Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:09 h

A rebaixa do galego de Feijóo irá contra leis galegas, estatais e da UE

O ensino e a función pública son os piares das recomendacións lingüísticas das normas aplicables en Galicia

David Lombao / Xornal.com Actualizado 09/06/2009 - 01:38 h.
22 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 21 voto/s

As reformas do marco de protección xurídico do galego colisionarán, de realizarse, co espírito e, en máis dun caso, coa literalidade da lexislación autonómica, estatal e europea en materia lingüística.

Sen saír do marco legal de Galicia, unha eventual rebaixa no amparo do galego no ensino –reforma que a Xunta apoiará na enquisa aos pais– contradiría a norma básica da autonomía en canto ao idioma: a Lei de Normalización Lingüística (LNL), aprobada en 1983 polo Goberno popular de Gerardo Fernández Albor.

Segundo esta norma, o galego é a “lingua oficial do ensino en todos os niveis educativos”, e as “autoridades educativas da comunidade autónoma arbitrarán medidas encamiñadas a promover” o seu “uso progresivo” nas aulas.

Do mesmo xeito, se a Xunta tomase a decisión de segregar aos estudantes atendendo ao idioma elixido polos seus titores, o Goberno galego atoparíase diante, de novo esta mesma norma que, no seu artigo 13, deixa claro que os alumnos “non poderán ser separados en centros distintos por razón de lingua” e insta a “evitar” a súa separación “en aulas diferentes” por esta razón.

Tamén a Constitución Española fai fincapé, aínda que dun xeito máis xeral, na necesidade de protexer especialmente as linguas propias das diferentes autonomías, especialmente no ámbito das aulas.

Así, no seu artigo 3, a norma básica do Estado establece que a “riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. Ao tempo, no artigo 144, a Constitución subliña que é “competencia” autonómica o “ensino da lingua” propia.

Tamén no ámbito do ensino se detén a Carta Europea das Linguas, subscrita por España e cuxo cumprimento afecta tamén, por extensión, aos diferentes Gobernos autonómicos do Estado.

Nesta norma, a UE insta aos seus asinantes a “asegurar” a educación “preescolar”, “primaria” e “secundaria” nas “linguas rexionais ou minoritarias”. A Carta establece ademais que, segundo os casos, que a presenza destas linguas na escola debe ser “total” ou afectar a unha “parte substancial” das materias.

Función pública

Á espera da concreción dos plans da Xunta para redefinir a presenza do galego nas aulas –esencialmente, coa elaboración dun novo decreto–, os primeiros pasos legais do Goberno de Alberto Núñez Feijóo en canto ao idioma colisionan tamén con normas anteriores.

Así, a reforma da Lei da Función Pública, orientada a non esixir a realización exames en lingua galega aos futuros funcionarios, vai nunha dirección contraria ao establecido no propio Estatuto de Autonomía, que no seu artigo 3 dispón que a Xunta “potenciará o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública” e en casos coma os notarios ou o persoal da administración de xustiza, establece como “mérito preferente o coñecemento do idioma do País”.

