Os escritores homenaxearán a Agustín Fernández Paz

O multipremiado autor de ‘Cartas de inverno’ plantará un bidueiro,
a súa árbore favorita,
na súa vila natal

Xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 00:29 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que preside Cesáreo Sánchez Iglesias, elixiu este ano a Agustín Fernández Paz como protagonista da homenaxe O escritor na súa terra, cun programa de actos que se desenvolverá o próximo sábado día 20 en Vilalba, localidade natal do escritor. Segundo explicou a AELG esta é “unha celebración múltiple e popular” na que, durante máis dunha década, se recoñeceu a “entidade literaria de insignes figuras” das letras galegas con actos como a entrega da letra E de escritor, a plantación dunha árbore e a colocación dun monolito.

Así, o sábado día 20, ao mediodía, o autor plantará un bidueiro no Parque Agustín Fernández Paz e descubrirá un Monolito Escultórico. Neste acto intervirá o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, e a secretaria xeral da asociación, Mercedes Queixas, ademais do propio autor, que vén de publicar no catálogo de Xerais Lúa do Senegal. A obra, recollida na colección Sopa de Libros, está destinada aos lectores de menos de dez anos e foi ilustrado por Marina Seoane.

Posteriormente, ás 13.00 horas, o Centro Cultural e Recreativo de Vilalba acollerá o acto de entrega da Letra E de escritor, que contará coa participación do alcalde desta localidade, Gerardo Criado.

Finalmente, ás 14.30 horas o Parador de Turismo de Vilalba será o lugar elixido para unha comida de confraternidade, que estará aberta a todos os socios da AELG.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un coñecido escritor, pedagogo, sociolingüista e especialista en animación á lectura e literatura infantil e xuvenil. Autor de medio centenar de ficcións narrativas de variedade de temáticas, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil en 2007 polos relatos reunidos no libro O único que queda é o amor.

Autor multipremiado, foi un dos protagonistas da gala de entrega dos últimos premios Xerais, que gañou por partida dupla a escritora e xornalista Rosa Aneiros, colaboradora de Xornal de Galicia. Como mantedor do acto, Fernández Paz fixo unha encendida defensa da lingua.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.