Carta duns pais ao conselleiro de Educación

Uns pais rexeitan participar na enquisa da Consellería de Educación por considerala fóra de lugar nun pais democrático. Para estes cidadáns vincular unha decisión á consulta que vai desenvolver o departamento de Jesús Vázquez "creará un grave precedente posto que tería que atender á demanda de seren consultados de calquera colectivo ou grupo de presión sobre calquera cousa que se lles antollase"

Xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 00:32 h.
17 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 86 voto/s

>> A continuación repordúcese o contido integro da carta remitida por Javier María López Rodríguez a Xornal de Galicia.

 

Señor Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Jesús Vázquez:

Un dos atributos que debe posuír un político é coñecer aquilo sobre o que ten que administrar. Esta consulta a nais é pais sobre a lingua (o de consulta parece o aproximado porque como enquisa carece dos mínimos científicos e metodolóxicos para considerala como tal) expón alarmantes síntomas de ignorancia sobre o sistema educativo, algo especialmente curioso vindo de onde ven. Non existen esas materias troncais das que se fala en Ensino Primario. Dáse por troncal o que non é en Secundaria (por exemplo aparece Tecnoloxía e non Plástica ou Música). Na pregunta encol de cál é a lingua coa que comeza a expresarse un neno na etapa infantil, falta como mínimo un "outras". ¿Sabemos que existe unha cousa chamada inmigración? ¿Que valor terá a resposta duns pais marroquis ou chineses? ¿Será castelán ou galego por defecto? A todo isto, gustaríame unir o anuncio de que se estuda a posibilidade de ofertar portugués na secundaria. ¿Sabe que iso xa existe no actual marco legal, e que, de feito, estase a ofertar como segunda lingua en moitos centros? Permítanos señor Conselleiro que imaxinemos unha consulta análoga onde se preguntase que tipo de intervención quirúrxica sería a elixida para curar un catarro. ¿Que tipo de coñecementos sobre Sanidade amosaría aquel que formulase semellante pregunta?

Outra das atribucións que tamén debe ter un político é a capacidade de coñecer os marcos legais por onde se move a súa laboura. Esta consulta pode ser a base dun quebrantamento de artigos do Estatuto de Autonomía, de principios da actual Constitución Española, e das indicacións da Carta Europea de Linguas que España ten subscrita. Paradoxal sería que fósemos á vangarda do extremismo en canto a reformas lexislativas.

Outro valor do político é saber informar. Esta consulta estase a facer nun ambiente de des-información, manexándose lugares comúns sen ningunha base científica, afirmacións sen consistencia, ou, cando non, simplemente mentiras. Unhas cantas a modo de exemplo. ¿De verdade cremos que hai algún mozo/a na Galicia que non sexa quen de expresarse e de entender o castelán? ¿Ten sentido falar de austeridade cando nos gastamos cartos en realizar esta consulta? ¿Pódese ameazar á xente por querer informar cando a Consellería leva tanto tempo falando de respecto á liberdade de expresión? ¿Como se xestionan os "dereitos lingüísticos" se meu fillo escolle unha opción de só un dos idiomas? ¿Vai ser o procedemento de "como somos maioría os sans, descartemos a eliminación de barreiras para minúsválidos, que ó fin e o cabo son unha parte mínima do total da poboación, gasto suntuario daquela "? ¿Pode alguén defender o bilingüismo negando a opción de ser competente nun dos idiomas?

Virtude esencial do político, desde tempos socráticos, é saber escoitar. Non podemos valorar esta consulta desde a audición asimétrica de vostede. Escoitou a pouco máis de dúas mil persoas o pasado 8 de febreiro, unha boa parte delas vidas de fóra de Galicia. Pero non quixo escoitar as máis de corenta mil galegas o pasado 17 de maio. Non é bon utilizar eventos puntuais deste tipo para tomar decisións, pero se a base para este o seu proceder é seguir o acontecido o pasado febreiro ¿que debería facer se escoitase o acontecido en maio? ¿Eliminar o castelán? Como gobernante ten que evitar maximalismos e extremismos. Non se está a escoitar non só a moita xente a título individual, se non a institucións de diversa índole e signo, ANPAS, colectivos de científicos, agrupamentos sociais, colexios profesionais, asociacións culturais, sindicatos, forzas sociais de diversas índole, asociacións de escolas privadas, universidades, persoeiros de recoñecido prestixio... ¿Cre vostede que Rafael Cuíña ou Avelino Pousa Antelo son "radicais batasunizados"? (Estimamos que saberá quen son). Non se pode facer as cousas para dividir unha sociedade.

