Domingo, 21 de marzo de 2010 - 15:22 h

Os galegos valoran mellor a Feijóo que a Rajoy, o seu líder estatal

A abstención prexudicou ao bipartito, xa que os que non votaron faríano nun 28% por PSOE ou BNG e só nun 19% polo PP

Rodri Suárez 20/06/2009 - 01:45 h.
8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

As estadísticas seguen sorrindo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que montado na onda das súas vitorias electorais foi designado onte, segundo unha enquisa do CIS, como o líder político máis valorado de Galicia, nun sondeo no que aínda non computan as novas cabezas visibles da oposición, o socialista Manuel Vázquez e o nacionalista Guillerme Vázquez, pero si os seus predecesores Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, que obteñen un 4,4 e un 3,4, respectivamente, ante o 5,1 do popular. Porque tamén en clave interna do PP sae moi reforzada a figura de Feijóo, xa que supera en valoración ao seu líder estatal, o pontevedrés Mariano Rajoy, ao que avantaxa en nove décimas. O líder da oposición en Madrid obtén un 4,2 tamén inferior á puntuación do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, cun 4,5.

Os datos saen da enquisa postelectoral de Galicia sobre as eleccións autonómicas, elaborada con preto de 3.000 entrevistas en marzo de 2009 e publicada onte polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) nun traballo que ofrece un bo número de conclusións sobre o 1-M, especialmente no que atinxe ás circunstancias da caída do bipartito, por exemplo no efecto da dura –ás veces sucia– campaña electoral.

Campaña

Un 24 por cento dos enquisados afirma que decidiu o seu voto durante ese período, marcado polas acusacións e o enfrontamento en no que boa parte dos analistas botaron de menos unha posición máis firme por parte do candidato socialista, daquela presidente. A propia campaña é cualificada no seu conxunto polos votantes das tres forzas, con resultados ben distintos. Unicamente o dez por cento dos que apoiaron ao PSdeG e o sete por cento dos que o fixeron ao BNG consideran que foi boa ou moi boa, o que sobe ao 31 no caso dos partidarios do PP, que tamén cren de xeito maioritario que o seu partido mellorou en campaña, ao contrario do que ocorre coas dúas forzas do bipartito.

En canto ás razóns que tiveron os votantes en conta á hora de depositar o seu sufraxio, o 22,8 apostaron polo regreso o PP á Xunta ou o remate do Goberno progresista, mentres que nun superior 23,5 pesou o desexo da vitoria da esquerda ou a preocupación por unha volta dos populares. Só un 6,7 votou para reducir a influencia do nacionalismo. Pola súa parte, a abstención prexudicou á esquerda, posto que un vinte por cento dos que se abstiveron afirman que terían votado ao PSOE e un oito por cento ao Bloque, que xuntos reúnen un 28% que supera con claridade ao 19% que de ter votado faríao polo PP.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
gran exercicio de "prospección electoral"
devigo
2009-06-22 15:45:50
Unha enquisa feita antes de que tomara posesión Feijoo? Comparando a súa valoración coa de os dous dimitidos Touriño e Quintana? Comparando tamén con Rajoy que xa perdeu dúas eleccións xerais? E só consegue un 5,19? ...E o Real Madrid segue a ser o campeón da Liga?
2
Promesas e incumprimentos
Ana
2009-06-18 18:57:41
O unico que sabe facer ben este goberno e enfrotar os galegos a conta da lingua, gastar os cartos publicos en Xacobeos e pasearse polos medios de comunicacion madrileños (cope, intereconomia, LD, etc). Propostas contra a crise, ningunha. Por certo, seguimos agardando que Feijoo nos baixe os impostos (coma prometeu en campaña).
3
Joer
jose
2009-06-18 16:45:47
Nos toman por parbos estos das incuestas,creen que tamos a velas vir, que nun mintan tanto nin eles mismos o creen
4
?????
galegademeu
2009-06-18 15:12:33
1º A quen lle preguntaron? PARA LOLA, pódesme dicir algunha medida contra a crisis, algunha medida en calquera das consellerías que argumenten o teu comentario. Levamos casi tres meses sin goberno, non tiñan programa e agora van improvisando. O único que fan é oposición da oposición. Dime algunha medida concreta, e dicía que en 45 días acabaría coa crise. A ese señor é ao que defendes????
5
Para Lola Mento
A.V.
2009-06-18 14:29:40
Yo lamento decepcionarte, pero es que ese estudio está hecho en Marzo, cuando justo acababa de ganar las elecciones y todavía no había tomado posesión ni hecho nada. Bueno, no había hecho nada más que prometer (y ya lo dice el refrán, "prometer hasta meter, y una vez metido...") En ese momento acababa de ser elegido y es de cajón que gane. Así que esos dos meses de mandato no están evaluados en este sondeo. Esperemos al próximo y veremos el "cariño de los gallegos".
6
un tipo con ideas
pablo
2009-06-18 13:05:18
Este ano quedo sin traballo porque este señor deu orden de que non se cubran baixas nin vacacións do persoal da xunta, os POBRES que traballamos esporádicamente facendo sustitucións estamos jodidos; e con este exemplo de austeridade, eles poden seguir paseando con dous choferes de confianza, comendo nos mellores e mais caros restaurantes e viaxando a gastos pagos. ¿pero a quen lle importa? nos medios de comunicación seguirá a falar da austeridade e do ben que vai a galicia
7
Bieeen!
Lola Mento
2009-06-18 11:03:38
Bien por Feijóo, que en menos de dos meses de mandato, y pese a los obstáculos que le están poniendo en su camino, se ha sabido ganar el cariño de los gallegos
8
Mais quixera
galego
2009-06-18 07:26:58
Unha clara mostra de como se pode manipular unha enquisa. De seguro que os do metal de Vigo,a xente de Caramelo, a xente do agro ou todolos galegos estamos "encantadisimos" con este individuo. Esta cada dia mais claro que estan tentando aupar a Feijoo coma futuro relevo de Rajoy (cada dia mais en caida), sobre todo tras os escandalos do PP en Madrid e Valencia.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.