PSOE e BNG criticaron onte con dureza o “despilfarro” no que na súa opinión caeu a Xunta de Galicia ao gastar cerca de 300.000 euros en publicidade da enquisa aos pais sobre o uso do idioma nos centros de ensino. A diputada do BNG Carme Adán criticou a consulta ao considerar que esta non é “rigurosa”, ao tempo que lamentou que o Executivo autonómico “non dera todavía datos sobre o gasto real que supón a consulta, que podría alcanzar os 300.000 euros, unha cantidade coa que se podería asumir o coste dos arranxos dos comedores de Vigo”. Nunha rolda de prensa nesta cidade, Adán destacou que desde 1993 ata agora “sempre houbo consenso na política lingüistica e, con ese obxectivo de consenso, o anterior Goberno elaborou o decreto do galego no ensino”. Para a nacionalista, tendo en conta a intención de derrogar o citado decreto, “non se entende por que motivo se leva a cabo unha consulta que non é científica nin rigurosa e que se realiza a finais de curso”. “Non sabemos quen a vai a avaliar nin como. Non sabemos tampouco como vai a ser custodiada”, dixo quen foi secretaria xeral de Igualdade. “Mentres os pais e as nais falan de temas importantes como o transporte escolar ou os comedores, eles gastan 300.000 euros nesta consulta”.
Pola súa banda, a secretaria de Acción Electoral dos socialistas galegos, Mar Barcón, acusou igualmente ao Goberno de “dilapidar os fondos públicos de Galicia nunha campaña de publicidade e propaganda sobre a enquisa do galego nas aulas”. A deputada socialista destacou a falta de consenso coa que nace esta consulta aos pais xa que “se trata dunha enquisa artificial que ten en contra aos sindicatos, aos pais, a toda a comunidade educativa e ao resto de forzas políticas. Mentres, eles gastan os cartos en publicidade e cuñas de radio para os pais.
