Jueves, 18 de marzo de 2010 - 12:20 h

Unha enquisa sen fiabilidade será a base do novo decreto do galego

Educación comeza a vindeira semana a “decisiva” consulta, que non dá opción á presenza equivalente de galego e castelán e da que serán responsables os equipos directivos dos centros.
David Lombao / Xornal.com Actualizado 29/12/2009 - 19:07 h.
29 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 15 voto/s

Inicio do “proceso que concluirá coa derrogación do decreto de galeguización do sistema educativo de Galicia”. Deste xeito resume o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o significado da enquisa que a vindeira semana chegará aos 1.490 centros educativos do país co uso da lingua como argumento.
No transcurso dunha rolda de prensa multitudinaria e cun ton sensiblemente máis brusco que nas súas anteriores comparecencias –“unicamente”, advertiu o conselleiro, “respostaremos preguntas que teñan que ver coa enquisa”–, Vázquez presentou un inquérito que, di, está chamado a ser o “punto de partida” do novo decreto que regule o uso do galego no ensino.
Educación distribuirá dende o luns 330.000 cuestionarios divididos en catro modelos:  Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Neles, a Xunta insta aos pais, a través de catro preguntas bilingües, a expresar “en que lingua preferiría que o seu fillo cursase as materias troncais” ou o idioma en que “preferiría que estivesen escritos os libros de texto”.
Así, “os pais ou os fillos” poderán escoller entre un abano de respostas que vai dende “todas en galego” a “todas en castelán”, pasando por “unhas en galego, outras en castelán”, sen deixar lugar a un modelo equilibrado entre ambos idiomas.
A compañado polo secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o conselleiro insistiu na representatividade dunha enquisa que será “decisiva” independentemente do grao de participación –”nas eleccións europeas”, xustifica, “ao mellor non se chega ao 40 %”–.
Ao tempo, Vázquez defende a lexitimidade dun inquérito no que, tal e como adiantara Xornal de Galicia, cada familia cumplimentará  “tantas enquisas como fillos” teña, co mesmo valor final.

