Domingo, 14 de marzo de 2010 - 1:55 h

Cibrán Arxibai: “Hai rapaces que cubren sós a enquisa”

Cibrán Arxibai é profesor de matemáticas do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda

C. D. P. Actualizado 19/06/2009 - 01:06 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Cibrán Arxibai é profesor de Matemáticas no IES Pintor Colmeiro de Silleda. Enquisas ziscadas polo chan ou unha morea de mozos preguntándolle como se cubría a consulta da Xunta aos pais sobre o emprego das linguas no ensino foi o que atopou cando os formularios comezaron a ser repartidos a finais da pasada semana. “O proceso de recollida da consulta é totalmente irregular”, comenta.

 

Afirma que moitos alumnos cubren eles mesmos a enquisa aos pais.
As enquisas son repartidas por un membro do equipo directivo aos alumnos, e na teoría, eles teñen que levar a consulta a súa casa para que os pais as cubran e logo as entreguen. Sei dalgúns rapaces que as cubrían eles sen entregarllas aos pais. Incluso algúns preguntaban como se cubría.

 

Cúbrense todos os formularios xa sexa polos pais ou polos alumnos?
O outro día vin ziscados no chan varios formularios da enquisa nun recreo do instituto.

 

Vostede afirma como profesor da materia de ‘Métodos Estatísticos’ que a enquisa non é fiable.
Non sei porque non se fixo un estudo sobre a fiabilidade do cuestionario. Bastaría con preguntarlle a unha empresa seria que se adique á realización de enquisas. Preguntaríalle a estas empresas se eles se atreverían a firmar os resultados deste proceso e cal é o seu nivel de confianza, se están acotados os erros e a canto ascenden estes. En calquera enquisa fanse niveis de confianza e de estimación e para que sexa máis fiable escóllese unha mostra aleatoria. Aquí non hai mostra aleatoria e, entre outras cousas, os pais que teñen máis dun fillo poden contestar varias veces.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Irregularidades na entrega das enquisas
2009-06-18 15:18:18
A miña irmá ten un neno de dez anos e unha nena de tres que empeza na escola o curso 2009-2010. Cando foi matriculala antonte pediulles a enquisa da nena e negáronse a darlla. Os demáis que teñen dous fillos cubren dúas enquisas ¿ten algo que ver que sabían na escola perfectamente como ía cubrir a enquisa? seguramente. Por certo a escola está en Cuntis.
2
Enquisas entregadas nos centros na papeleira
Miguel Expósito
2009-06-18 11:39:56
Nestes días de fin de curso tiven a oportunidade de entrar na aula do meu fillo nun colexio da coruña. Alí había varias enquisas xa cubertas, unhas pechadas e outras non. Pero o mellor de todo é que unha nena debuxaba sobre unha delas, outras estaban estradas por unha mesa, había un par delas nun estante, e mesmo unha na papeleira da aula. Pregunteille á profesora sobre o asunto, e díxome que como estes días hai tanta celebración de fin de curso, non poden controlar quen entra nas aulas e é normal que haxa algo de desorde. Como diría un castizo: Toma del frasco, Carrasco!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.