Domingo, 21 de marzo de 2010 - 3:40 h

A CIG asegura que a Xunta “censura” a opinión dos profesores

Xornal.com Actualizado 15/06/2009 - 00:33 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

A CIG-Ensino criticou onte que a Consellería de Educación “censure” a opinión dos profesores sobre a consulta do uso do idioma nos centros escolares, tras o que asegurou que non se deixarán intimidar” e “actuarán segundo o seu criterio”.

Nesta liña, o sindicato emitiu un comunicado de prensa no que denuncia que a prohibición de situarse imposta polo departamento autonómico sobre os docentes “vulnera dereitos fundamentais como o da liberdade de expresión e de cátedra”.

Segundo asegurou, o obxectivo da Xunta é converter aos centros en “unha canle de pensamento único”, no que viu un “adoctrinamiento parcial e sesgado”. “Rexeitamos esta enquisa”, recalcou, que ao seu parecer busca “xustificar a involución na normalización lingüística”.

Ademais, reclamou que o Executivo galego “exima” aos profesores de “responsabilizarse dun traballo alleo aos seus labores”, xa que, a día de hoxe, esíxeselles “a recollida de datos” e “a custodia dos documentos”, incidiu.

Para terminar, a central nacionalista insistiu no seu rexeitamento ao cuestionario, que cualificou de “chapuza xurídica” e “pregunta tendenciosa”. “Para diminuír a presenza do noso idioma no ensino non hai crise”, concluíu.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Un PPariPPé
eu
2009-06-14 07:55:48
http://www.xornal.com/media/images//album/20090612/2009061223141737763.jpg

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.