Os requisitos básicos para ser director do CGAC

Xornal.com Actualizado 23/06/2009 - 01:07 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Experiencia

O texto do DOG pide “acreditar experiencia na dirección ou xestión de museos ou centros de arte contemporánea”. Outros documentos son máis precisos. É o caso do Musac de Castela e León. O director, Agustín Pérez, tivo que probar unha traxecoria de catro anos no campo.

Idiomas

Débese dominar o inglés, o castelán e o galego. Este último, de non coñecerse no momento da toma de posesión do cargo, terase que aprender nun ano e aprobar un exame pasado ese tempo se se quere continuar ocupando a praza. Valóranse outros idiomas, como é habitual.

Formación

O requisito é ser licendiado, aínda que os doutoramentos son moi recomendables. É así con todas as convocatorias que se rexen polo Documento cero de boas prácticas para o sector, aprobado en 2006 e polo que xa foron elixidos os directores do Musac e o Macba, entre outros.

Proxecto

A memoria a entregar constará dun plan detallado de acción para o próximo lustro. Está así marcado polo documento para evitar que coincida coa lexislatura. A convocatoria galega destaca sobre as outras por facilitar información aos candidatos sobre o museo.

Turismo

Unha das razóns polas que se confeccionou o documento cero foi para sentar as bases para atraer turistas. O futuro director do CGAC deberá combinar o coñecemento da realidade do país con actividades internacionais atractivas para o visitante. Ocorre así en todas os casos.

Economía


Un coñecemento profundo da situación económica do sector na área xeográfica na que se circunscribe o centro é fundamental para poder sacarlle partido aos actores empresariais cos que se vaia ter relación. Esta é unha prioridade que establecen todas as candidaturas.  




Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.