Sábado, 20 de marzo de 2010 - 11:17 h

Os centros, obrigados a controlar cantos pais cubren a enquisa

As centrais sindicais dubidan da “legalidade” da instrución que impide ao profesorado “opinar” sobre o inquérito

David Lombao / Xornal.com Actualizado 15/06/2009 - 01:15 h.
28 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

A consellería de Educación continúa a empregar o correo electrónico para informar aos directores dos centros de ensino das súas obrigas na realización da enquisa sobre o uso da lingua galega nas aulas.

Despois de que, na xornada do xoves, o departamento dirixido por Jesús Vázquez instase ás directivas de colexios e institutos a “prohibir” calquera “acción ou acto, tanto a favor como en contra” da enquisa, a Xunta enviou onte unha nova comunicación indicándolles aos directores as súas obrigas de control sobre o inquérito.

Segundo a instrución da consellería, os centros deben ter en conta a “obrigatoriedade de xustificar cada unha das enquisas que se envían”.

Do mesmo xeito, Educación explica que “o director do centro debe asinar e selar dous xustificantes por cada alumno cos seus datos: un para a familia e outro para a consellería”.

“Legalidade” das instrucións

A nova orde do Goberno galego xerou, ao longo da xornada de onte, mostras de rexeitamento que se suman á da propia instrución referente ás eventuais protestas contra a propia enquisa.

Mentres fontes xurídicas consultadas por Xornal de Galicia expresan as súas dúbidas sobre a “legalidade” do labor de control que deberán desenvolver os directores –manexarán, ademais de datos persoais, a información sobre as familias que respostan ao inquérito e aquelas que non o fan–, sindicatos como a CIG-Ensino continúan a mostrar o seu rexeitamento ás medidas da Xunta.

En opinión da central sindical, a consellería está a desenvolver unha “campaña política” a través do que cualifican como “prohibicións intimidatorias” que, din, tratan de “amedrentar” aos docentes.

Neste sentido, a CIG apunta que o impedimento de “opinar” sobre a consulta “impide que os equipos de normalización realicen as funcións que lles fixa o artigo 87 do Regulamento Orgánico” dos institutos de secundaria, que regula o labor dos equipos á hora de “proporcionar información” sobre a lingua.

Mobilizacións

A controversia en torno á enquisa chegou onte de novo ao eido parlamentario. Dende o Pazo do Hórreo, a deputada nacionalista Carme Adán afirmou que, resulta “incoherente” que o conselleiro de Educación, malia a non “parar de repetir a palabra liberdade, decrete unha prohibición como unha das súas primeiras medidas”.

Neste contexto, Adán pregúntase se Vázquez “vai buscar os consensos dos que tanto falar” ou, pola contra, “o seu ánimo é de exercer prohibicións da liberdade de expresión”.

De xeito paralelo, diversos colectivos e centrais sindicais continúan a anunciar mobilizacións de rexeitamento ás medidas da Xunta.

Así as cousas, a CIG-Ensino celebra esta mañá unha asemblea de directores para “acordar unha resposta axeitada ao compartamento intimidatorio” da inspección educativa. Mentres, os tres sindicatos maioritarios e A Mesa pola Normalización Lingüísticaconcentraranse o vindeiro martes para rexeitar a eliminación do galego dos exames de oposición da Xunta.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
para el profe que se niega a trabajar
un padre
2009-06-14 21:19:21
eres un ejemplo de mal profesional y desde luego el desobedecer a tus superiores jerarquicos en actividades encomendadas por la administarción sería motivo suficiente para que te expedientaran,en la empresa privada tu actitud seria suficiente para que te despidieran.lo que es ridículo es la actitud generalizada entre directores y profes nacionalistas en negarse a pasar una simple encuesta que no es ni vinculante(por desgracia para todos)y voluntaria,es decir que su incidencia en la elección de la libertad lingüística es cero.Eso sí ha servido para evidenciar el uso político que algunos lleváis años haciendo de los centros y comprobar quienes sois los que negáis la libertad de elección, sois realmente pateticos.
2
para AV
Galagara
2009-06-14 07:53:19

Pois si, si que censuran, non é a primeira vez, nin a segunda... nin a décima, que escribo un comentario crítico co BNG, coa opinión dos colaboradores ou co propio diario e non pasa "o filtro", cando hai moitisimos comentarios descalificadores que si o pasan. Onte mismo escribín un comentario no que falaba da importancia do Cheque escolar, e ahí quedou; como seguramente quede este comentario.

