Rock en Valdeorras con Son de Meiga

O festival reunirá a Rosendo, Tequila, Macaco, Mägo de Oz, Mojinos Escozíos, Reincidentes, Avalanch, Skizoo, Siniestro Total e Def con Dos a finais de xullo

Xornal.com Actualizado 07/06/2009 - 18:25 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Destacadas bandas do panorama estatal e Dj's de fama internacional reuniranse este verán na primeira edición de Son de Meiga 09, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de xullo no Barco de Valdeorras (Ourense).

Rosendo, Tequila, Macaco, Mägo de Oz, Mojinos Escozíos, Reincidentes, Avalanch, Skizoo, Siniestro Total e Def con Dos encabezan un cartel integrado por preto de 30 grupos e unha vintena de pinchadiscos que garantirán unha festa de 72 horas case ininterrompidas nos tres escenarios que se habilitarán no parque empresarial da Raña.

Esta nova cita na axenda de festivais convértese así, segundo os seus organizadores, nun dos eventos musicais de referencia para este verán. Trátase do primeiro evento desta magnitude que se celebra nesta bisbarra.

Son de Meiga é unha iniciativa de tres hostaleiros da localidade ourensana, Fran Prada, Sabino Guitián e José Prada, agrupados en Meigasonora Productions, os que iniciaron hai un ano a organizar concertos en dous pubs e un café. O seu proxecto contou coa participación da Concellería de Turismo do Barco de Valdeorras e a Deputación provincial de Ourense.

Grupos locais e internacionais

Á parte dos grupos máis coñecidos da escena musical, tocarán bandas procedentes de distintos puntos da comunidade galega, a bisbarra leonesa do Bierzo e outros lugares do Estado.

É o caso de Navegando a Barlovento, Amadeüs, Cuentaatrás, Xabón Blue, Hastilla, Mala Komunikacion, Cabo da Vila, M'82, Aztor Secundario, Discordia, Volta e Media, Por Placer, Crakerman, Iria Flavia, Os Cuchufellos, Tuna Rastafari e Esquíos.

O rock vai ser o estilo predominante, pero tamén se escoitarán sons mestizos, heavy metal, ska e folk, entre outros. O cartel completarase con pinchadiscos como os brasileiros Pet Duo, o serbio Deixan Milicevic, Dj Tako, Reeko, Cora Novoa, David Golpeada, Raúl Mezcolanza, Aitor Ronda, Adrián Arias, Trevor Rockliffe, Fatima Hajjl, Darkrow, C-System, Óscar, iL Kartone e David Prada. Todos eles suman entre os tres días máis de 30 horas de sesións dj que prolongarán a festa ata el domingo a mediodía.

Entradas anticipadas con desconto

As entradas para o festival Son de Meiga 09 están xa á venda, con descontos para o bono de tres días, que costa 65 euros nos locais dos organizadores, 75 en Tick Tack Ticket (www.ticketmaster.es) e centros asociados (Carrefour, FNAC, Gong, Tipo) e 90 euros en taquilla.

A entrada individual por día ten un prezo de 30 euros na rede TTT e 35 en taquilla. Tamén existe unha promoción de 1.000 bonos a 60 euros, dos cales 500 venderanse á rede de Tick Tack Ticket, mentres que os outros 500 se poderán adquirir nos establecementos da organización: Pub Caos, Cafetaría Despiste e Pub Sambo do Barco.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.