Sábado, 20 de marzo de 2010 - 19:13 h

A CIG pide ao TSXG que pare a consulta

A federación de Ensino da central nacionalista presenta dous recursos, e o STEG tamén inicia medidas legais

Xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 01:59 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

A CIG-Ensino presentou onte dous recursos contra a consulta que realiza a Xunta sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino co obxectivo de esixir a paralización cautelar da enquisa porque “vulnera dereitos fundamentais e a liberdade sindical”, entre outros aspectos.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou que onte se entregou un recurso contencioso administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por “vulneración dos dereitos fundamentais, liberdade de reunión, sindical e de información”.

Neste senso, Louzao denunciou que a Consellería de Educación deu orde de que “nin pais, nin alumnos, nin profesores poidan facer ningunha acción de debate e informativa” sobre a consulta. “As autoridades educativas compórtanse como axentes electorais dun partido político”, sostivo.

Por iso, a central nacionalista reivindicou a paralización preventiva da consulta que esta semana realiza Educación aos pais en relación á elaboración do novo decreto do galego no ensino.

Así mesmo, Louzao informou de que onte tamén se presentou un segundo recurso ante a Axencia Española de Protección de Datos porque, segundo explicou, a consulta aos pais “vulnera a Lei Orgánica de Protección de Datos”, xa que, segundo comentou, os colexios teñen que elaborar un “ficheiro novo dos participantes, dos que participaron e non”.

“Tampouco se lles facilita información aos pais”, engadiu e criticou que os resultados da enquisa a Administración educativa os ten “de antemán”.

“A consulta non lexitima a futura política lingüística do PP, que é un recorte,”, subliñou e lamentou a “fobia que lle teñen ao idioma de Galicia”. “A meta é reducir o uso do idioma e a normativa que temos”, rematou.



STEG

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) asegurou onte tamén que iniciou accións xudiciais contra a prohibición realizada pola Consellería de Educación para facer actividades en defensa da aprendizaxe do galego no ensino con motivo da consulta que esta semana se realiza aos pais.

Nun comunicado de prensa, o sindicato sinalou que a directriz “vulnera dereitos fundamentais” dun estado de dereito. En concreto, explicou que atenta contra o dereito á liberdade de expresión; o de liberdade sindical; e o de reunión.

“Seguimos facendo un chamamento ao goberno da Xunta para que deteña esta campaña que tanto dana ao patrimonio común de todos os galegos”, reivindicou a central sindical. “A intención da consellería é evitar a tarefa pedagóxica dos centros”, engade o sindicato.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
PROHIBIR O DEBATE AOS PAIS, AOS ALUMNOS...
ITO CASTRO
2009-06-16 22:49:16
ESTES TIPOS AGORA VIÑAN DARNOS LECCIONS DE LIBERDADE.....PROHIBIDO TODO O QUE SEXA LIBERDADE DE EXPRESION....XA DURABA MOITO A COMEDIA... MEXAN POR NOS E TEMOS QUE DECIR........QUE CHOVE??

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.