Procedemento da consulta

Segundo a explicación do conselleiro de Educación, as direccións dos centros educativos recibirán, ao longo da vindeira semana, un número de enquisas igual ao continxente de alumnos matriculados. Serán os propios centros os encargados de distribuír os cuestionarios entre os estudantes e de recoller, antes do día 19, as respostas dentro dun sobre con “sistema de pegado autoadhesivo para que os datos queden ocultos”. Os directores, que “terán a instrución de realizar o seguemento” da consulta “mediante lista”, deberán introducir as enquisas recibidas nunhas “bolsas feitas ad hoc” para este proceso, xunto cun “parte de incidencias” no que reflictan os posibles inconvenientes atopados na propia consulta.
Unha vez finalizado o proceso nos centros, que estará baixo o control da inspección educativa, a consellería recibirá os inquéritos e “un equipo habilitado para tal fin procesará os datos nun tempo estimado de 5 a 10 días”. Malia a dar conta deste proceso, Jesús Vázquez rexeitou explicar ante os xornalistas o xeito en que os datos serán computados, así como o peso que as respostas terán sobre a elaboración do novo decreto ou o xeito en que a Xunta evitará a manipulación das respostas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Só paus
meuamigo
2009-12-29 16:31:46
Denpois viran que vo te farán, Quen me ia dicir que poderialle aplicar este dito a un persoaxe fascista, se somos realistas e chamamoslle polo nome os governos do dictador fascista Francisco Franco, pero eiquí estamos a boltas co pouco que nos queda aguantando cunha panda de coruptos, a dereita galega mete asco e a esquerda da pena, sempre nos toca pagar, este é o prezo que os socialistas pagaron por ter un lendakari, só hai unha solución posivel e é ter unha dereita politica coma teñen vascos e catalans, e non digo que teña que ser nacionalista se non digna.
2
¡Pobre Galicia!
Ramón
2009-06-13 11:13:36
Son os de sempre. Primeiro, afogaron a xente do rural e agora queren aniquilar o que máis nos distingue: a lingua máis fermosa do mundo. Parece que ser galego ou gslega non vale para nada. Tamén se queren esquecer de tódolos devanceiros. Non fixeron nin valeron nada. Creo que chegou un governo que quere igualar as dúas linguas oficiais, como Galicia Bilingüe.
3
Farta do mesmo
2009-06-07 01:05:06
A RAG nunca dirá nada e o ILGA tampouco. Calan a base de subvecións. Os únicos que dirán e que defenderán a lignua galega serán como sempre, A Mesa ou outras organizacións como A Associaçom da Língua Galega, Galego Sempre Mais, A Gentalha do Pichel e resto de organizacións que si se preocupan e traballan pola cultura e o idioma galegos. A Rag e o Ilg son monicreques do Estado. Punto e final. A ver cando vos enterades dunha vez
4
Non entendo nada.
Pavía
2009-06-06 20:46:57
Ainda recordo a cara de satisfación do Presidente da RAG, no acto do 17 da maio pasado en Láncara. Máis o menos viña a decir que con este novo Goberno da Xunta o avance do galego ía a ser o nunca visto. Días antes, este mesmo señor decía, preocupado polo cariz que estaban tomando as cousas, que temía polo futuro do galego. Coido que aquí algo cheira mal. E hora de mollarse e deixarse de amaños. O perxudicado aquí é o IDIOMA. !Hai que falar claro..XA¡
5
OS CALADIÑOS
anton
2009-06-06 19:44:32
¿Os da R.A.G.e os de I.L.G.siguen ddesaparecidos incumprindo coas suas obrigas ,que son a defensa do idioma do idioma galego .Pido a DIMISON de todolos seus membros por ineptos e traidores, convidovos a revisar os estatutos da academia estan na sua paxina
6
grazas xg
jose antonio
2009-06-06 18:21:12
efectivamente, non estiven na manifestación do 17 de maio (alomenos físicamente). pero reconfortoume ver que había xente que pensaba coma min. tal vez sexa o feito de vivir na Coruña, de ter o inimigo dentro de casa (a ver que vai a pasar na miña casa ca enquisa, espero non sexa motivo de divorcio), de ver como prácticamente ningún coruñés de menos de coarenta anos fala galego. por suposto o desexo de ser catalán é puramente retórico (ainda que sinto por eles unha admiración confesa e unha sa envexa). non cabe dúbida que haberá que tirar para adiante e todos os que pensamos así, o mellor que podemos facer é falar a lingua para tentar espallala. unha aperta a todos os que pensan así. para os outros, os señoritos da Coruña e Vigo, os simpatizantes de galicia bilingue empregarei as verbas daquel ilustre coruñés de pro: "SArna" (en sentido figurado)
7
Pepe non mintas
TP
2009-06-06 17:50:15
Eu tamén son docente desde fai moitos anos, polo que che podo decir o seguinte: ti e os que pensan coma ti, non tedes ningún problema porque podedes impartir calquera asignatura en galego, aínda as que non se impoñen no famoso Decreto neste idioma. PERO EU, E OUTROS COMPAÑEIROS,NON PODEMOS DAR AS NOSAS CLASES EN CASTELÁN, aínda que todos os nosos alumnos sexan castelanfalantes. A diferencia de vós, nos calamos cobardemente, para non ter enfrontamentos. Esta é a razón pola que ti, e os que pensan coma ti, non vedes ningún conflicto. Se a situación fóra ao revés, ben que estaríades ladrando!. XA ESTÁ BEN DE TANTA MANIPULACIÓN!
8
Para Xoán Maza
XG
2009-06-06 17:12:56
O asunto das porcentaxes téñoo eu por secundario e instrumental para conseguilo obxectivo inmediato: que os alumnos deixen o ensino dominando as dúas linguas. A determinación das porcentaxes non nos corresponde a nós neste foro, senón que é asunto de caracter técnico e variable segundo circunstancias que debe ser únicamente condicionado polo obxectivo ao que se ordena e, se acaso, pola abundancia ou escaseza de medios. O medio (porcentaxes) ordénase á fin (dominio de ambas linguas). Se nos dedicamos a discutilo secundario deixando aparte a principal favorecemos a quenes buscan a supremacía do castelán e consecuente reducción do galego a lingua dalgúns indios raros que quedemos por aquí.
9
A josé antonio
XG
2009-06-06 17:01:02
Teño a impresión de que non estivo Vde. na manifestación do 17 Maio; houbera collido outro brio. Non entre nunha depresión, home. Somos moitos os fillos de galego falantes que fuxiron da aldea para buscar mellor vida; na cidade entramos en ambiente castelán falante e nesa lingua fomos escolarizados. Cando xa crecido pasei un verán na casa duns tios os meus primos daballela risa ó oirme: tentando falar galego coeles dicia eu rarezas, como "carreteIra" e cousas así. Pero desa enfermidade cúrase un. Di vde. que quere respetarse a si mesmo, é fácil, supere a depresión sendo galego e activo, p.ex: fágase membro de algunha sociedade a prol da lingua e tome parte nas súas actividades. Teña por certo que rendíndose ou fuxindo respetarase menos.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.