O portavoz nacional do BNG asegurou que "dubida moito de que a formación frontista apoiase algunha moción de censura" contra Zapatero "neste momento político".
A pregunta sobre as declaracións do portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran, nas que animaba ao PP a presentar unha moción de censura, Guillerme Vázquez dixo que era "unha propuesta muy respetable", xa que cada un "plantexa as iniciativas que crea oportunas"."Dubido moito que neste momento concreto o BNG apoiase unha moción de censura. Ademáis, tería que coñeocer por qué razóns de tipo específico se presentaría unha moción neste momento político", concluíu o portavoz nacional do Bloque.
