Domingo, 21 de marzo de 2010 - 1:36 h

O PP gaña forza en Galicia mentres o BNG obtén o seu peor resultado en vinte anos

A formación de Feijóo sácalle nas europeas sete puntos de vantaxe ás forzas do bipartito

Rodri Suárez / Xornal.com Actualizado 09/06/2009 - 22:10 h.
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

A resaca do 1-M pode vivirse con euforia no PPdeG. Tras o regreso dos populares á Xunta, os resultados das eleccións europeas en Galicia dan aínda máis forza ao partido que lidera Alberto Núñez Feijóo, que obtivo o 50,6 dos sufraxios, o que supón un crecemento de catro puntos en relación ás autonómicas –de tres respecto ás últimas continentais de 2004– e confirma a Galicia como un dos territorios centrais para un PP que tamén gañou a nivel estatal. Pola súa parte, o PSOE foi capaz de amosar unha leve recuperación mentres que o BNG volve caer e obtén o seu peor balance en vinte anos.

Certo é os resultados duns comicios ao Parlamento de Bruxelas sempre deben de ser tratados con prudencia e están sometidos á forte abstención, que nesta ocasión moveuse no 48 por cento, pero o escaso tempo pasado dende a vitoria do PP no primeiro de marzo e a convulsión que a mesma creou na política galega obriga a enlazar ambos datos, circunstancia que presenta un escenario feliz para os populares, lixeiramente relaxado para os socialistas dende a súa visión particular pero dramática dende claves de alternativa, xa que –a falta do voto exterior– o fracaso do BNG amplía a sete puntos a vantaxe do PP respecto a un hipotético bipartito, distancia que tras as autonómicas era de apenas unhas décimas, sempre antes do polémico sufraxio emigrante, que acabou dándolle maior porcentaxe ás forzas progresistas que á gobernante.

Recibe pulo o PPdeG nas europeas. Na oposición, o PSdeG pódese permitir algunha lectura positiva, misión moi complicada para o Bloque. Porque os socialistas baixan un punto menos a nivel galego que estatal respecto a 2004, pero ademais melloran o tanto por cento en relación ao 1-M. Con Touriño presentado como “o Presidente”, o PSOE obtivo o 31% dos sufraxios. Con Manuel Pachi Vázquez acabado de chegar ao liderado da organización, soben ata o 34,25. Supón este resultado certo balón de osíxeno para os socialistas galegos, que -en algo que non adoita ser habitual– logra diferenciarse así do seu núcleo estatal, algo que no que podería ter que ver as moitas chiscadelas galeguistas que lanza o PSdeG nas últimas semanas, que semella que lle serviron para entrar no solo electoral do BNG, de novo en descenso.

