Lunes, 22 de marzo de 2010 - 4:06 h

Gloria Lago

xornal.com Actualizado 17/06/2009 - 01:59 h.
6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 voto/s

O PPdeG rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que insta á Cámara autonómica a “rexeitar e condenar” os “ataques á liberdade de expresión” e a “solidarizarse” coa presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, ante os “insultos e ataques” que recibiu a pasada semana. A través dunha proposición non de lei, os populares resaltan a “extrema gravidade” das pintadas con “ameazas e insultos” contra Lago rexistradas preto do seu domicilio e no seu vehículo, ao que, ademais, se causaron “danos”. A estes feitos, o PP sumou a aparición dun xogo en Internet no que “se incita a disparar” a presidenta de Galicia Bilingüe, plataforma en contra da Normalización Lingüística.

Así, o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, defendeu onte o “bilingüismo cordial” e cualificou de “lamentable” o grao de “crispación” que, ao seu entender, alcanzouse con respecto “á liberdade de uso de calquera dos idiomas oficiais en Galicia”.

“É gravísimo que se insulte persoas por defender unhas determinadas crenzas ou ideas”, reflexionou o dirixente popular e incidiu en que as “ameazas e insultos” proferidos contra Lago son prácticas “totalmente contrarias ao civismo".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Eu galego
Eli
2009-06-17 20:47:55
Esto e unha bergonza.non pasou enparte negunha maís que en galicia. Os politicos galegos, soamente se dedican a toleriss. Q teñe anosa lingua. Porque non sededican afacer algo por galiciae non destruilo que temos, algo enteresante por anosa terra
2
COMO DOEN¡¡
FRANCISCO
2009-06-16 23:53:11
O QUE SEMENTA VENTOS,RECOLLE TEMPESTADES.É A CONSECUENCIA DE VUSCAR PROBLEMAS ONDE NON OS HAI.O DECRETO FOI APROVADO POR UNANIMIDADE.LONGA VIDA O GALEGO E A GALIZA.
3
que escándalo!!
Nuria
2009-06-16 23:49:52
Non teñen vergoña!! Eu síntome moi mal porque para min meterse coa miña lingua é como meterse coa miña nai. Eu síntome insultada, ofendida, aldraxada por este grupo de reaccionarios insensatos. Cando se meten coa nai dun a reacción é irracional. Pensade o que facedes... e pensade que nós temos nai, raíces, non somos imbéciles coma vós...pobriños,dades pena!!
4
indefensión
mari
2009-06-16 17:09:44
E quen nos defende a nós dos ataques desa tropa do carallo!
5
E o galego?
Edu
2009-06-16 12:11:02
E entón o galego que? Porque non sacan unha iniciativa parlamenteria para condenar os ataques á nosa lingua?
6
jajajaj
carlos estevez rodriguez
2009-06-16 11:16:11
Temos un 18 % de paro e o noso parlamento empregase para estas caralladas... mire señor feijoo eu perdin ao meu can vai duas semanas... a ver se poden facer vostedes unha iniciativa parlamentaria pra que mo devolvan... ANDA POÑANSE A TRABALLAR

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.