Non imos participar nesta pseudo-enquisa. Non polas razóns antepostas, que para moitos poderían ser máis que abondo para non facelo, se non por unha moi simple:

Se vostede vincula calquera decisión a esta consulta creará un grave precedente posto que tería que atender á demanda de seren consultados de calquera colectivo ou grupo de presión sobre calquera cousa que se lles antollase. No eido educativo estaría na obriga de consultar unha morea de cuestións, porque todas poden ser moi transcendentes: qué contidos queremos (haberá quen demande creacionismo en clase de ciencias porque Darwin atenta contra os seus valores), qué disciplinas queremos que se impartan, qué horarios, sobre o financiamento de centros privados e públicos, sobre o ensino ou non da relixión nunha sociedade como a nosa... Ademais, todo isto está a supor unha falta de respecto absoluta cós profesionais do ensino, docentes, mestres, profesores, orientadores, equipos psico-pedagóxicos, etc. que traballan no día a día das aulas. Extrapole vostede a outros ámbitos e o resultado podería ser ridículo: ¿imaxina vostede a Sanidade preguntando se é útil gastar tantos cartos en enfermidades que afectan relativamente a pouco número de persoas? Esta consulta nos sona a algo semellante. Estamos confundindo democracia con populismo. Lembre que a demagoxia tende a minar a calidade de calquera sistema de liberdades.

Por tanto, e desde o maior do respectos que lle debo como cargo que é do goberno do meu país elixido democraticamente, permita que lle deamos uns consellos relacionados có que arriba lle expuxemos: informe, infórmese encol do sistema educativo que ten que administrar, escoite e estude lexislación. Para aprenderes a escoitar, recomendamos un exercicio simple: vaia a calquera dos parques das cidades da nosa Galicia. Tome nota dos meniños/as que se expresan en galego e dos que se expresan en castelán. Logo comprobe cal é a competencia en galego dos que usan o castelán, e viceversa. Seguro que será a mellor das enquisas para saber cal é o futuro que lle agarda a cada un dos idiomas se teimamos en seguir por camiños irreais. Cremos que é de bo político reflexionar, pensar e rectificar. Abandone os biosbardos das consultas.

Reciba un moi cordial saúdo dunha nai e un pai bilingües que aman ós seus fillos e o seu país, incluíndo nel ós que falan calquera lingua que teñan a capacidade de ter coñecido.

