Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:07 h

Táboas: “Temos que seducir a ese 10% que non se identifica co BNG"

Rodri Suárez Actualizado 20/06/2009 - 01:56 h.
14 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 20 voto/s

Os datos da enquisa feita pública o mércores polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) tras as eleccións galegas foron recibidas con especial reflexión no ámbito da esquerda e o nacionalismo, onde chamou a atención o dato de que mentres o 23,8 dos entrevistados declárase nacionalista, só o 12,8 afirma indentificarse co BNG.

A coordinadora da Executiva do Bloque, Teresa Táboas, interpretou eses datos en clave positiva, pero tamén deixando un reto riba da mesa da propia organización, e por tanto dela mesma. “O CIS demostra que hai un sentimento nacionalista forte no país e agora o reto do BNG é seducir a ese dez por cento que segundo a enquisa comparte nosas posicións en xeral malia que non nos dea un apoio directo”, asegura. A dirixente do BNG tamén aproveitou o inquérito para lanzar unha mensaxe ao PP e ao Goberno da Xunta. “Ultimamente gústalles moito dicir iso de que somos unha minoría e só representamos ao dez por cento, algo que nin sequera é certo polos resultados electorais autonómicos, pero a enquisa proba que somos moitos más, que unha cuarta parte deste país cre nun ideario que defende as nosas posibilidades, o noso autogoberno, a nosa cultura e o noso idioma, ese que a eles parece que lle molesta tanto”, engade Táboas.

Noutros ámbitos do nacionalismo ou a esquerda tamén foi comentado o dato do CIS. O analista político e ex parlamentario Anxo Guerreiro asegura que “os publicado amosa que o nacionalismo está máis implantado en termos sociais que electorais, o que ten que facer pensar ao Bloque, porque nos comicios baixou a mínimos históricos se se mira o voto nacionalista en conxunto. O problema é que sen un BNG forte non hai alternativa progresista á dereita, porque moita xente vota nacionalista ou non vota”.

