Sábado, 20 de marzo de 2010 - 6:21 h

Os pais defenden a inmersión en galego nas aulas

Educación pensa eliminar o Plan Experimental de Galego que introduce o idioma nas cidades

Xornal.com Actualizado 04/03/2010 - 17:48 h.
51 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 41 voto/s

Pais e nais de alumnos do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña mostraron onte a súa “tristeza” e “preocupación” pola intención da consellería de Educación de eliminar o Plan Experimental de Galego nos centros escolares de Galicia.

En rolda de prensa, preto dunha decena de proxenitores tanto da Coruña como doutras comunidades apoiaron, mediante os seus testemuños, manter a docencia bilingüe nos colexios. Aseguran que esta iniciativa, que partiu do Goberno do bipartito, conseguira “grandes logros”, como o que os menores puidesen desenvolverse tanto en galego como en castelán.

Coa intención de evitar que a Xunta de Galicia elimine o Plan, esixen á consellería que os profesores sexan galegoparlantes, que mentres impartan as materias en castelán, empreguen o galego nas relacións persoais cos nenos, tamén nas actividades complementarias e nos actos que o centro organice, como forma de fomentar o idioma. Os pais tamén se referiron ao cuestionario sobre o cuestionario que a Xunta de Galicia está repartindo nos centros de ensino. Neste sentido, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización dá Lingua (ENDL), organizadora do acto celebrado en Compostela, tachou o texto de “pouco serio”, “contraditorio”, “estritamente electoral” e “irresponsable” e pediu a Educación que “faga un esforzo especial” para que o resultado “non acabe sendo a infravaloración do idioma galego ou o seu abandono”.

Ademais, piden ao titular da consellería, Jesús Vázquez, que, unha vez completo o cuestionario teña en conta as opinións daqueles pais que queren que os seus fillos sexan educados en galego.

“Desexamos o máximo contacto dos nosos fillos coa lingua galega no centro, por que a nosa contorna é maioritariamente castelánparlante e os seus únicos referentes da fala galega son, no mellor dos casos, a contorna familiar e a escola”, plasman os pais do Emilia Pardo Bazán no escrito.

En Galicia hai 23 centros que están acollidos ao Plan Experimental de Galego para o ciclo de Primaria, entre o que se atopa o CEIP Emilia Pardo Bazán. Ata o momento, este é o único que manifestou publicamente a súa “indignación” á medida, pero, e segundo a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización dá Lingua, outros moitos centros, principalmente na área metropolitana de Vigo, O Salnés e Ourense, xa están asesorándose para evitar que o Plan morra.

O Facho

Pola súa parte, a agrupación cultural O Facho de A Coruña fixo onte público un comunicado no que critican a política linguística da Xunta do PP e as anunciadas medidas que tomará a Consellería de Educación.

