O PP rexeita a gratuidade universal dos libros de texto por "populista"

>>O grupo popular no Parlamento galego rexeitou o mantemento da gratuidade universal dos libros de texto, unha medida que afectou co anterior Goberno a 217.000 alumnos.

>> Feijóo asegurou onte que se mantería para rendas baixas e medias

Xornal.com Actualizado 23/06/2009 - 01:05 h.
10 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

 O grupo parlamentario do PPdeG rexeitou hoxe senllas propostas, presentadas polo BNG e o PSdeG na comisión de educación e cultura, para manter o programa de gratuidade dos libros na educación pública, o cal cualificaron como "populista" e "anti-social". O voceiro do PPdeG na comisión, Ramón Rodríguez, asegurou que o novo programa que vai impulsar a Xunta será "máis xusto" e "máis solidario" e que lles dará prioridade "ás necesidades das familias máis necesitadas".

Rodríguez afirmou que o anterior sistema de gratuidade dos libros, desenvolvido polo Goberno do Bipartito, ao que cualificou como "populista e antisocial", provocou un "efecto perverso" tanto no sector editorial, pedagóxico e, incluso, na sociedade, ao instalar un modelo de "café para todos" que prexudicaba as rendas máis baixas.

Por este motivo, anunciou que o novo modelo utilizará os niveis da renda como "un elemento diferenciador", co obxectivo de garantir unha gratuidade "real e efectiva" dos libros de texto, polo que, na súa opinión, "Galicia vai aplaudir" esta medida.

Non obstante, o voceiro socialista, Antonio Meijón Couselo, afirmou que esta iniciativa implica un "paso atrás", posto que se trataba "da medida máis valorada" pola sociedade das implantadas durante a pasada lexislatura.

Neste sentido, Couselo inquiriu á Xunta a explicar se vai aplicar estes criterios económicos a outros departamentos, como o de Sanidade, polo que preguntou se "as receitas se van dar en función da renda". Por este motivo, o voceiro socialista instou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "volver ao carril correcto" que "neste caso é o da esquerda, porque é onde a sociedade adianta nos dereitos universais", afirmou.

Así mesmo, suxeriulle ao Executivo que "consulte os pais" sobre a gratuidade dos libros, así como sobre o reagrupamento do alumnado nalgúns centros rurais.

Pola súa banda, a representante do BNG na comisión, Carme Adán, acusou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, de non comparecer diante do Parlamento para explicar as súas propostas, pero si "de ocupar portadas" e dar "grandes titulares".

Adán asegurou que o PP xa intentou, durante a pasada lexislatura, "eliminar a gratuidade dos libros" o que, na súa opinión, "causa grandes desaxustes sociais", xa que impide garantir "o acceso en igualdade de condicións" de todo o alumnado. Así mesmo, criticou a "parálise" da Consellería de Educación, xa que "hai ao redor de 82.000 familias esperando" a que se explique como se vai xestionar o programa da gratuidade dos libros", se é que "vai haber programa", advertiu.

A este respecto, o voceiro socialista manifestou que a Consellería está actuando "con nocturnidade e aleivosía

Carme Adán, do BNG, lembrou á Consellería de Educación que hai "máis de 82.000 familias en Galicia agardando " que a Xunta defina a súa política en materia educativa porque "aínda non saben qué vai pasar cos libros de texto".

Guillermo Meijón, do PSOE, acusou á Xunta de retirar a gratuidade dos libros "con nocturnidade e alevosía".  O socialista pediu ao PP, "tan amigo das enquisas" que "consulte tamén aos pais se queren libros de texto gratuitos ou agrupar aos alumnos nun número que nin sequera Manuel Fraga se atrevía".

Onte mesmo o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, prometeu manter "a maior cantidade posible de gratuidade" ao tempo que a asegurou para as rendas baixas e medias "sen nengún límite nin excepción". Recoñeceu, ademáis, que non adoptara aínda medidas concretas sobre o programa impulsado polo bipartito.


