“Téntanlle dar verniz democrático a unha decisión retrógrada”

A comunidade educativa rexeita que os pais tomen unha decisión “que é de toda a sociedade”
D.L/Xornal.com Actualizado 07/06/2009 - 01:08 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

"A comunidade educativa non está para isto”. As palabras do presidente do presidente en Galicia de CONFAPA –a confederación das asociacións de pais e nais da escola público– poderían ser un bo resumo das opinións dos colectivos vinculados ao ensino consultados por Xornal de Galicia sobre o inquérito presentado por Educación.
En opinión de Gantes, se a Xunta se outorga a esta consulta “o rigor que di”, o inquérito supón “borrar dun plumazo” as competencias do Parlamento e, a continuación, “derrogar a Lei de Normalización Lingüística” e as demais normas de promoción do galego “feitas por Gobernos de Manuel Fraga”.
Ao tempo, apunta o representante dos pais que o propio conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, lle asegurou a este colectivo, hai apenas dúas semanas, que o contido do cuestionario sería “máis xeral”, e non unicamente cinguido ao ámbito lingüístico.
Nun sentido semellante expresábase o voceiro do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza, Xosé Cabido. A xuízo do STEG, “as decisións sobre a lingua tenas que tomar o Parlamento, toda a sociedade”. Pola contra, di, a Xunta diríxese ás familias para “vernizar de democrática unha decisión que responde a unha minoría de presión ultraconservadora”.
Tamén dende a CIG Ensino o seu secretario xeral, Anxo Louzao, censura a realización dunha enquisa na que, explica, “aínda que todo o mundo respondese que quere ensino en galego, o resultado sería o que estipula o actual decreto”.
Segundo Louzao, o inquérito supón “un engano, comezando polas preguntas” que só ten como obxectivo “xustificar o que teñen pensado facer”, de cara a “ir minorizando toda a normativa de protección do galego”, algo que o sindicalista atribúe “a unha obsesión do PP”.
Tampouco a UGT considera, a través de Manuel Gómez, “correcto, dende o punto de vista pedagóxico”, que “se lle pregunte aos pais que materias se van impartir ou non en lingua galega”.
Se ben Gómez está “de acordo” en que a Xunta consulte a lingua en que os nenos “aprenden a ler e a escribir” –algo que, lembra, “xa se fai”–, apunta que UGT está “radicalmente en contra” de que unha enquisa defina o “currículum” educativo que, di, debe determinarse “por decreto da Administración”.
Neste sentido, Manuel Gómez dubida do “rigor” da consulta dado que, por exemplo, explica, “pregunta por materias troncais, cando en Primaria non as hai”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
un escándalo
Juan Maza
2009-06-06 12:55:12
¿Para que serven os ANPAS se a Xunta prescinde delas cando non lle interesa? É un escándalo esta enquisa enganosa e fraudulenta. O presidente da CONGAPA expresouno ben claro. ¿Que pinta Anxo Lorenzo, de quen tiña bo concepto, aí dando a cara? Éche boz verdade aquilo de "dame un carguiño..." e a aguantar o que me boten. ¿Que credibilidade vas ter, Anxo? ¿Non che dá vergoña?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.