A CIG, CC OO, UGT e a Mesa Pola Normalización concéntranse contra a eliminación do galego das oposicións
A modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública por parte da dirección xeral que leva este apartado na Consellería de Facenda segue a espertar ás críticas dos sindicatos maioritarios no sector coa excepción do CSIF. O obxectivo da Xunta de Galicia é o de eliminar a obriga, existente ata o momento, de que ao menos un dos exames das probas de acceso a Función Pública se realizase en galego. As 9.30 desta maña, mentres se inicia o pleno do Parlamento , membros das centrais sindicais CIG, CCOO e UXT concentraranse diante do Pazo do Hórreo.
A Mesa Pola Normalización Lingüística anunciou que tamén se sumará a esta mobilización logo de que o cambio na lexislación fose impulsada como medida “urxente” polo Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo. De xeito simbólico a manifestación terá lugar nas rúa do Hórreo, fronte ao Parlamento de Galicia, mentres no hemiciclo se debate e vota a modificación proposta polo Executivo autonómico. “Este Goberno quere que Galiza sexa o único lugar do mundo no que non sexa necesario coñecer as linguas oficiais para traballar na Administración”, din dende a plataforma a prol da lingua galega.
Non obstante, non todas as centrais sindicais posiciónanse en contra da modificación da Lei da Función Pública. CSIF apoia o cambio. De feito, os membros da xunta de personal dos servicios centrais daXunta de Galicia pertencentes a este sindicato, manifestaron onte o seu rexeitamento a un comunicado dos traballadores da Administración afiliados a CC OO e a CIG, que rexeitaban a eliminación do galego das oposicións.
O manifesto asinado por estes traballadores tiña por título “A primera Lei do Goberno do PP, unha Lei contra o idioma galego”.

