O movemento cidadán pontevedrés consegue un amplo apoio para o mobilización, cunha vintena de entidades, pero sen o PP
Despois da maior mobilización que viviu Pontevedra, hai once anos, en protesta pola separación da Audiencia Provincial feita polo PP estatal, na que participou a cidadanía masivamente, os axentes sociais pretenden reeditar e superar aquela marcha cunha nova manifestación contra o decreto da Xunta que estableceu unha segunda delegación territorial na provincia.
A dous días da manifestación Pontevedra é capital. Anulación do decreto xa, non deixan de repetirse actos de adhesión, reaccións de todo tipo e actos de precampaña. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou onte que “esta decisión é unha agresión sen precedentes” e solicitou ao Goberno Galego que “dea marcha atrás” e retire este decreto que “supón unha violación do Estatuto de Autonomía”.
O ambiente está cada vez máis caldeado, agravado polo feito de que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, non concretou ata a tarde de onte unha data para visitar a cidade. De feito, pola mañá limitouse a dicir que “estamos pendentes”, e “concretaremos un encontro como xa fixen con outros alcaldes”.Noutro contexto esta cita non tería tanta transcendencia, pero a convocatoria da devandita protesta, está erguendo gran polémica e expectación na cidade.
Núñez Feijóo estivo onte no capital pontevedresa, na inauguración da XX Edición do Congreso Nacional de Estradas Locais, onde aproveitou para lanzar unha mensaxe aos que organizan esta manifestación, declarando que “os demócratas aceptamos todo tipo de decisións, pero hoxe estamos nun congreso nacional e os congresos organízanse nun capital, como é Pontevedra e como o seguirá sendo”.
Reacción
Lores manifestou que “non é necesario que o diga Feijóo: Pontevedra é capital desde fai case 200 anos” e insistiu en que “en todo caso, a creación do superdelegado vai diminuír a capacidade e o estatus da cidade como capital de provincia”.
O rexedor pontevedrés pediu ao titular da Xunta, “o mesmo respecto e tratamento que ao resto de provincias” onde hai un único delegado, e lembrou que a decisión do PP de crear cinco delegacións, dous delas na provincia, xera unha gran “segregación” que é “máis grave” que a separación da audiencia pontevedresa de 1998, o que supuxo a perda da alcaldía do grupo popular, porque lembrou, “fíxose ademais sen consulta, sen acordo e sen debate”. Tanto a tenente de alcalde, Teresa Casal, do PSOE, como outros colectivos, recordan que a movilización “non ten a finalidade de enfrontarse con Vigo” e que “non ten un carácter político, senón que responde a unha convocatoria cidadán”. Varios dos 20 colectivos da plataforma cidadá do 19-J, repartiron onte polas principais rúas da cidade centos dos miles de folletos, adhesivos e carteis que elaboraron para a ocasión. Estanse a colocar, ademáis, cinco pancartas de gran tamaño nas principias estradas de entrada a cidade.
Blog da protesta
Por outra banda, a asociación Maiolongo presentou un blog sobre este asunto e unha compilación de artigos e colaboracións de diferentes axentes sociais como material para a “reflexión, análise e servizo á cidadanía nun tema tan importante”.
Para mañá convocouse no teatro Principal ás 20.30 horas, unha mesa redonda na que participarán recoñecidos profesionais de diferentes ámbitos que opinarán sobre o asunto.Ademais, a Aempe (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra) emitiu unha circular na que pide a todos os seus socios e empresarios que “faciliten a asistencia” dos seus empregados á manifestación, solicitándolles para iso que o venres. “adianten o peche dos seus negocios” se é necesario.

