Viernes, 19 de marzo de 2010 - 7:44 h

A CIG pide ao TSXG a paralización cautelar da enquisa aos pais

O sindicato cre que "vulnera dereitos fundamentais e a kliberdade sindical" e acude ao TSXG.

Xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 00:33 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

A CIG-Ensino presentou dous recursos contra a consulta que realiza a Xunta sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino co obxectivo de esixir a paralización cautelar da enquisa porque "vulnera dereitos fundamentais e a liberdade sindical", entre outros aspectos.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou que hoxe se entregou un recurso contencioso administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por "vulneración dos dereitos fundamentais, liberdade de reunión, sindical e de información".

Neste sentido, Louzao denunciou que a Consellería de Educación deu orde de que "nin pais, nin alumnos, nin profesores poidan facer ningunha acción de debate e informativa" sobre a consulta. "As autoridades educativas compórtanse como axentes electorais dun partido político", sostivo.

Por iso, a central nacionalista reivindicou a paralización cautelar da consulta que esta semana realiza Educación aos pais en relación á elaboración do novo decreto do galego no ensino.

 

A CIG-Ensino presentou hoxe dous recursos contra a consulta que realiza a Xunta sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino co obxectivo de esixir a paralización cautelar da enquisa porque "vulnera dereitos fundamentais e a liberdade sindical", entre outros aspectos.

En declaracións a Europa Press o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou que hoxe se entregou un recurso contencioso administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por "vulneración dos dereitos fundamentais, liberdade de reunión, sindical e de información".

Neste sentido, Louzao denunciou que a Consellería de Educación deu orde de que "nin pais, nin alumnos, nin profesores poidan facer ningunha acción de debate e informativa" sobre a consulta. "As autoridades educativas compórtanse como axentes electorais dun partido político", sostivo.

Por iso, a central nacionalista reivindicou a paralización cautelar da consulta que esta semana realiza Educación aos pais en relación á elaboración do novo decreto do galego no ensino.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
PARADE ESTA MENTIRA...
ito castro
2009-06-15 22:44:30
SE QUERE QUE FAGA UN REFERENDUM, QUE LLE BOTE O QUE HAI QUE BOTAR E AO ESTILO IBARRETXE, UN REFERENDUM.. SEGURO QUE ESTA VEZ APOIANO DENDE MADRID, PERO NON VAI CONSEGUIR GALEGOS SUFICIENTES QUE PISEN A SUA PROPIA LINGUA..NON SE ATREVERA NON¡¡POLO MENOS OS VOTOS DA LEI DE HONT, NON CHE DARAN O GUSTO NIN OS DO BIPARTITO TAMPOUCO...POR SUPOSTO NO TEU PARTIDO HAI SEGURO MAIS XENTE DIGNA QUE NON PISARA A SUA LINGUA HERDADA...INTENTAO SE TES....

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.