Máis de 8.800 alumnos optan en Galicia a noventa graos de Boloña

A de Santiago é a universidade galega con menos estudos homologados co Espazo Europeo, só o 34% fronte ao 41 de Vigo

Natalia Arias Actualizado 20/06/2009 - 02:02 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Máis de 8.800 alumnos galegos, un cento menos que o pasado ano, comezaron onte os exames da selectividade. As Probas de Acceso á Universidade (PAAU) permitirán acceder no curso 2009-10 a un total de 90 graos adaptados ao Plan Boloña nas tres universidades galegas e a 1.055 no conxunto do Estado.

Os últimos mozos que concorren a esta convocatoria dende o Bacharelato rexido pola Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), accederán a outras 144 titulacións en Galicia. Será o último curso no que sigan existindo licenciaturas, diplomaturas e enxeñerías.

A oferta homologada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) duplicarase para o periodo 2010-2011 e os centros académicos deberán competir entre eles para captar estudantado coa oferta máis atractiva. Todas as titulacións estarán recollidas nun rexistro único e terán programas distintos e diferentes denominacións segundo a facultade na que se impartan.

Terapia ocupacional e Socioloxía, no campus da Coruña; Ciencia Política e da Administración e Matemáticas, no de Santiago, e Belas Artes, en Pontevedra, son os únicos estudos xa adaptados e en funcionamento nas universidades galegas, que para o vindeiro curso ampliarán a súa oferta con outros 85, aínda pendentes da verificación da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (Aneca).

Das tres universidades galegas, a de Vigo é a que apurou máis a converxencia con Europa e, a falta do visto bo da Aneca, xa ten adaptadas o 41% das súas titulacións. A Coruña conta co 40% dos estudos catalogados como graos e Santiago co 34%.

A maior parte das carreiras que seguen funcionando con plans antigos son enxeñerías, xa que o decreto que as regula foi aprobado hai tan só seis meses. Ademais, quedan pendentes titulacións como a de Medicina e Cirurxía ou Odontoloxía en Compostela, dúas das que encabezan, ano tras ano, a listaxe dos estudos coas notas de corte máis altas. En conxunto, Vigo é o centro cunha oferta maior, cun total de 85 titulacións; séguelle Santiago, con 79, e, por último, sitúase A Coruña, que permite cursar un total de setenta carreiras.


Experiencia con opción a FP

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo instou onte as universidades españolas a favorecer a mobilidade do estudantado no só cara o exterior, senón tamén dentro de España. “Non sexa que logremos que sexa posible facer segundo (dunha carreira) en Roma e terceiro en Fráncfort pero logo teñamos dificultades para movernos aquí”, dixo.

Ademais, asegurou que nas “próximas semanas” o Goberno aprobará o Real Decreto para convalidar a experiencia laboral e os estudos non formais por materias ou módulos de Formación Profesional (FP) de cara ao 2010.

Os estudantes de 2º de Bacharelato en Galicia atoparán tamén novidades o próximo curso. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de reimplantar para ese nivel a asignatura de Xeoloxía, que o bipartito eliminara no 2007. Segundo a nova Administración, a decisión de retomar esta materia atendeu a demanda formulada por diversos colectivos de expertos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.