Tras facer unha chamada “aos bos e xenerosos” para que “fagan valer os seus dereitos cidadáns ante as agresións que está a sufrir a lingua galega”, a agrupación sinala –con grafía lusista– que “o idioma constitúe un elemento básico de identidade cultural e representa un valor fundamental. A supresión do actual decreto que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo sería volver ao máis rancio franquismo”. Así mesmo, piden que “cese a persecución da lingua galega por parte da actual Xunta e que o decreto non sexa derrogado”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Tabi Moi atinado comentário
Galegoman
2010-03-04 17:25:54
Unha aperta para ti, TABI, o teu comentário 34 é moi atinadísimo. Compartoo ao 100%
2
Reflexións näif ...
O que non se quere ver ...
2010-01-17 04:58:40
A) Medios de Comunicación en prensa diaria , íntegramente en galego : 1 xornal ; en castelán : máis de 20 xornais ( Malia recibiren pingües subvencións para a "normalización " do galego por parte da Administración galega ) B) Medios de comunicación (radio) íntegramente en galego : 1 emisora ; en castelán : A inmensa maioría do dial . C) Medios de comunicación (televisión ) íntegramente en galego : 2 canles ; en castelán : O resto das canles . Partindo deste panorama eu formulo unha pregunta : Onde está a igualdade entre os dous idiomas ? Realmente cre alguén que o idioma galego pode "impoñerse" nista situación . Se é así , entón ista sociedade vive en plena esquizofrenia .
3
E máis
Hindemith
2010-01-15 17:37:21
E aínda máis. Por todo iso e por máis, ainda se poderían expor moitas máis evidencias. A lingua propria é das poucas cousas que o ser humano usa, manipula, crea, recrea e mantén en beneficio de todos, gratuitamente. Consegue que vexamos e 'recortemos' a realidade dende unha perspectiva máis acoplada aos tempos e os espacios que nos acolleron dende a nosa existencia. Forman espacios de comunicación con determinación, senso, audacia e valor. Sen darmos de conta, regalamos e regalámosnos algo que acaba estando por riba de nós. Ven do pasado, manténse viva no presente, e salvo que apliquemos criterios puramente egoístas e terriblemente pragmáticos, debería ir cara ao futuro. Por iso, porque padecemos unha enfermidade de egoísmo, de querer falar de liberdade cando esa pseudo-liberdade nos interesa tan só para a nosa conciencia individualista e para os nosos intereses máis materiais e particulares. E dende ese punto de vista, as linguas acaban adquirindo dereitos, vaites que si. A humanidade, que erra tantas e tantas veces dende unha feble defensa do "seu" (libertad!, imposición!, déjame en paz!, es mío!), nembargantes vai creando patrimonio, vai acariciando, inconscientemente, aquelo que paga a pena e que podería facernos dignos de ser o que somos, un ser vivo con algo máis que músculo, pel, sangue e palpitacións. Con miolos. A lingua galega é vosa, é de cantos renegades dela, ainda que o neguedes. Tédela no voso subconsciente, e por motivos que rozan o absurdo e o ridículo, aniquiládela. Non deixa de ser un morbo, unha enfermidade extrema. Misturar a defensa e o uso natural da lingua propia con esquemas pseudo-éticos e de universalismo-fraternalismo é un erro proprio de sociedades enfermas. E a lingua propia de Galicia é o galego. Por que?. Porque non é de Soria. E non pode ser que ataquemos a lingua, e nos limpemos as conciencias decindo que "el gallego está muy bien como tradición, para cuando me da la gana, y en las panxoliñas". Porque unha lingua para 'peza de museo' non é máis que unha derrota, un síntoma de fracaso e de enfermidade.
4
para Galagara
Hindemith
2010-01-15 04:50:33
que di: "A mi me parece genial que tú quieras que TUS hijos aprendan gallego, ..., pero tienes que comprender que hay gente que igual con que SU hijo tenga Lingua Galega se conforma. Ni tú, ni yo ni nadie es quién de decirle cómo tiene que educar a SUS hijos, siempre y cuando lo haga. ...me da igual que haya alguien que quiera enseñar a SU hijo solo en gallego, me importa tres rábanos, es SU hijo, él sabrá lo que es mejor para SU PROPIO hijo, ¿no?". No. Definitivamente no. No quiero entrar en más polémica, pero en ese discurso tuyo hay una falacia terrible, que, desde mi punto de vista, lo invalida de raíz para el asunto que se trataba. Tienes una extraña fijación con la idea de la PROPIEDAD HUMANA. La política, la convivencia y la sociedad ha de aplicarse a ciudadanos, no a familias, no a padres-hijos, sino a personas. El ámbito familiar es un asunto "puertas-adentro", privado, que existe y debe existir. Pero que nunca debe delimitar los asuntos de la sociedad en su conjunto, de los ciudadanos (cives), de los acuerdos para la congruencia y la comunicación de