Sábado, 20 de marzo de 2010 - 0:25 h

A escola galega mobilízase ante os anuncios da Xunta

As ANPAS compostelás lembran que o Supremo xa desbotou a capacidade de “elección” dos pais “no currículo escolar”.

David Lombao / Xornal.com Actualizado 09/06/2009 - 00:58 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

As cautelas que, inicialmente, mostraron os diferentes colectivos vencellados ao ensino despois das eleccións do 1 de marzo diante dos plans lingüísticos do novo Goberno estanse a transformar, paulatinamente, en vontade de desenvolver accións conxuntas e organizadas.

Despois da participación de moitos destes colectivos na manifestación en defensa do galego do pasado 17 de maio, as asociacións de pais, sindicatos e movementos pedagóxicos, entre outros, prevén mostrar de xeito conxunto o seu rexeitamento a unha eventual desprotección da lingua por parte da Xunta.

Os primeiros pasos de cara a esta organización daranse, segundo fontes consultadas por Xornal de Galicia, na xornada de mañá cando, a través dunha xuntanza en Santiago, moitas destas agrupacións, así coma os equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino, valorarán a posibilidade de emprender accións coordenadas.

Anpas de Compostela

Algúns dos colectivos que nos últimos días está a mostrar a súa “preocupación” diante da posible “redución das materias impartidas en galego” son as asociacións de nais e pais do ensino público.

Nesta dirección, na xornadad e onte a Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Compostela expresaba, a través dun comunicado, o seu rexeitamento ás “primeiras medidas do novo Goberno autonómico na materia”

Segundo as nais e pais de alumnos dos centros da capital, unha menor presenza do galego nas aulas “limita a adquisición real das competencias lingüísticas” dos alumnos e, “no futuro”, din, “pode situar a un número significativo dos actuais estudantes en inferioridade de condicións no acceso a moitos postos de traballo.

Do mesmo xeito, as ANPAS compostelás rexeitan a enquisa que, dende mañá, distribuirá a consellería de Educación co obxectivo de coñecer a lingua que “prefiren” os pais dos estudantes na escola.

“Pensamos –di este colectivo– que a educación é un asunto de todos e todas e que as decisións sobre a lingua de ensino correspóndenlle á cidadanía no seu conxunto”. Dende o seu punto de vista, este inquérito “pretende”, ademais, “crear un conflito que oculte os verdadeiros problemas da educación.

Sentenzas

Ao tempo, este colectivo de pais e nais resulta “máis rechamante cando o Tribunal Supremo acaba de volver negar, en relación con Educación para a Cidadanía, que poida haber un ámbito de elección para os pais no relativo á fixación do currículo escolar”.

Así, conclúen que “amparándose nunhas suposta liberdade”, estas medidas “estaríanlles restando competencias aos nenos” nunha “etapa fundamental” da súa formación.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
para eu
jose m.g.
2009-06-09 19:08:21
lo de acabar con el gallego eso si que es una conclusión absurda propia de mentes manipuladoras,no por mucho repetir esa falacia conseguireis hacerla verdad,la verdad de las urnas fue rotunda y lo será más todavía, las europeas se presentaron en clave nacional y aquí en galicia los que montasteis una guerra por la lengua fuistes vosotros los impositores nacionalistas,así lo manifestasteis en mítines ,en la manifa del 17 y en los foros,el otro día tuvisteis la respuesta,los gallegos no aceptamos vuestra impostura y vuestra falacia ni un minuto más,y mucho menos vuestra violencia..
2
Conclusiones absurdas
A.V.
2009-06-09 09:37:27
Ah, pero... ¿las elecciones del domingo eran para decidir sobre el gallego? Y yo que creía que eran para el Parlamento Europeo... Ahora resulta que si el PP gana unas elecciones para Bruselas, con menos del 50% de participación, hay que acabar con el gallego.
3
PP 50 % de los votos
Josemg
2009-06-08 20:06:27
esto es lo que ha dicho la mayoría del pueblo gallego,derogación inmediata del decreto impositor y democratizar la política normalizadora! los de siempre ocupando la calle y las asociaciones llegan a creerse que son mayoría,llegan las urnas y el voto libre y secreto hablan alto y claro,que broma es esta en democracia,que la inmensa mayoría nos tengamos que comer un decreto infumable aprobado por una minoría y motivo principal por la que fue derrotada!seguid forzando esta voluntad democrática y veréis los resultados en las siguientes elecciones,allí es donde los verdaderos demócratas hablamos, no en la calle.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.