Estatuto de 1936
O Estatuto impulsado por, entre outros, Castelao e Bóveda, convertía en “obrigatoria” a “ensinanza da lingua galega” e creaba materias de “lingua, literatura, xeografía e historia” de Galicia.
Transición: chega o ensino da lingua
Coincidindo coas masivas manifestacións da comunidade educativa en diferentes localidades do país, en 1981 o Goberno do Estado establece a incorporación ao currículum educativo do ensino da lingua galega.
Autonomía: Lei e Plan Xeral de Normalización
O Goberno Albor impulsa en 1983 a Lei de Normalización, amparada por un consenso que se repetiría en 2004, coa elaboración do Plan Xeral de Normalización Linguística por parte do Executivo de Manuel Fraga.
2007-2009: Decreto e conflitos
O Goberno bipartito desenvolve, mediante decreto, o Plan Xeral do Goberno Fraga. Nese marco, colectivos contrarios á normalización expresan un rexeitamento que recolle o PPdeG na campaña do 1-M.
