Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:52 h

Belixerancia política na web da Xunta

O Goberno galego emprega o seu portal en Internet para responder ou criticar aos grupos da oposición

David Lombao Actualizado 20/06/2009 - 00:57 h.
15 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 30 voto/s

“Agustín Hernández acusa a PSOE e BNG de vender fume”, “Economía acusa ao BNG de mentir” ou “Traballo lamenta a desinformación do BNG”. Todos estes titulares, que ben poderían formar parte da crónica política de calquera diario galego, forman parte, dende finais do pasado mes de abril, da produción informativa habitual do gabinete de comunicación da Xunta de Galicia.

Este tipo de novas, publicadas polo Goberno galego na súa páxina web oficial e, en moitos casos, enviadas aos medios de comunicación a través de notas de prensa, adquiriron, co cambio de Goberno, unha especial belixerancia cara aos grupos da oposición que está a causar extrañeza mesmo nos propios xornalistas de San Caetano.

Se ben o Goberno bipartito tamén empregaba con asiduidade o portal institucional da Xunta para aclarar ou responder acusacións da oposición –entón liderada por Alberto Núñez Feijóo–, o Executivo de PSOE e BNG transmitía aos seus xornalistas unha regra de ouro que, segundo relata o traballador do gabinete de comunicación dunha consellería do bipartito, pasaba por non “atacar” ou “responder” directamente a un partido político “en ningún caso”.

Mentres, os novos responsables da Administración autonómica están a optar por un ton sensiblemente máis belixerante, ata o punto de terciar, empregando as canles institucionais, nos tirapuxas parlamentarios entre Goberno e oposición.



Consellerías máis belixerantes

Se ben esta práctica é xeralizada no conxunto dos departamentos do Goberno galego, a crítica política a través das notas de prensa e do portal web do Executivo é especialmente habitual en consellerías como a de Territorio, Medio Ambiente e Infraestruturas.

Así, na páxina da Xunta é posible atopar informacións nas que o departamento que dirixe Agustín Hernández destaca que “o PSOE quere que a Xunta, co diñeiro de todos os galegos, pague as peaxes que ten que asumir o Estado, mentres o Goberno central subvenciona as doutras comunidades”.

Tamén desta consellería procede a noticias que deu lugar a unha das controversias políticas das últimas semanas: os supostos excesos da ex responsable de Vivenda, Teresa Táboas, no referido aos gastos de publicidade.

A través dunha nota de prensa, Medio Ambiente “pregunta” ao portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, “por que en época de crise a consellería de Vivenda destinou case 7 millóns a publicidade”

No mesmo texto, o Goberno galego “pide a Guillerme Vázquez que responda da xestión dos cartos públicos que fixo o seu partido” e “explique aos cidadáns, sen demagoxia, por que comprometeu gastos por un importe moito maior que os ingresos xerados”.

Así e todo, non é só Agustín Hernández o único membro do Goberno que opta por enviar andanadas dialécticas a socialistas e nacionalistas a través de condutos institucionais. Este é o caso, por exemplo, do presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana.

Tamén no sitio web da Xunta, Álvarez Campana saíu ao paso dunhas declaracións da secretaria de organización do PSdeG, Mar Barcón, a respecto do porto exterior da Coruña. No texto, o presidente de Portos “pide a Mar Barcón que dedique os seus esforzos a conseguir que Fomento se comprometa co porto exterior”.

No mesmo texto, o titular deste organismo tildade “incoherentes” as “declaracións” da socialista e reclama que Barcón “deixe de pór trabas e se una á defensa deste proxecto”.

Tamén a consellería de Traballo e Benestar ten empregado a páxina da Xunta en Internet para responder a posicionamentos públicos dos grupos da oposición, neste caso, do BNG.

Despois de que os nacionalistas dubidasen ante os medios de comuniación dos proxectos do gabinete de Feijóo relativos á Lei de Dependencia, o departamento de Beatriz Mato cargou as tintas contra o Bloque vía web.

Nesta ocasión, a consellería subliña que “lamenta a desinformación e ínstao a non facer demagoxia coa Lei de Dependencia”. Do mesmo xeito, Mato “recoméndalle” á formación frontista “que se asesore mellor antes de falar sobre as políticas sociais”

Os condutos informativos da Administración autonómica están a ser empregados por parte do Goberno para, ao tempo, verquer críticas sobre diferentes medidas do Goberno bipartito.

A política que os membros da oposición tildan como “de levantar alfombras” concrétase en novas como a que, o pasado 8 de xuño, reflectía que “o conselleiro de Industria acusa ao BNG de mentir e converter o concurso eólico nunha chapuza legal”.

