O novo director do CGAC serao durante cinco anos

Cultura comunica ao padroado do CGAC as liñas básicas do concurso para a elección do substituto de Manuel Olveira

Iago Martínez Actualizado 11/06/2009 - 23:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A persoa que substitúa a Manuel Olveira á fronte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) deberá acreditar a súa vinculación á cultura galega pero tamén a súa experiencia no campo da xestión cultural a nivel internacional. Ademais, verase na obriga de presentar un proxecto a desenvolver en cinco anos e non en catro, como agora. Desvincular a dirección do museo dos tempos políticos de cada lexislatura é un dos obxectivos do concurso público que rexerá a escolla do sucesor de Olveira, cuxas bases presentou onte ao padroado o conselleiro de Cultura.

De progresar a proposta que Roberto Varela lles expuxo onte aos membros do padroado, sería a primeira vez nos 16 anos de vida do CGAC que o director sae elixido por este sistema, inspirado no Documento Cero do sector da arte contemporánea: boas prácticas nos museos e centros de arte. O que se persegue, segundo a Consellería de Cultura, é mellorar a imaxe pública do museo, convertelo nun foco que achegue a arte última a todos os galegos e transformalo nunha cita obrigada para os visitantes de Santiago.

A decisión do Goberno galego, un compromiso do programa electoral co que o PP se presentou ás eleccións autonómicas do 1 de marzo, está baseado tamén en experiencias anteriores en institucións similares, como son os casos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (Macba), o Museo de Arte Contemporánea de Castela e León (Musac) e o Museo Picasso de Málaga.

A teor do que onte avanzou o conselleiro aos membros do padroado, un dos requisitos fundamentais do futuro concurso ha ser a presentación dun proxecto que defina os obxectivos a perseguir, os valores a cultivar e as liñas a seguir de cada un dos candidatos. Este proxecto, que será avaliado por unha comisión ad hoc, debe contar “co máximo consenso posible entre os expertos e interlocutores do mundo da arte” e é preciso que sexa proporcionado no esforzo económico esixido.



Publicacións e méritos

Acreditar experiencia no ámbito internacional, sen descoidar por iso a vinculación á cultura galega, parece ser outra das esixencias deste concurso, no que os candidatos deberán acreditar, xaora, un currículo académico e profesional adecuado para o labor ao que aspiran. Neste contexto, serán valorados tamén, como adoita ser habitual, os traballos de creación artística e as publicacións científicas relacionadas con este campo.

Mentres se pon en marcha todo o proceso, dende a aprobación definitiva das bases que o conselleiro presentou onte até a convocatoria e resolución final do concurso, Manuel Olveira seguirá á fronte do CGAC. Moi criticado polo Partido Popular e os medios de comunicación afíns na última etapa da súa xestión, que rematou simbolicamente coa inauguración hai algunhas semanas da mostra En todas as partes, Olveira tense manifestado a miúdo partidario desta caste de procesos de selección.

Na teoría, os concursos públicos para a designación dun xestor cultural, independentemente de que poidan redundar ou non nunha maior calidade dos elixidos, permite unha certa independencia do poder político no traballo diario e un salvoconduto de lexitimidade diante do público e a oposición parlamentaria. Malia a que a fórmula non permite descartar irregularidades, o risco de nepotismo ou arbitrariedade –ou de ataques neste sentido– é menor que co sistema actual.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.