Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:53 h

As enquisas aos pais serán a "base" para derrogar o decreto do galego

O conselleiro de Educación presenta as enquisas que servirán como "punto de partida" para elaborar o novo decreto de uso do galego no ensino. Tal e como adiantara Xornal, os núcleos familiares recibirán "tantas enquisas como fillos" teñan.
D.L / Santiago Actualizado 07/06/2009 - 01:08 h.
61 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá ante os medios a enquisa que, ao longo da vindeira semana, a Xunta lles fará chegar aos pais dos alumnos de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional co obxectivo de coñecer as súas preferencias no relativo ao uso do galego no ensino.

O inquérito que, segundo recoñece o conselleiro, será o "punto de partida" para a "derrogación do decreto de galeguización do ensino", consta de catro preguntas que poderán ser "respostadas "polos pais ou polos fillos", nun contexto no que, tal e como avanzara Xornal de Galicia, cada núcleo familiar recibirá "tantas enquisas como fillos teña". Neste cuestionario, a Xunta formula cuestións sobre a lingua en que os pais "preferirían que o seu fillo cursase as materias troncais", en torno ao idioma en que "preferiría que estivesen escritos os libros de texto e outros materiais didácticos" ou sobre a lingua a empregar "nas probas orais e escritas".

As direccións dos centros educativos terán ata o vindeiro día 19 para devolver a Educación unhas enquisas que terán carácter "confidencial" e que, di o conselleiro, serán o "punto de partida" para a elaboración do novo decreto. Neste escenario, Jesús Vázquez asegura que a Xunta "entende" que "van participar o 100% dos pais" galegos, se ben apunta que, independentemente do grao de participación, as súas respostas serán a base da norma que regulará o uso do idioma no ensino. "Toda a opinión dos pais -di- será respectable". Neste sentido, e diante dunha eventual baixa participación, Vázquez apunta que "nas eleccións europeas" do vindeiro domingo "ao mellor non se chega ao 40%".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Non perderla fin por causa dos medios.
XG
2009-06-06 16:38:20
(1) Fixando tanto a atención sobre dos medios (as porcentaxes) podemos perdemos de vista a finalidade: que a fin do ensino os alumnos dominen ambas linguas. Mediante que asignaturas e porcentaxes é determinación instrumental e variable no tempo, que non temos que decidir nós nestes comentarios. A parte contraria non pretende aseguralo dominio de ambas linguas, senón a supremacía do castelán e consecuentemente inevitable reducción do galego a algo sen importancia social. Na medida en que gastar tempo en discutir porcentaxes leva a atención fora do asunto principal, a parte contraria sale favorecida.
2
A gamalho
perplejo
2009-06-06 13:23:38
Es posible que a usted lo entiendan.
3
A XG
perplejo
2009-06-06 13:22:28
Entienda que yo seguiré citando sus posts cuando considere oportuno.
4
A Adrián
perplejo
2009-06-06 13:18:07
Según usted, ¿qué es exactamente de lo que no me entero? Porque estoy diciendo exactamente lo mismo que gamalho. Al que debo una corrección. En mis mensajes estaba dando por supuesto que el Decreto prohibía el explicar en castellano la totalidad de las asignaturas objeto de consulta. Es cierto lo que dice gamalho. Tecnología es objeto de consulta, pero puede darse en castellano. El lapsus se debe a que en mi centro se da en gallego. Por supuesto, sin pasar por el Consello Escolar.
5
A perplejo
XG
2009-06-06 09:59:35
Non teño interese en polemizar con Vde.
6
Lingüicida
Beatriz
2009-06-06 01:00:28
A educación e o ensino son responsabilidade de todo o pobo galego, non soamente dos que teñen fillos en idade escolar. Pensaba que Anxo Lorenzo non se prestaría a este xogo, demostra que é un trepa, trepou na Universidade e agora acabou mostrando a súa verdadeira cara: UN PROSTITUTO a servizo dun covarde inimigo de Galicia chamado Feijoo
7
Pandilla de fascistas chapuceiros
Fran
2009-06-06 00:48:26
Estan a gastar os cartos dos nosos impostos en enquisas, subvencions a plataformas que fomenta odio e apartheids contra a lingua galega. E mentres, os gandeiros, os do metal, e miles de familias galegas seguen esperando a que este goberno se poña dunha vez a gobernar e se deixen de demagoxias, polemicas linguisticas ou pasearse coma estralas polos medios de comunicacion españoles.
8
Non podo crelo
Maria
2009-06-06 00:35:50
Politica do ensino do PP = que cada un aprenda o que queira. ¿En que pais se viu algo igual?. Seran as persoas compentes as que teran que elixir materias e linguas a impartir para formar adecuadamente os nenos e non segundo preferencias (ideoloxicas ou non) dos pais. Pareceme incribel ata donde chegamos con esta polemica por culpa dunha minoria (pq non son todolos votantes do PP os que desprecian a nosa lingua).
9
O ensino convertido nun "restaurante a carta". Vergonzoso!
Ana
2009-06-06 00:19:47
Eu agardo que o Sr. Feijoo me garanta o meu dereito a decidir que os meus fillos non estuden a lingua española ou a historia de España. Tampouco quero relixion, nin ximnasia. Poderei escoller igual que poden os galegofobos de Galicia Bilingue?

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.