>>Javier María López Rodríguez

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
TOTALITARIOS
Iván
2009-06-23 16:35:06
Vexo moito totalitario por aquí. Segundo vós hai que poñer ás persoas ao servizo da "identidade" ¿non si? Amiguiños, iso xa está inventado e chámase fascismo. As liberdades civís por riba de todo. O dereito a falar o teu idioma é fundamental, un dereito que teñen os que falan galego e os que falan español en Galicia. Eu digo non á imposición do galego nas escolas. Algúns queren sacudir os complexos particulares xogando a pequenos dictadores, incluso utilizan os mesmos argumentos: unha sociedade, unha lingua, "Galiza en galego"... pero resulta que temos dúas lingua e ben respectables porque son as dúas linguas nas que se entende a xente que vive en Galicia: o galego e o español. O sistema educativo debe ser representativo da sociedade á que pertence. Unha escola "só en galego" non representa á sociedade galega. Un neno ten que ser educado na súa lingua materna -Castelao dixit-, sexa esta o galego ou o español, o que non quita para que coñeza o resto das linguas do seu contorno. O concepto de "lingua propia" presente no Estatuto foi usado de forma insidiosa para catalogar aos galegos que viven en español como "malos galegos"... de novo o léxico fascistoide ¿vedes? Gustedes máis o menos o español non é unha lingua "allea" a Galicia. Coido que é algo que debemos ter presente.
2
Feijooadas a gogo
Pontearean de esquerdas
2009-06-17 10:06:33
Pois iso,que esperabades dese señor,fillo da dereita mais rancia e defensor do clientelismo e o caciquismo para manterse no poder. Isto e democracia? gobernar para uns poucos despreciando a maioria,porque este señor non está lexitimado para tomar decisions unilaterais sobre a lingua de todos os galegos,se non que enquise a todos os galegos,de aqui e de alén do mar.
3
Un perfecto asesor
cucodealba
2009-06-17 00:11:25
Sr. Conselleiro: Mire vostede que fácil ten a fichaxe dun asesor, D. Javier María López Rodriguez. Capacidade de análisis,amplo coñecemento dos temas educativos e sanitarios, amor a/as lingüa/s, capacidade de comunicación.Para rematar con vostede, Sr. Conselleiro, non o dubide,D. Javier debe ser elexido para o seu Gabinete asesor. A Don Javier: Un Goberno debe intentar gobernar para todos. E gobernar para todos non e montar un sistema educativo paralelo -galescolas-. Unha enquisa pode ser contestada e como no seu caso pode ser rexeitada. Está vostede no seu dereito. Non a conteste. As personas sensatas seguro que terán a ben de cumplimentala. Faráno según o seu criterio. E un Goberno responsable, logo de recoller os resultados e facer un análisis tomará a decisión que proceda. Será entón, D. Javier cando vostede mostrará a súa conformidade ou disconformidade. Debe ter claro, D. Javier, que as democracias deben ter en conta as opinións dos cidadáns e as decisións das mayorías perfectamente elexidas por éles. Non lle de vostede máis voltas. Non ten sentido.
4
eu também quero!
olizinho
2009-06-16 16:18:59
vaites, gostei bem da carta! o certo é que eu já enviei a consulta cuberta, mas de conhecer a carta teria-a asinado :) o Frijol pretende fazer o que 500 anos de Doma y Castracion nom lograrom. Lume.
5
O galego
Manoel
2009-06-16 09:41:24
freijoolito e un antigaleguista,que vende a promoción e respeto do galeo e o quitará das aulas, o galego e a nosa lingua e o noso patrimonio máis grande e querido e supon uns 24000 postos de traballo, máis do 5% PIB ..., defendamolo Parabens pola iniciativa.
6
Sería saudable tomar nota,S. conselleiro¡¡
Mari de Avelina
2009-06-16 00:46:14
Mesmo dá gustazo ler,Javier María. "Ben falado¡¡ Ves cómo sabes?"
7
Ás barricadas
chema
2009-06-15 23:38:31
O mellor que lle podería ocorrer ao noso País sería que dunha vez e para sempre espertásemos do letargo secular que nos afoga e loitásemos contra estes desleigados que pretenden retroceder á Frouxeira para rematar de esmagar a nosa alma. O que doe máis é que por enriba reciban o voto dos ignorantes descendentes dos bos e xenerosos que gardaron sempre no seu peito nobre o idioma que nos define como como. De perdermos o idioma desaparecemos como pobo, polo que se é preciso volveremos ás barricadas! Saúde e Terra sempre!
8
Parabéns a Javier e compañeira
Sil
2009-06-15 23:02:57
De verdade volo digo, a ti Javier e a túa compañeira que esta carta é digna de admirar. Estou totalmente de acordo con vos, como dicia o poeta Goytisolo nun dos seu poemas sobre a aprendizaxe "sal a la calle y observa es la mejor escuela de ti vida" Esta é a mellor lección que se lle pode dar a esta panda de caciques que levan minguneando á sociedade galega dende hai moito tempo e malia todo continuan gañando eleccións. Loitemos polo que noso é, eu fun criada en castelán, pero hoxe en dia falo non só galego e castelán se non a maioria de linguas románicas a un nivel case bilingüe e todo grazas á que tiven a sorte de criarme con dúas musiquiñas de fondo : o Galego e o Castelán E iso que nunca poderei quitar a pena de que a miña lingua nai sexa o castelán e sinto envexa polos nen@s que actualmente poden expresar os seus máis sinceros sentimentos na nosa lingua nai. Parabéns por esta iniciativa.
9
Moi ben falado compañeiros bilingües
Sil
2009-06-15 23:01:09
De verdade volo digo, a ti Javier e a túa compañeira que esta carta é digna de admirar. Estou totalmente de acordo con vos, como dicia o poeta Goytisolo nun dos seu opemas sobre a aprendizaxe "sal a la calle y observa es la mejor escuela de ti vida" Esta é a mellor lección que se lle pode dar a esta panda de caciques que levan minguneando á sociedade galega dende hai moito tempo e malia todo continuan gañando eleccións. Loitemos polo que noso é, eu fun criada en castelán, pero hoxe en dia falo non só galego e castelán se non a maioria de linguas románicas a un nivel case bilingüe e todo grazas á que tiven a sorte de criarme con dúas musiquiñas de fondo : o Galego e o Castelán E iso que nunca poderei quitar a pena de que a miña lingua nai sexa o castelán e sinto envexa polos nen@s que actualmente poden expresar os seus máis sinceros sentimentos na nosa lingua nai. Parabéns por esta iniciativa.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.