O PSOE coincide cos sindicatos en rexeitar o inquérito

Xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 00:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Deputados do PSdeG e cinco das centrais sindicais do ámbito do ensino rexeitaron onte a consulta da Consellería de Educación aos pais sobre o uso do galego no ensino tras cualificala de “extemporánea, enganosa e sen rigor científico ou sociolingüístico” e reclamaron, unha vez máis, que se estableza un novo “consenso” entre as forzas políticas, os sindicatos e os equipos de traballadores de normalización lingüística.

Tras unha reunión celebrada entre os socialistas e os sindicatos UGT, CC.OO, CIG, ANPE e STEG, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, advertiu de que a enquisa non está “validada tecnicamente” e de que, por iso, abre “moitas incógnitas sobre a validez dos seus resultados”. Ao tempo, interpretou que só serve para “lexitimar unhas conclusións decididas de antemán en contra do idioma galego”.

Ademais, entre as “moitas coincidencias” que o socialista constatou entre o seu grupo e os sindicatos en relación ao proceso aberto polo Goberno para modificar as normas da lingua no ensino, sinalou que a enquisa é “parcial”, posto que só consulta os pais e “ignora” axentes “relevantes” como os profesores e os organismos de participación dos propios centros.

Partidario, ao igual que os sindicatos, de establecer “un novo consenso” despois de que o PP “rompese” o anterior, Fernández Leiceaga alertou de que a consulta non é un “instrumento” a partir do que se poida construír. Ao seu xuízo, si o é o decreto en vigor, posto que reflicte “equilibrio” entre o galego e o castelán. Así, aínda que admitiu que “pode ser mellorado”, sinalou que habería que partir dos seus “mesmos principios e filosofía".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.