A XLVI edición da Feira do Viño de Ribadavia, que se celebra os días 4 e 5 de xullo, contará coa participación de 55 adegas.Segundo explicou onte o secretario de Promoción Agroalimentaria da Xunta, este ano busca potenciar a súa imaxe “como cultura”.
Waldo Carreiras sinalou que é unha “festa de primeira magnitude” na recuperación de variedades autóctonas e afirmou que o obxectivo é transmitir unha imaxe “moderna” e “de calidade” do viño. Nesta liña, farase un encontro entre profesionais do sector vinícola.