Do mesmo xeito, o espírito desta modificación non concorda co acordado na LNL, onde o “dominio do galego” se convirte en “condición necesaria” para obter un “diploma da Escola Galega de Administración Pública”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para nostrus
XG
2009-06-08 10:57:14
Ponte en fase, home. O augardente sen alcohol xa estivo inventado. Fora o seu inventor o briago do tio Emérito, que ó non chegarlle o viño da súa viña, nin o augardente que el destilaba, e como non tiña cartos para comprar máis, pois acudía a un boticario que deulle uns polvos cos que facer algo que, bueno, parecíase a augardente. Mortos o tio Emérito e mailo boticario, a fórmula perdeuse.
2
Para Fernando José
XG
2009-06-08 10:46:58
Imos darlle un repaso ás contradiccións, (1) contradicción interna no teu comentario: ti dis "Que decidan os pais...non significa que non teñan que estudar e linguan non escollida. É obrigado que conozan as dúas"; entón, ¿faríalo favor de dicirnos qué é o que decidirían os pais?, ¿decidirían o que por ser obrigado xa está decidido?. O exemplo finlandés que nos pos nada aclara pois ali non deciden os pais, segundo ti nos dis. (2) Contradicción por omisión do teu comentario coas normas en vigor. Ti dis: "É obrigado que ceñezan as dúas". Eso é certo, faltoute engadilo propósito desa obriga: para que dominen as dúas. (3) Contradicción interna do inquérito: Dado que é legalmente obrigado que dominen as dúas linguas, ¿a que ven preguntarlle ós pais se queren "todo" en galego ou "todo" en castelán?; a ninguén se lle escapa que de aplicaren un deses "todo" negaríase a outra lingua, o que legalmente é imposible. (4) Contradicción do inquérito co ensino: o obxecto principal da escola e que os alumnos aprendan; e será mellor escola aquela na que aprenden mellor. A determinación do método no que aprendan mellor é asunto de TECNICA PEDAGÓXICA, a resolver por expertos; entón, ¿qué resolve aí un inquerito os pais facendolles preguntas que, de principio, unhas xa están decididas nas leis en vigor e outras piden opinión de experto, cousa que os pais non teñen pq ser?. Se os pais póñense a facelo traballo dos expertos corren o risco de facerlle mal ós seus fillos. Se acaso, os pais, responsables últimos da crianza dos seus fillos, poderán dentro das posibilidades escoller os expertos que entendan apropiados para os seus fillos, ou censuralos inapropiados. Etc... Todas esas contradiccións débense a que o que se persigue non é o que se declara, e hai que didimular.
3
enquisa xeral ou referendum?
rosa
2009-06-08 01:06:28
¿poderiase facer unha enquisa pra deixar de falar o castelán, pra voltar a rexímenes anteriores, pra negar a constitución, pra independizarnos? ¿de que vai un home que dí que nos vai gobernar e na primeira decisión que vai tomar fai unha enquisa pra non pillarse as maus? ¡vaite xa! ¿queres outras eleccións?
4
Para TP
nostrus
2009-06-07 21:34:43
Claro que inventaron que Galicia es una nacion sin estado.Pero ahi no acaba la cosa, no tardaran en inventar el aguardiente sin alcohol
5
Fernando José
2009-06-07 21:25:00
Al contrario de lo que dice el artículo no se contradirían leyes españolas ni europeas. Que elijan los padres en qué lengua estudian sus hijos no implican que no tengan que estudiar la lengua no elegida. Es obligatorio que conozcan las dos. Esto ocurre en cualquier lado en el que hay dos lenguas. El caso finlandés es ejemplar, pero no eligen los padres, exactamente: los niños estudian el grueso de sus asignaturas en su lengua materna: modo de aprender mejor y que no es incompatible con el estudio y práctica de otras lenguas .
6
Para contitutioman. ¿Tan fácil será cambiar esta lei?.
XG
2009-06-07 19:46:45
Mentalos arts. 3 CE, 5, 5.1 e 5.2 Estatuto. Sen ánimo niñún de polémica pq eu non son licenciado en Leis, e pq para ela habemos de ter tempo e ocasión sobrados visto o rumbo que levades, recomendo que, deixando por un momento aparte a LNL do 83 e acudindo as normas superiores CE e Estauto de Autonomía de Galica, releas o 3.3 da CE, os 5.1.e 5.2 do Estatuto, e fixela atención no 5.3 do mesmo. De paso mira as sentencias do TC 46/91 e 337/94. E despois aplícate a cambiala Lei, algo simple segundo ti. (Os arts. e sentencias que cito están tomados de un comentario de X.L. Franco Grande na Voz de Galicia de hoxe).
7
Sondagem das eleccions
eleccioneseuropeas2009.blog.com.es
2009-06-07 19:34:41
En eleccioneseuropeas2009.blog.com.es pode ver unha votación sobre a sondagem realizada hoxe, ás eleccións do Parlamento Europeo. eleccioneseuropeas2009.blog.com.es
8
LOE 2006
nómade
2009-06-07 19:03:46
Ollo! e a LOE (2006), lei orgánica, que di: "Artigo 2j: o sistema educativo español orientarase á consecución dos seguintes fins: [...] A capacitación para a comunicación na lingua oficial e cooficial, se a houbese, e nunha os máis linguas extranxeiras Artigo 17e): A educación primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e nenas as capacidades que lles permitan: [...] coñecer e utilizar de maneira apropiada a lingua castelá e, se a hobese, a lingua cooficial da comunidade autónoma e desenvolver hábitos de lectura". Tamén o artigo 23h para a ESO
9
para alexandre
mario
2009-06-07 18:44:02
no eres monolingue, eres mononeuronal, el idioma se aprende pero las neuronas no se trasplantan

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.