Sábado, 20 de marzo de 2010 - 14:38 h

O PSOE vincula co Opus Dei os proxectos lingüísticos de Núñez Feijóo

Os socialistas galegos reiteraron onte, a través do voceiro da área institucional do seu grupo parlamentario, José Manuel Lage Tuñas, os vencellos que, ao seu xuízo, existen entre a política lingüísitica da Xunta e grupos ligados á extrema dereita.

Xornal.com Actualizado 08/06/2009 - 01:55 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

En opinión de Lage Tuñas, “detrás das primeiras decisións de Feijóo vese a influencia de sectores ultras e tamén a man do Opus Dei”. Neste sentido, di, “só cabe recordar que a primeira iniciativa que apoiaron no Parlamento é a da Red Madre –auspiciada por colectivos antiabortistas–”.

Dende o punto de vista do deputado do PSdeG, estas mesmas vinculacións levaron o presidente da Xunta a “romper o consenso lingüístico” e “utilizar a lingua para confrontación política”, mesmo “borrando dun plumazo toda a política lingüística da etapa de Manuel Fraga”

Anxo Lorenzo

Neste contexto, Lage Tuñas manifesta ademais a súa “incredulidade” polo “papel” do novo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, nas medidas anunciadas pola Xunta.

Segundo o socialista, Lorenzo “está sendo cómplice polo seu silencio nun Goberno que cada día anuncia unha nova decisión contra a lingua galega”. “Paréceme triste –di–, porque a súa traxectoria indicaba xustamente o contrario”.

Así, Lage censura a “complicidade” do secretario xeral coa “ofensiva brutal” que, ao seu xuízo, supoñen medidas como a “modificación da Lei da Función Pública” no vencellado ao uso do idioma nas oposicións.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¿Indicios ou probas?.
XG
2009-06-07 11:58:34
(1) Cando se fan en público imputas como as aquí feitas por Lage Tuñas é debido precisar e mostralos indicios ou probas nos que se fundamentan. (2) Nada sorprende que haxa sectores ultras influindo no proxecto lingüistico de Feijóo -un ultra el mesmo- pero tal como está posta a noticia quedamos sen saber cales son e cómo influen; e eso non é boa información. (3) Sorprende a noticia de que ande a man do Opus Dei polo medio; ¿que pintaría ese colectivo -relixioso- influindo neste asunto?; ¿pq razón -outra que o seu obxectivo declarado: a santificación das vidas dos seus membros- haberían de meterse nesto?; son preguntas ás que habería que dar resposta se se quer que a imputa se tome en serio. (4) Máis ainda sorprende oir que a asociación antiabortista Rede Nai ande -ó alimón co Opus Dei- enredando no conflicto da lingua. Segundo eles mesmos din na súa web, ese colectivo e aconfesional e cunha actividade especializada que aparentemente ningunha relación ten co actual conflicto da lingua. Cando un le noticias como esta pregúntase ¿porqué e cómo? e non ó non encontrala resposta nin trazas dela na mesma, consideraa algo ou moito irresponsable.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.