Seis cidades apoian a candidatura de Calero para o Día das Letras

A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, a través dos seus respectivos concelleiro de Cultura, están co intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero e non coa candidatura rival, a do poeta Uxío Novoneyra. Onte, en Santiago, asinaron unha carta dirixida á Real Academia Galega

Xornal.com Actualizado 19/06/2009 - 02:06 h.
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

As concellarías de Cultura de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense asinaron esta mañá unha carta destinada á Real Academia Galega solicitándolle que o Día das Letras Galegas do próximo ano 2010 sexa dedicado ao intelectual Ricardo Carvalho Calero.

Durante unha reunión mantida hoxe no Concello de Santiago, os responsables das seis cidades consensuaron un texto no que se adhiren a esta petición, que xa fora realizada por outros grupos, e que faría coincidir esta homenaxe co centenario do nacemento do pensador.

Nesta liña, explicaron que "a pegada intelectual e o compromiso" de Carvalho Calero "pode atoparse en toda Galicia", e, como mostra diso, estas seis cidades piden que o Día das Letras Galegas 2010 se adique á súa figura para axudar a "difundila", "afondar no coñecemento da súa obra" e "contribuír ao engrandecemento da cultura galega".

Segundo explican na misiva, Carvalho Calero, do que se cumpren case 20 anos da súa morte, tivo "unha das máis completas e extensas traxectorias vitais en defensa da cultura galega" e se converteu nunha "das figuras fundamentais no campo da literatura e da lingua".

Parte implicada na elaboración do Estatuto de Autonomía, Ricardo Carvalho Calero tivo unha activa militancia republicana pola que foi condenado durante a Guerra Civil e condenado a doce anos de prisión, tras o que continuou co que foi o seu principal labor ao longo da súa vida, a docente.

No ano 1958 Carvalho Calero ingresou na Real Academia Galega e foi proposto para a súa presidencia en 1977, aínda que rexeitou o cargo. Ensaísta, novelista, autor teatral, poeta, filólogo e profesor, Carvalho Calero é, como recolle a carta, "unha figura clave para entender a investigación lingüística e literaria galega".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O videoxogo, cando consigades facer desaparecer a lingua
Leiro
2009-06-19 00:40:40
Ah, por certo, esa estupidez do videoxogo se cadra deberías aplicala a todo o que montastes nos últimos meses coa guerra mediática contra o decreto, nestes días de perda de falantes e cativos que non saben falar galego, con lumbreiras coma ti que se negan a llelo aprender na escola amenos que vos paguen un "complemento" por facelo e teiman en lle reducir espazos á lingua do país, tanto por Uxío como por Carvalho. Que doado é meter bólas 1000 socios pilinguis axudados por uns milleiros de fachurróns vidos de fóra cando contades co apoio dos altofalantes de Madrid e dos traidores provincianos de La Voz... así son las cosas y así se las hemos contado. Vergoña terías que sentir, provinciano.
2
Elasno a crear polémicas que non existen
Leiro
2009-06-19 00:35:07
A linguaxe groseira de quen perde os papeis, ai, a carauta, tira a carauta xa, Elasno, vivirás máis cómodo na honestidade do teu complexo de asimilado... De seguro que Uxío, facendo un repaso das túas marabillosas contribucións contaminantes nos mil e un foros e na cova de Alí-babá dos "tan gallegos como el gallego", pediría que non ensucies o seu nome coas túas espúreas intencións. Que leria tan estúpida querer facer guerra entre Novoneyra e Carvalho, a que si? Canto vos gusta a algúns encher de merda todo canto tocades e de canto falades. Vai ler un pouco, dos dous, se cadra aprendes algo,mercenario do complemento. Para bocallán xa che temos a ti, o grande enmerdallador da rede.
3
Leiro non sexas bocallán...
Erasmo
2009-06-18 10:55:04
Seica eres tan parvo que prefires chamarte CAMPONÉS que Vivir no Courel...? Velaí a diferencia entre Carballo Calero e Uxío Novoneyra... Para xentes tan instruidas coma Leiro as cousas só teñen unha cor: ou branco e en botella ou cheira a azufre e ten cornos! O Courel pertence a TÓDOLOS GALEGOS igual ca Lingua!!!
4
Erasmo, ti ao teu, un numerario de GB non opina
Leiro
2009-06-18 00:16:16
Que vai dicir Erasmo, miñaxoia... claro que Novoneyra merece un día das letras, obvio, pero en 2010 fanse 100 do nacemento do senlleiro ferrolán, alguén do que un necio coma ti non pode dicir ren, así que non queiras facer guerra con isto tamén, que se che ve o plumeiro, vai comulgar cos teus colegas de Malicia Pilingui e UPydeiros e deixa de amolar, mercenario... o que pide un "complemento lingüístico", cobrar máis por facer o seu deber.
5
NUNCA É TARDE
Manuel Fontelide e Golmar
2009-06-17 23:29:35
Ja era tempo!!!
6
A algúns máncalle a Memoria do Presente...!
Erasmo
2009-06-17 22:36:03
A Candidatura de Uxío Novoneyra é unha Candidatura pola Memoria da Terra = O Courel Existe = mais algúns seica teñen ganas de facer unha AUTOVIA POR RIBA DA TERRA e seguir abrindo canteiras de lousa mesmo na aldea de Parada! Seguiremos outro ano máis a facerlle festa ós FILÓLOGOS e que morran OS POETAS DA TERRA! Cando ninguén saiba que é unha corredoira, nin un souto, igual facemos un VideoXogo para explicarllo ós cativos... daquela todos estaremos de acordo! Veredes!
7
Esta non deberia ser a nosa guerra
Lobo
2009-06-17 21:41:06
Os dous merecen homenaxes populares e masivos, non debe ser de recibo iniciar unha guerra, que so beneficia a inoperencia da RAG, pasemos de ela, xa que nin defende nin promociona e por suposto non da esplendor, O dia das letra galegas, debe ser cambiado de formulacion e de organizacion, o meu ver seria mais acaido o dia da Cultura Nacional Galega, con diversos polos de actuacion e de organizacion, e unha proposta que deberia terse en conta por todos os actuantes no eido social.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.