TODOS, no sólo la de TUS hijos, o los de SUS hijos. Los hijos de quienquera que sea tienen que aprender a ser personas y convivir (lo de ser 'hijos' queridos y besuqueados ya tiene su espacio). Eso es ideología pura, que ha enmascarado y contaminado tanto a Occidente. La educación es una porquería precisamente por culpa de ello. La familia, como la religión y otros asuntos de la realidad privada, tienen su propio espacio, su propia existencia, donde tienen que tenerla. Y para que tengan sentido, han de saber convivir con todo lo que es cívico, social, común y de mútuo acuerdo para todos. Claro que lo social nunca puede matar a la familia, simplemente puede y debe 'evitarla' a la hora de decidir por el bien común, por aquello que nos roza a todos y que no es 'familia'. Sin embargo, la familia, la idea obsesiva de la propiedad privada, y la religión, siguen haciendo estragos en las propuestas cívicas, sociales, educativas y de consenso universal. Criticamos eternamente a la política; y es que resulta que NO hay Política: está exterminada por ideas de falsa libertad, de 'repúblicas independientes de mi casa', de un eterno 'dejar hacer dejar pasar', de un pastoso y acomodaticio relax en beneficio de nuestra calefacción egoísta. (Y mi lengua por defecto es el gallego; pero me espanta ese 'bilingüísmo armónico' que nos hace a todos imbéciles, hablando sin rigor, con mal color, mezclando y castrapando continuamente castellano-gallego: yo te hablo en gallego, tú me respondes castellano: una DERROTA!). Te hablo como ser social, de red amplia; no necesito hablarte como miembro familiar.
5
a Merce
Sancho
2010-01-13 14:53:36
... mintes. No mellor dos casos tera 3 en ingles, 8 en galego, e 14 en castelan. E seria todo un exito para a promocion do galego se asi fora na maior parte dos centros... lastima da realidade.
6
Volta o franquismo
Merce
2010-01-12 17:40:38
Mi hijo tiene actualmente 3 horas semanales de ingles y 4 horas semanales de castellano y 18 horas de gallego, bajo mi punto de vista deberían de tener 8, 8 y 9 me da igual el orden, no que no estoy dispuesta es a volver al franquismo, es así por que lo digo yo y punto, no señores, deberíamos centrarnos en solicitar mejor acondicionamiento de los centros escolares, libros de texto gratuitos, etc, etc.
7
Os colexios son empresas
Pidsupna
2009-07-02 11:51:46
Pois, Galagara, sinto dicirche que te esqueces de que os profesores temos liberdade de escoller a lingua na que damos as clases segundo nos pareza (esa liberdade que ti predicas), así que non vas poder escoller en que lingua educamos os teus fillos... Se non che gusta a idea, queda cos fillos na casa e dálles ti as clases. Cando mandas os fillos á escola, por se non o sabías, estás aceptando que te sometes aos criterios educativos dos profesores. Do mesmo xeito que non podes impedir que un fillo reciba educación sexual na escola, tampouco podes impedir que lle falen en galego. Os colexios non deixan de ser unha empresa que vende educación (ás veces empresa pública, ás veces empresa privada) e teñen dereito a facer o que crean mellor sen contar coa túa opnión de consumidor/a. E, pódesme crer, é o que imos facer. O decreto do galego aprobouse coa aceptación do 90% da comunidade educativa. Contouse coa nosa opinión, por iso nunca o consideramos imposición, porque estabamos de acordo. Dubido moito que rocemos o 20% de aceptación co que vén. Agora faremos o que nos dea a gana. Trátase de liberdade, non?
8
Para Galgara
Palmira
2009-07-02 11:23:28
Totalmente equivocado. As empresas nútrense do que nós lles mercamos. As empresas reciben subvencións. As empresas contaminan a nosa terra, a nosa auga e o noso aire. Como que non temos dereito a decidir o que fan as empresas? Teñen patente de corso? Por certo, moitas empresas incorren en prácticas ilegais, como acosar aos traballadores que falan en galego (o caso contrario nunca pasou). Eu sufrín este acoso, por certo. Onde vai a liberdade para escoller lingua que ti dis? Os nenos que non estudan en galego non o aprenden, ahí está o problema. Se ti lle escolles ao teu fillo só castelán non saberá falar galego despois nin aínda que queira. Se lle escolles só galego saberá falar as dúas. Coñecín moitos nenos a quen os pais lles falaban só galego, e a día de hoxe saben falar as dúas linguas; os nenos cuxos pais só lles falaban castelán agora non saben falar galego.
9
Apoloxía do etnocidio galego debe ser elimindad do Xornal.
Garzon
2009-06-17 22:46:49
as mesaxes xenófoboas, galegófobas, racistas, etnocidas, deberian ser eliminadas polos administradores. a liberdade de expresión ten límites. Un deles é o supremacismo étnico e a apoloxía do etnocidio.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.