Avelino Pousa Antelo: "Feijóo que non toque a Castelao"

O histórico galeguista e presidente da Fundación Castelao lembra o regreso dos restos de Castelao e actualízaos

Rodri Suárez Actualizado 05/07/2009 - 17:33 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

O histórico galeguista Avelino Pousa Antelo coñeceu a Castelao cando era membro das Mocidades Galeguistas e agora preside a Fundación que leva o nome do rianxeiro. Dotado dun verbo áxil e, sobre todo, libre aos seus 93 anos, lembra con mágoa aqueles acontecementos de 1984, nos que estivo presente xunto aos máis achegados ao rianxeiro e ante o que se amosa moi crítico tanto cos organizadores como cos manifestantes. E incluso máis con todos aqueles que “queren agora utilizar a Castelao cando son todo o contrario a el”.


“Aquel foi un día terrible. Albor puxo toda a boa intención do mundo, pero a xente á que lle encargaron o acto tivo moito medo e acabou organizando un desastre. Quizais tería sido mellor facer o que propuxo Isaac Díaz Pardo, que era formar unha comisión con todas aquelas institucións coas que colaborou Castelao en vida e logo engadir a todas as forzas políticas. Pero non foi así e aquilo acabou en desfeita”, relata.


Os seus recordos desagradables non acaba aí: “A min, a Manuel Beiras e a Ramón Martínez López que era o presidente da Fundación Castelao, perseguiunos metros e metros un rapaz chamándonos fachas, que xa hai que ser. Ao final, non puiden máis e encareime e ata lle dixen se quería chegar ás mans. Colleu e marchou”, lembra con enerxía malia a súa avanzada idade. Malia iso, recoñece que entre os manifestantes en contra do traslado tamén houbo un momento de respecto cara eles: “Fomos en taxi ata Bonaval, pero o chófer viu tantos incidentes que nos deixou algo lonxe e tivemos que achegarnos a pé. A policía os perseguía e eles estaban tirando pedras e en plenos enfrontamentos, pero cando nos viron chegar pararon, nos deixaron pasar en silencio e cando xa marchábamos volveron ás protestas”.


Lúcido e comprometido, Pousa Antelo é claro tamén á hora de falar das Medallas Castelao, que se crearon ese mesmo ano e que considera que perderon o seu valor co tempo. “Ao principio estiveron ben e se concederon a todos os galeguistas históricos, pero logo apareceu Fraga e chegou a darlla a xente que tiña insultado en vida ao propio Castelao. Fraga debía ter accións nunha fábrica de medallas, porque as concedía a eito, as de Castelao, as de Galicia, as de non sei que... Eu nunca quixen saber nada ata que o propuxo o bipartito e entón si, con eles accedín. Pero a miña medalla é a lealdade a Castelao,”, explica.


O galeguista atende a chamada telefónica dende o seu despacho, onde prepara as súas intervencións semanais na Radio Galega. Comenta que a próxima irá contra “a velenosa esta de Gloria Lago de Galicia Bilingüe e o que dixo o TSXG sobre a enquisa esa que montaron” e amósase aínda emocionado pola manifestación en defensa do galego do pasado 17 de maio, na que participou. E por iso, cando se lle fala do que pode sentir se o novo presidente da Xunta do PP, Alberto Núñez Feijóo, acode a Bonaval, por exemplo o 25 de xullo, a render homenaxe ao rianxeiro, sobre o ton, enérxico. “Estes? Estes que non toquen a Castelao”. 


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.