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Martiño d´o Porto
2009-06-23 00:00:03
A grandeza e bondade desta medida non é a económica, senon o facer ver aos nenos a responsabilidade ao tratar con dignidade os bens que non son propios, senon da comunidade.... O meu libro ha servir a outro... Estudo cun libro que foi doutro, mesmo quizáis poderei ver certas marcas dos deberes feitos... Sentimentos eles de pertenza a unha comunidade solidaria....Exactamente o contrario ao individualismo insolidario.
2
Segunda palada na fosa do PPdeG
Adrian
2009-06-20 01:06:15
Se consideramos que o ensino é obrigatorio desde os 6 aos 16 anos, non é menos certo que a medida da gratuidade foi moi boa; esta medida existe en varios países europeos. De todas formas, xa sabemos onde recurtan os neocons: educación, sanidade e benestar social. O de sempre. Polo carallo lles tiran das orellas aos empresarios para que arrisquen os millóns que gañaron nos últimos 15 anos...
3
Correción
Anxo Lobezno
2009-06-20 00:09:36
Corrixo o anterior :os 25 millóns de euros son 4.000.000 de pts..Colouse un cero. Outra equivalencia sería: 25 millóns de euros dan para subvencionar 10 anos aos medios da prensa en Galicia. ou para 2 helicópteros de salvamento a razón de 12 millóns cada ún.
4
Libros para os fillos dos mesus xefes que cobran dez veces máis ca eu
Outro mais
2009-06-19 23:31:39
Ainda que non estou seguro de que vaia funcionar o novo método, eu estou a favor de non seguir pagándolle os libros de texto aos fillos dos meus xefes que se cabe cobran dez veces máis ca eu... non vos enfadedes... é só outro punto de vista... :-)
5
Algúns datos
Anxo Lobezno
2009-06-19 22:41:51
Tanto no prósimo curso coma no seguinte, non se ian mercar masivamente libros na ESO, xa que os libros de 1º e 3º foron mercados no curso pasado e os de 2º e 4º foron mercados neste curso.Como cada libro tén unha vida útil de 4 anos, tanto no prósimo curso coma no seguinte, únicamente se ian mercar os libros necesarios para repoñer o deterioro e os que foran necesarios debido ao aumento de alumnado.Calculen vostedes o stock de libros que hai actualmente nos centros de ensino, a razón de 8 ou 10 libros por alumno.Só hai que multiplicar por uns 100.000 alumnos e 25-30 € por libro e obteríamos unha cifra duns 23-25 millóns de euros é decir, uns 40.000.000.000 pts.. O austero señor Frijol pónse a ofrecer agora axudas para mercar novos libros “para los niños pobres” que quedarían de propiedade dos alumnos e así ano tras ano. Xa debeu idear a maneira de tapar tanto burato como atopou, porque senón non se explica.Por certo,esquecíame de decir que todos ises libros que hai nos centros teñen unha gravísima eiva: a inmensa maior parte deles están en Galego. PD:Dubido que os incompetentes que ocupan a Consellería e a Xunta botaran ise simple cálculo.Mesmo algún deles, probablemente nen sequera sabe o que é un libro para canto máis, un millón de libros.
6
Vergonzoso
Ogrilo
2009-06-19 21:39:04
Unha vergonza ni na teñen nin nunca a terán, que conten co meu voto porque poden esperar sentados...
7
van ter quA ver cantos votantes do PP e pagar os libros agora...
A.V.
2009-06-19 20:09:51
... que han ser máis de catro. Serán eses que na campaña falaban cos paisanos no bar e puñan a parir a Touriño polo do coche e todas aquelas parvadas, decindo que os do PP ían acabar coa crise e tódalas tonterías que contaban dende a dereita. Agora terán que aguantarse, porque eso foi o que votaron. Non che me dan pena ningunha; lástima dos que non votamos a Habichuelo e temos que aguantalo igual.
8
PP malo
Unión
2009-06-19 20:05:42
É certo que esa foi unha medida populista; quen poida pagar os libros terá que pagalos, coma sempre. Quen teña máis apuros económicos, que llos dean gratis ou rebaixados. A oposición non vai recuperarse por criticar todo ata o mínimo detalle que faga o PP, que vén de ser respaldado amplamente polo seu electorado, ao contrario que sucedeu cos partidos da oposición.
9
tooooma!
O de sempre
2009-06-19 19:50:10
Manda carallo!!, que ben postos os teñen: censuran, retiran o helicoptero de salvamento de Cee, retiran a gratuidade dos libros de texto... si señor... con dous coll... e a xente que lles siga votando!

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.