Gloria Lago viu “moi receptible” a Jesús Vázquez ás súas demandas sobre o uso do idioma no ensino
Na maña de onte, mentres o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, se entrevistaba con membros da Real Academia Galega, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, facíao coa presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. Namentres o líder dos populares galegos manifestaba que a institución dirixida por Xosé Ramón Barreiro coñecerá o próximo decreto do galego no ensino antes da súa aprobación definitiva e que se convertirá “nun referente na promoción da defensa do idioma”, o conselleiro de Educación atopábase “moi receptivo” as peticións de Galicia Bilingüe segundo a súa presidenta.
En declaracións a Xornal de Galicia, Lago explicou como lle expuxo ao titular de Educación unha serie de medidas para que os nenos poidan facer os exames en castelán antes de que o novo decreto esté aprobado, alá polo mes de decembro segundo as previsións da Xunta. “Con nuestra propuesta, los niños podrán dirigirse a los profesores en la lengua que prefieran, aunque los maestros tengan la obligación de responder en la lengua que toque, que siempre es gallego, y tener los libros de texto en el idioma que elijan y hacer los exámenes en el que quieran”.
Así, segundo Lago “nosotros les mostramos nuestra preocupación al respecto, pero la Xunta veía una serie de impedimentos legales. Así, nosotros les explicamos la vía que podían coger para tenerlo sin vulnerar la ley. Él ha tomado nota y supongo que ahora lo analizará”. De feito, non é a primeira vez que o presidente da Xunta mostra a súa vontade para introducir cambios no decreto vixente antes da súa derrogación.
En palabras de Lago, “el conselleiro de Educación estuvo muy sensible con nosotros cuando le explicamos los problemas de muchos niños, se le notaron las ganas de ayudar”.
No entanto, o agradecemento da asociación co conselleiro contrastou coa indiferencia cara a un terceiro invitado á cita: o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
“Al conselleiro lo saludé con dos besos, que es como suelo hacerlo, pero a Anxo Lorenzo le di la mano”, sentenciou Lago. “Entre nosotros y él hay un abismo”, declarou a presidenta de Galicia Bilingüe. De feito, un dos momentos tensos do encontro produciuse cando os representantes da plataforma solicitaron a retirada da Guía para a planificación lingüistica dos centros educativos, un texto vixente desde hai dous anos e que foi enviado pola anterior Secretaria Xeral de Política Lingüistica aos centros de ensino. Un “compendio discriminatorio de recomendaciones tendentes a promover la inmersión lingüistica del gallego y a hacer desaparecer el castellano de la enseñanza”, según denuncia la asociación. “Un compendio que fue, entre otras personas elaborado por Anxo Lorenzo”, dixo Lago, quen mostrou ao conselleiro un video feito por ela mesma, segundo asegurou, no que se critica a guía e onde se mostran algúns fotogramas da película Rebelión na Granxa, onde unhas galiñas escapan dos seus matachíns.
Desta forma, mentres Galicia Bilingüe pedía ao conselleiro de Educación un atallo para vulnerar o actual decreto do galego do ensino antes do súa derrogación, o presidente da Xunta de Galicia comprometíase a presentar o borrador do novo texto a Real Academia Galega. Nun acto na Coruña, o líder conservador manifestou que os membros do RAG non lle tiñan pedido ver o decreto senón que se tratou dunha iniciativa da Xunta.
O xefe do Executivo galego recordou que celebrou o Día das Letras coa RAG, “algo que antes nunca sucedera”.