3
Para Belén
A.V.
2009-06-13 22:03:49
Sí, filliña, tienes razón, aquí censuran que no veas, por eso has podido publicar un comentario denunciando esa "censura", no te j... Estoy un poco cansado de ver cada poco comentarios como el tuyo. ¿Crees que las chorradas que escribimos aquí son tan importantísimas como para que tengan a un tío controlándolas a tiempo completo pagándole un sueldo? No, filliña, siento desilusionarte pero NO ERES TAN IMPORTANTE. Lo que pasa es que xornal.com tiene un sistema de comentarios que es una patata, es lento y se pierden comentarios o salen al día siguiente. A mí me ha pasado un montón de veces y no me da esa paranoia de que me censuran. Y tranquila, no solo os pasa a los españoles "de bien" que protestan contra la "imposición nacionalista" como tú, le pasa a todo el mundo, y ya he visto comentarios de algún nacionalista quejándose también de que no le salen los comentarios. Así que por favor, señores comentaristas impacientes, no se pongan más en ridículo. Gracias.
4
Para ter paz
XG
2009-06-13 21:37:45
O inquérito-trampa non é, de ningunha maneira, vinculante. O único vinculante é un sistema de ensino que ensine galego E castelán de forma que ambas linguas se dominen á par. Un sistema de ensino que pretendera reducilo galego a lengua liturxica, ergo morta, sería inmoral e ilexítimo, e por tanto debería ser resistido sen temor nin consideración: nesas condiccións non pode haber paz. Os pais castelán-falantes teñen todo o dereito a que os seus fillos dominen o castelán. Pero NON teñen o dereito a evitar que dominen o galego. Inversamente para os pais galego-falantes; pq estamos onde estamos e non onde, tal vez, gostaríamos de estar. ¿Se entende?. A única forma de ter paz social neste momento e lugar e mediante o ensino de galego E castelan de forma que se dominen ambas linguas e sen diglosia social, i.e: sen supremacía do castelán, que é o que procuran. Se mañán a Xunta -ou quen fose- quixera escudarse e xustificarse na suposta -digo suposta pq non hai garantias-opinión dos pais de nada lle valería. A responsabilidade política seguiría sendo da Xunta. Se quixera escudarse nos pais para impoñer -de forma aberta ou disimulada, tanto ten, que haberíamos de darnos conta- a supremacía do castelán tería que recibir a mesma contestación, resistencia e ofensiva. Construiramos este ambiente, o inquérito-trampa hase diluir nel. ¡É fácil, caramba!.
5
Para un padre
un profe
2009-06-13 21:31:32
Gracias por tu entrañable responso papá, ahora sí tengo claro que no voy a pasar la encuesta a mis alumnos, que la pasen mis superiores o el conselleiro en persona.
6
¡VIVA LA LIBERTAD DE EXPRESION.!
Belén
2009-06-13 21:29:10
Escribí un comentario a primera hora de la tarde y no salió publicada en esta sección..lamentable.Tenias Vdes que avisar "ojo, solo vale comentarios nacionalistas a favor de "solo" en gallego. No volveré a entrar en este periódico digital.¡Cheira! VIVA LA LIBERTAD DE EXPRESIÓN
7
O nunca visto
Marta
2009-06-13 19:45:37
¿Alguen pode imaxinar en Madrid unha enquisa semellante sobre un ensino en castelan ou ingles?. ¿Ou en UK sobre un ensino en ingles ou castelan?. Eu non. En ningun pais se somete a consulta a lingua propia. Simplemente a lingua propia e obrigatorio coñecela por todolos nenos e nenas no ensino. E deberia estar cando menos en igualdade coa outra lingua oficial.
8
Enquisqa manipulable
Xosé
2009-06-13 19:42:57
Pero alguen pensa que o resultado da enquisa vai ser outro mai que A prol do: CASTELAN 70%, GALEGO 30% Se se fai "pucherazo" nas eleccion europeas para roubarlle votos a Iniciativa Internacionalista e impedir que acadase 1 escano. Que non se fara con isto que esta controlado por eles mesmos e é mais facil de manipular. A "enquisa manipulada" vai ser o pretexto para xustificar a politica de erradicacion do galego do ensino por parte do goberno de Feijoo.
9
Totalitarismo antigalego
Xose
2009-06-13 19:35:50
Xa so falta que nos fusilen por falar en galego. Por ese camiño imos. A persecuccion contra a lingua galega e os dereitos dos galego-falantes (por exemplo a ser atendidos polos funcionarios na sua lingua) non ten limite con este novo goberno. Aqui o conto vai de que quen é castelan-falante poida non ter ningun contacto co galego, nin aprendelo, nin falalo, nin opositar nesta lingua,etc. Mentres os galegofalantes si temos a obriga de aprender o castelan, falar nesta lingua se somos funcionarios ou trabasllamos en calqueira empresa e ter "amabilidade linguistica" (mudando nos o castelan) con quen non fala o galego. O bilinguismo de Feijoo consiste en introducir o castelan donde so tiña presenza o galego (administracion, anuncios publicos, enquisas,cultura, oposicions, etc), pero non o reves (medios de comunicacion, empresas, xustiza, ensino, sanidade,etc).

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.