Baixa do dez por cento o Bloque. Chegaban os nacionalistas aos comicios nun intre complicado, en medio dunha longa discusión interna que acabou hai menos dun mes e logo dun cambio de aliados europeos. A coalición coa que acudiron á cita electoral cambio CiU e PNV por ERC e Aralar. Non lles foi moi ben a eles. Nin ao BNG con eles. Obtiveron un acta que, polo sistema rotatorio, levará á súa candidata Ana Miranda a Bruxelas. Porén, iso non agocha o golpe. Perden case 40.000 votos respecto ás últimas europeas e algo máis de seis puntos en comparación coas autonómicas, que xa foron duras. Pero é na evolución histórica onde se encenden todas as alarmas para a formación nacionalista. Os 102.326 apoios supoñen –sendo un número nada marxinal– o peor resultado do Bloque nos últimos vinte anos. A organización que lidera Guillerme Vázquez non se movía neses datos dende as autonómicas de 1989, cando se fixeron con cinco escanos. Daquela comezou a longa era Fraga. Hai quen viu onte indicios de longa era Feijóo. Aínda é cedo, pero o PPdeG está en forma.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
extremismo ou realidade?
xosé antón
2009-10-22 08:56:55
para os moderados como brigantium: invito a que se contemple a posibilidade de que a estratexia política do bng SEXA A DE MUDAR A SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS, para facela máis xusta e solidaria, cun mellor reparto dos bens e da riqueza. ISTO PARA XENTE COMO BRIGANTIUM CONSIDÉRASE EXTREMISMO, posíbelmente porque él ten ou considera ter un bo status social, económico, laboral, unha boa vivenda, bos medios de transporte, etc, POR ISO CONSIDÉRASE DE CENTRO OU CENTRO ESQUERDA, pero debería empatizar coa xente que non está nesas condicións, senón moito pior; entón, CAMBIAMOS ALGO, OU DEIXAMOS COMO ESTÁ PARA NON SERMOS EXTREMISTAS?
2
mesmo eiquí
jose
2009-06-08 22:47:58
Coincido coa análise de XG. O BNG está ensimismado e parece non interesarse polos problemas máis inmediatos de boa parte da sociedade. Xa na campaña electoral autonómica boa parte das noticias do noso país non recibían atención algunha , nin votos, nin comentarios, polos lectores desde xornal. Certo o tema da lingua é fundamental pero non debe ser o único que suscite o interés da oposición nacionalista. Parece que o PSOE percatouse do que debe ser o eixo do seu traballo. Tera que ver esto cos resultados electorais de onte en Vigo+
3
ERA FEIJOO
turu
2009-06-08 20:14:35
Como ben di a noticia, unha longa era de feijoo. pois amiña opinión e que se sigue por este camiño pode incluso superar a fraga. Gustara mais ou menos, pero preocupase pola realidade, un plan de austeridade, que nn é un porcentaxe moi elevado de recorte de gastos,os que mais prexudicados saen son os propios politicos do PP, que se quedaron sin os seus cargos na xunta, chupando do bote. A xunta esta formada, por xente cualificada, (que posiblemnte n o fagan todos ben), pero acabouse eso de ti gañaches tantos votos na tua provincia, daquela douche esta consellería, si sigue neste camiño de eliminar os chirumes do caciquismo e o enchufismo algo característico doutras epocas, gañara as proximas elccións. porque son claros e nn andan con enredos.
4
las urnas han hablado
lapérfidaalbión
2009-06-08 19:35:17
tres meses despues de las elecciones autonómicas el pp supera el listón del 50% de votos en galicia,que significa eso?que está legitimado para seguir su política de reformas,avalado por una mayoría, para que entre otras cosas, derrogue ya el decreto y cambie,democratizándola la política de normalización.mientras pesoe y bng siguen en una deriva radical de defensa antidemocrática del gallego,el pueblo gallego hemos dicho claramente que no tienen razón,que por mucho que inunden las calles son una minoria(bng menos del 10%)que no puede violentar el mandato democrático.el bng sigue prisionero de su ideología reaccionaria y extrema,condenado por tanto a desaparecer politicamente,los gallegos le retiran su apoyo por que somos un pueblo sabio, que sabemos lo que somos ,donde estamos y donde queremos estar,galicia no es cataluña,a ver si os enteráis de una vez!.el mundo nacionalista, que inunda como un cáncer, la vida política, social y, cultural en galicia, solo se engaña a si mismo.En cuanto al pesoe no se consuela quien no quiere,44000 votos menos que en las pasadas elecciones de 2004 son muchos votos que desde luego no va a recuperar si sigue en su deriva nacionalista y apoya al bng como única alternativa al poder.su ligera mejoría en las ciudades es solo un mero espejismo que no oculta su fracaso por su nula renovación.Los que tratasteis de convertir la europeas en un plebiscito sobre la lengua ya tenéis la respuesta.
5
Faltou a imaxe de unidade
BRACCARA
2009-06-08 18:18:34
Este é o resultado da mala imaxe que deixaron os tres líderes (os tres) antes, durante e despois do Congreso: non se deu esa imaxe de unidade que facía falla; parece que foron pelexar e non a poñerse de acordo. Beiras meteu a para por ir falar á prensa en vez de facelo onde debía; Aymerich despois por empeñarse en navegar só; a UPG por impoñer un candidato que non atrae a ninguén. Estamos aviados como non se cambie (claro que o que ten a culpa de muitas cousas é que manexa os fíos desde a sombra desde hai anos, o Rodríguez: foi quen impediu a unión do nacionalismo e despois precipitou a caída de Beiras e a súa marxinación. Beiras e Camilo seguen sendo necesarios e foi e é un suicido prescindir deles, malia as súas teimas, que tamén as teñen. En suma: cómpre refundar o partido ou crear outro con outro nome que ilusione a xente (tranquilos que ninguén moverá un dedo..., todos moi a gusto cos seus carguiños... ata a morte).
6
¿Onde está o Bloque?
XG
2009-06-08 15:56:50
Nestes momentos o BNG está a piques de esmorecer como proxecto de seu e para Galicia. Non debería crerse as pregonadas lecturas xustificatorias dos resultados electorias como os que lle oin pola radio a Guillerme Vázquez. A refundación, non o apaño entre faccións, elle o máis necesario. O Bloque debería chegar refundado ás municipais ou, probablemente, non poderá frenar ata ser reducido a minoría marxinal. Para calquera camiño teñase en conta que a política en Galicia ordénase por canpos sociais; así ordenada e como faise regular e calculable. Non por iso son pouco importantes os campos nacionais que inevitablemente integran -ou desintegran- os campos sociais. A día de hoxe non faltan en Galicia graves asuntos sociais nos que a actuación na sociedade é do máis necesaria; ¿onde está o Bloque?. Nestes asuntos mírase pouco, e cando se lle mira acostumbra a ser roto e dividido. A moderación que pide Brigantium ten sentido cando nace da circunspección e o rigor; se non é así quédase en estética estéril. Os moderados desa maneira xa teñen a onde ir e non irian co BNG pq este se puxera de primeira comunión. Outra cousa é que ós cafres hai que civilizalos, si señor.
7
HAI QUE MODERARSE
BRIGANTIUM
2009-06-08 13:15:46