Nun ton semellante, o Goberno destaca, por exemplo que Teresa Táboas “gastou en 2008 3,5 millóns de euros en publicidade, case o mesmo que en axudas ao aluguer”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
WEB PP
Eu
2009-06-16 09:59:42
O PP converteu a web institucional a Xunta na web do PP, facendo oposición á oposición, ademais falseando os datos. Pq a prensa, salvo Xornal, e incluso o propio colexio de xornalistas, non din nada ao respecto?Non sei canto gastou o anterior goberno en publicidade, da que viven o 90% dos medios de comunicación deste país, pero que o PP critique supostos gastos en publicidade é, simplesmentes, o burro falando de orellas.
2
LA WEB DE LA XUNTA, ESCAPARATE PARA FEIJÓO
Enrique Armesto Faginas
2009-06-15 22:11:44
Aunque no comulgo con esto de la Religión, recuerdo que siempre estos desfiles procesionales en Galicia tenían un recogimiento lógico para aquellos que creen y practican la fe cristiana, o al menos la católica, apostólica y romana. La verdad es que al contemplar las imágenes que, en la página web de la Xunta de Galicia, se ofrecen sobre la procesión del Corpus en Ponteareas, me parece que, por la actitud del Presidente Feijóo durante dicha marcha por la calles, él ha sido la figura del desfile. Saludos por todos los lados, signos de victoria y demás que lo han convertido en el principal atractivo de la procesión. Un creyente, como parece lo es el Presidente actual de la Xunta, debería tener un comportamiento distinto al mostrado en la procesión eucarística pontareana. Otras figuras de igual, mayor y menor importancia política, y algunas que no profesaban la fe católica, han presidido esta y otras procesiones por la geografía gallega con la seriedad que el acto requería. Pero lo que nunca había visto era este paseo triunfal, cual torero que viene de rematar una gran faena. Para mayor lucimiento, hoy la página web de la Xunta nos ofrece varias instantáneas con el único protagonista del paseo procesional eucarístico de Ponteareas. La hostia que se lleva en la custodia es la protagonista, como cristiano que es, sabe que no puede ni debe quitarle protagonismo.
3
Abuso de poder
Andrés
2009-06-15 21:19:55
Creo que o PP recuperou o poder demasiado cedo, non estaban preparados para unha labor de Goberno decente. Teñen moito que renovar, e moitas actitudes que cambiar. O deste noso país é bastante lamentable, non temos amaño.
4
Gastaron o mesmo en Publicidade que en Axudas ó Alugueiro?
Erasmo
2009-06-15 17:06:58
Seica a Web da Xunta vai servir para algo útil despois de todo. Se é certo que gastaron o mesmo en Publicidade que nas Axudas ó Alugueiro a cousa ten moito mérito... Agora entendo porque en Vigo non hai cartos para Recuperar o Casco Vello...!!!
5
Feijoo é un mentireriro
Xurxo-Ribadeo
2009-06-15 16:59:05

O Feijoo tardou pouco en amosar as miserias do PP, en Lugo están nomeando so a alcaldes e concelleiros do PP para xefes territoriais. Teñen que ser alomenos concelleiro do PP para acadar unha destas prazas que Feijoo prometera "despolitizar". A última é nomear xefe territorial do Mar ao alcalde de Lourenzá(concello de terra adentro). Este señor é veterinario, foi nomeado xefe de extensión agraria sendo xa alcalde de Lourenzá e agora vanno nomear do Mar, cando non distingue un mexilón dunha centola, pero hai que darlle algo ós amigos, que para iso gañaron. ¿E os pescadores? Que non molesten cos seus problemas.

6
Lume, lume, lume.
Nemesio
2009-06-15 16:40:55
A mosca do carallo ben que traballou para o PP. Lume con eles. Adiante a revolta galega.
7
Pasen e vexan
Dawn
2009-06-15 15:36:46

A Consellaría de Industria está moi ben asesorada. Un dos membros do gabinete ten 21 anos e é estudante de dereito. Tedes acceso a esta información desde a seguinte ligazón http://chuza.org/historia/un-dos-asesores-do-conselleiro-de-economia-e-industria-ten-21-anos/

8
NADA DE RARO
Max Ulianov
2009-06-15 13:19:35
Todos estes "amiguños da alma que quérense un ovo (e máis a clara do outro)" están a valencianizar-murcianizar a política galega a base de "xestores apolíticos empresarios". Estes patriotas que deslocalizan ás suas empresas influindo negativamente no balanzo comercial de esas "España y Galiza" ás que tanto queren. É bon que eles consigan seus beneficios antipatrióticos i é malo que os traballadores se defendan dos abusos. ¡¡VIVAN AS CADEAS!!. (Noxo me dan estes fachendosos e os seus negocios abusivos).
9
nunca visto
pepe
2009-06-15 12:31:02
Ese estilo que se emprega na páxina nunca o vin previamente, nin nos gobernos de Fraga. Parece a páxina do PP

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.