Pola súa banda, o ex dirixente nacionalista Camilo Nogueira afirma que “nunca houbo tanta conciencia nacional como agora, pero a dirección do Bloque mantén a súa cabezonería e non dá a resposta axeitada a esa demanda”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
el futuro del bng
galicia
2009-06-19 23:45:19
el bng está muerto como partido,no querer ver esto es chocar no dos, sino tres veces en la misma piedra.pretender representar a una sociedad del siglo XXI con parámetros políticos del s. XIX y a veces del XV es engañarse hasta el punto de pensar que se puede ser de izquierdas y nacionalista ,es un imposible como el circulo y el cuadrado,una simple lectura a las bases programáticas del bloque es suficiente para entender que nunca podrá representar a más de un 10 /15% del electorado o incluso menos y que su futuro pasa por la ruptura de sus fuerzas internas.por último intentar volver al asamblearismo primigenio que da muy bien como un canto al romanticismo pero lo convierte en un partido destinado a las catacumbas de la oposición.es mi opinión aunque posiblemente pueda estar equivocado.
2
O bó do BNG
Galaicus
2009-06-19 22:33:40
Na miña opinión o bó do BNG é que integra ideoloxías diferentes unidas por un obxectivo común: Galicia. Dentro do BNG hai xente máis conservadora e xente máis de esquerdas e sectores que poderíamos calificar de "centristas". Por iso na miña opinión o BNG levou a cabo cando tivo algo de poder unha política que beneficiou a toda Galicia (ás clases traballadoras e á clase empresarial galegas). Pero está claro que é a miña opinión e que con esta política provocou as iras de todos e todas. Por que? ainda non o sei. Non sei, nin entendo, por qué a clase traballadora galega e o empresariado galego opta por ideoloxías políticas que benefician maiormente a sectores foráneos. Non sei, nin entendo, por qué isto pasa aquí e non en Cataluña ou no País Vasco ou en Andalucía.
3
????
luis
2009-06-19 14:21:14
Ese dez por centro (entre os que me incluo)nunca votaremos bng por algunhas cuestions,unha delas, queremos un partido nacionalista sen estrella vermella e que o denomine polo seu nome: GALICIA,outra do seculo XXI non comunista e algunha mais . Vendo o intento que fixo Quin e as bases deronlle o lombo non vexo como o van conseguir. www.converxencia.eu,este si pode ser...esperemos. Expresar neste foro a miña condena o atentado etarra. saudos.
4
Quen son o 10%
Luis
2009-06-19 13:26:15
Eu son pequeno empresario, imposibel aceptar os postulados economicos do BNG. Non creen na empresa privada. Necesito un partido de centro nacionalista. Hoxe no no hai. Lamentablemente eu non teño quen me represente.
5
Adiante co BNG
Lobo
2009-06-19 13:11:40
Estou de acordo con Teresa,no seu comentario de seducir o noso electorado potencial, pero que esta xa facendo a nova executiva? pra seducir a este electorado, primeiro teñenos que convencer e seducir os cadros e militantes do Frente,eu dende a miña cova non albisco nada que me faga cambiar de opinion, seguen as mesmas inercias, os mesmos fallos de comunicacion, tanto cara dentro do BNG como cara fora, Ulo a renovacion prometida? Gostariame saber que estan facendo ou programando os novos executivos, que se pretende facer tanto no traballo municipal como no ecoloxico, que forma se lle debe dar o Frente Cultural, que alternativa temos pra o traballo sindical e a crisis, que modelo de organizacion nos queremos dar, que formacion especifica debemos trasnmitir os afiliados e simpatizantes, en fin voto de menos Investigacion, Innovacion e mais compromiso militante, asi que menos tribunas, tv,e comunicados e mais corredoiras e traballo de base. Saude.
6
XAN
2009-06-19 12:23:12
A maior banda da xente en Galiza é, autonoma, o pequeno empresario. Da a impresion moitas veces de que van contra eles. Que os representen tamben. Non son a oligarquia, ten que loitar para chegar a fin de mes como os demais, e moitas veces con moitas mais horas de traballo.
7
un bng é posible
xurxo
2009-06-19 11:54:04
pois a traballar entón, Táboas, por ese BNG. Eu non creo para nada que teña que haber un partido nacionalista de dereitas e outro de ezquerdas, creo que ese 23 por cento que se sinte nacionalista pode estar representado perfectamente polo BNG.Outra cosa é que a formación faga as cousas ben para chegar a todo ese electorado.Eu creo que en xeral o nacionalismo galego é socialdemócrata.E a miña opinión.
8
Tedes q tar ca xente dos pobos
juanjo
2009-06-19 11:17:32
Un consello q os dou ,tedes q ser mais agresivos e repetitivos asi podesdes acadar o q querades
9
O BNG NON SEGUE AO POBO
ANA
2009-06-19 10:50:34
O PROBLEMA DO BNG É QUE NON QUER IR POLO MESMO CAMIÑO QUE O POBO. ¿CÁNTAS PROBAS MÁIS PRECISAN AS/OS DIRIXENTES PARA DECATARENSE DE QUE ELAS/ES SON QUENES ESTÁN EQUIVOCADAS/OS E NON O POBO?.¿CÓMO É POSIBLE QUE GUILLERME VÁZQUEZ "CHUPASE" MÁIS CÁMARA QUE ANA MIRANDA NA CAMPAÑA DAS EUROPEAS?. O PROPIO GUILLERME DEBERA TER UN MÍNIMO DE DIGNIDADE E HONESTIDADE, PARA DEIXAR QUE A PROTAGONISTA FOSE ANA. AMOSOU QUE CARECE DE HUMILDADE AO ACEPTAR ESE PROTAGONISMO. NO BNG HAI CERTAS PERSOAS QUE CANDO A ORGANIZACIÓN MEDRA, FAN TODO O POSIBLE POR DESFONDALA, E HAI CASOS DE SOBRA. AGORA VAN VIR AS MUNICIPAIS DENTRO DE DOUS ANOS. ESPEREMOS QUE AS/OS CONCELLEIRAS/OS E ALCALDES PODAN EVITAR ESA DESFEITA QUE PROVOCAN AS "LUMBRERAS" QUE DIRIXEN O BNG. AGARDEMOS QUE ESE TRATO DIARIO COA VECIÑANZA SEPAN LEVALA Á CAMPAÑA...

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.