Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:22 h

O conselleiro de Educación discrimina aos lectores de Xornal de Galicia

O departamento de Jesús Vázquez contratou páxinas de promoción en varios periódicos

Xornal.com Actualizado 19/06/2009 - 01:06 h.
41 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 71 voto/s

A Consellería de Educación que dirixe Jesús Vázquez discrimina aos lectores de Xornal de Galicia, posto que decidiu non publicar neste medio a publicidade a favor da súa polémica enquisa aos pais sobre as súas preferencias lingüísticas, como si fixo noutros periódicos, algún deles coa súa sede en Madrid, como é o caso do ABC, tradicionalmente achegado a posicións conservadoras.

Malia ser o único periódico galego realmente bilingüe grazas á importante presenza coa que conta o idioma galego nas súas páxinas, Xornal de Galicia foi un dos escasos medios escritos diarios de Galicia que quedou fóra da medida de Educación e o único apartado dos que abranguen todo o territorio da comunidade, xunto a Galicia Hoxe, que se publica integramente en lingua galega.

A versión oficial da Xunta de Galicia para xustificar a súa decisión discriminatoria foi “a contención de gastos”. Os anuncios non se limitan a pedir a participación dos pais na enquisa senón que engaden conceptos como “a Xunta está a traballar nun novo decreto que garanta un ensino de calidade” de matiz claramente político.

Nas últimas semanas, Xornal de Galicia deu voz non só á postura da Xunta senón tamén á dos colectivos políticos, sociais ou educativos que amosaron posicións contrarias á enquisa aos pais organizada por Educación e fixeron pública a súa “defensa” do que o Estatuto define como “lingua propia de Galicia”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
gasto público
libertario anrquista
2009-06-14 21:39:24
quien no llora no mama.ahora ya sabemos como y para que se crean periódicos y otros negocios en galicia y españa para vivir a costa de la publicidad y de la subvención pública,ahora ya entiendo por que hay voces que no cesan de gritar cuando ven que sus sustento se les puede acabar,son muchos los que viven a la sombra de la xunta,de las comunidades en general,pero la teta no da para más y va siendo hora de cerrar el chiringuito por que esto no lo resiste el pais un minuto más.No al despilfarro de dinero público,ni a periódicos,ni gaias,ni tvg ni todos los parasitos que no son capaces de vivir sin la teta del estado.no a estas autonomías autenticos agujeros negros por donde se escapa nuestros impuestos y nuestra libertad.
2
Liña editorial e liberdade de expresión...
Erasmo
2009-06-14 15:16:25
Como xa dixen máis abaixo os Medios do Grupo San José manteñen unha certa liña editorial ben clara para tódolos seus lectores así pois parece claro que NON ten moito aqué facer contrapublicidade forzando a Liña Editorial do medio (Xornal de Galicia). Mais existe outra cabeceira GALICIA-HOXE que xa é fariña de outro costal. Se neste medio existe liberdade de expresión que SEMPRE AGRADECEREI e SEMPRE AGRADECÍN pois son moi poucos os comentarios 'censurados' neste medio (NORABOA!) Lamentablemente en GALICIA-HOXE debe existir algún estraño RETARDO que fai IMPOSIBLE PUBLICAR o que eles consideran NON APTO PARA MENORES. Galcia-Hoxe non é un medio normal é un medio sectario que non admite discrepancias dos lectores e polo tanto debera CAMBIAR ou PECHAR. Non podo financiar publicidade institucional onde nin siquera se admite a liberdade de expresión! Xornal de Galicia pechou a súa sección CONTACTA máis mellorou enormemente a atención ós comentarios das noticias. NORABOA e TEDES A MIÑA SINATURA para solicitar Publicidade Institucional.
3
E logo que esperabades
Cabalecho
2009-06-14 14:02:36
O PP, non engana mais que a quen quere deisarxe enganar. eles sempre son os bos e xenerosos os demais non saben ou non queren saber. Asi nos vai mais é o que queremos. Galicia leva idiotizada os derradeiros setenta anos.Seguimos a ser un pobo subsidiado e agradecido a quen nos morde a man cando lla damos, divertimento da dereita e "buque insignia e "camarote de luxo" de Mariano e dos irmans Marx.Seguimos a admitir que o PP pase de rositas por la corrupción nas suas rengleiras mais non perdoamos nada aos demais. Seguimos permitindo que se anatemize o uso do galego na escla, coma ate de agora,e mais ben cedo que tarde, teremos que pedir perdon por usalo de cotío.Non temos orgullo nen autoestima coma pobo. Seguimos a teren un estómago grande e unha cabeza pequena. Viva Galicia se é que non a matamos... e con door.
4
Vir ao rego
PiPóo
2009-06-14 13:57:08
Cando o Xornal vir ao rego enton terá as subencións da Comichón da Xunta. Ate entón está castigado. Fdo: Feijooy o Trapalleiro.
5
donde vivimos
ANTON
2009-06-14 12:12:10
QUEN SON OS POLITICOS,A LAGO .OS QUE TENEN QUE DEFENDER ALINGUA SOMOS NOS E DECIRLLES O MELLOR PARA ANOSA LINGUA E ANOSA CULTURA
6
Galicia hoxe
Antón Lamela
2009-06-14 12:05:05
O Galicia HOxe non quedou sen a publicidade. A que insertaron en El Correo Gallego e a que insertarán polo seu trato de favor ao PP nos vindeiros anos (sempre sucedeu, incluindo nese sempre o tratamento laudatorio -sumiso- que Galicia HOxe lle deu aos gobernos de Fraga) Hai que volver ás hemerotecas. E tamén hai que coñecer ben aos donos dos medios. Non vaia ser que nos deixemos embaucar con catro portadas e outros tantos artigos de Antón Losada -o que no bipartito distribuiu pasta a montóns entre os medios-.
7
Volta á era Fraga
María Luísa
2009-06-14 11:37:33
Voltamos á pero época do Fraguismo. Pero de verdade. Que o xornal se dea unha volta polas delegación provinciais de presidencia (agora, gracias ao plan de austeridade son 5, xa que tamén creouse unha en Vigo) e verá mesas e cadeiras nos corredores xa que non teñen espazo físico para colocar aos dos condutores, seis asesores, dous secretarios e ao xefe de prensa, ademáis do secretario territorial. Todo isto, persoal alleo á administración, polo que non se entende moi ben de que o van asesorar. Realmente é un despacho do partido. Multipliquen, fagan as súas contas e logo falamos. Claro que reduciron altos cargos. Pero crearon 30 novos asesores (sólo en servizos periféricos) cinco xefes de prensa e dez condutores máis. A facer contas.
8
Dimisión
xogava
2009-06-14 01:01:48
Non seria de estrañar que Angel Lorenzo presente a sua dimisión despois de prestar os servozos necesários, aducindo que non lle deixan facer o seu programa, esto xa está pactado de antemán. El sabe que tarde ou cedo ten que voltar ás tarefas que viña facendo, ou pedirá un posto no Instituto Cervantes?
9
Comprar o Xornal de Galiza
xogava
2009-06-14 00:57:00
Xa vai algún tempo que vou aos bares e cafetarias que ten este sornal, a min La Coz, El Correo, El Faro, ... non me din nada, van dicer o mesmo que a RTVG.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.