O delegado pide que non haxa “manipulación”

Xornal.com Actualizado 21/06/2009 - 00:51 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Cores Tourís, coincidiron nun acto público pola mañá na praza pontevedresa da Peregrina. Alí Lores convidou a Tourís a participar na manifestación, para dar a entender, entre outras cousas, que a mobilización “tamén defende os intereses do delegado”, xa que, segundo explicou, “non queremos un superdelegado diminuído en funcións, senón co mesmo poder e capacidade ao resto de delegados nas outras provincias”. Por iso, o rexedor pontevedrés confiaba a esas horas en que os cidadáns respondesen “de forma maioritaria e unánime”, exceptuando “o PP, loxicamente”, á manifestación para “demostrar que o decreto é un erro garrafal que fará perder peso político e emprego á cidade”. Cores Tourís insistiu en que a marcha “non ten razón de ser” polo que rexeitou participar nela. O delegado insistiu en que “por activa e por pasiva deixamos claro desde un principio que nada ía cambiar, e nada cambiou” e puxo como exemplo o feito de que “non se duplicaron os cargos dos xefes territoriais”, e ademais “Pontevedra non perdeu nada e non deixará de ser capital”. Sobre a manifestación dixo que “respectamos o que decida cada un”, concluíu, para engadir que, “iso, si, sen manipulación".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.