O presidente de Galicia volveu acadar unha maioría absoluta en poucos meses, incluso superando os rexistros do 1 de marzo, isto ten moitas lecturas pero a miña particular e que os cidadans estan de acordo co seu proxecto, e por eses motivos de confianza o señor Feijoo debe seguir o seu programa tal e como os cidadans o apoiaron. O partido socialista de galicia obtivo uns bos resultados, segun eles, porque foi unha clara derrota, a mais de 15 puntos do lider. Algo destacable, e e que volveron perder despois dunha renovación, a miña conclusión, o PSOE apenas cambiou a imaxe de Touriño, e de ahi os msmos resultados. O PSOE n se da conta de que é partido mais parecido o PP que o bloque, gardando as distancias obrigadas, e que o mercado electoral do PSOE son os do PP, non os do bloque. E chegando o BNG, o noso partido nacionalista, creo que obtivo un fracaso estrepitoso. Porque unha cousa e culpar as campañas, ou os medios, pero outra ben distinta e non apreciar que son os cidadans os que deciden a quen votan, e con menos do 10% de votantes nn se pode ir a moitos lados. A clave do descalabro do bloque e a falta de renovación do partido, e a union dentro do mesmo. Debérían sentar novas as bases, hacia un nacionalismo moderado, e o que nn este de acordo que diga eu nn comparto esa idea, abandono este grupo. E algo duro, moi duro, pero seria o mellor que lle podería pasar o bloque, porque de aki as proximas eleccions hai tempo e tempo de convencer os cidadans de que son un nacionalismo moderado. A unica forma de que o bloque se recupere e recuperando o centro-esquerda, que é dounde se gañan as eleccións, e donde estan o 90% dos votantes, NO CENTRO. Pero moderado, mentres nn se dea conta diso acercarase cada vez mais os extremos, o que conleva a marxinalidade. Pois si en vez de agruparse co ERC, aralar, etc, se o fixese co PNV ou CiU, acadaria uns resultado moito mellores. Eu nn comparto as ideas do BNG, pois creo que estan afastados de min e de como eu vexo a realidade. Se algun dia se moderan e se preocupan polos intereses verdadeiros dos cidadans poderan convencerme,e eu apoiareinos, pero de momento nn. O bloque é moi necesario neste pais, pois conta con numerosas propostas que poden axudar a Galicia, pero mentres sigan afastados verdadeira da realidade, nn melloran en votos. E simplemente iso unha opinión, na que creo que o bloque necesita unha viraxe cara o centro.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.