Edítanse varios epistolarios de Ramón Piñeiro

Xornal.com Actualizado 26/06/2009 - 02:45 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo, reivindicou onte o espírito de Ramón Piñeiro, ao que se dedicou esta ano o Día das Letras Galegas, para asegurar que a Xunta “vai garantir o uso normal” da lingua e “potenciar” o seu emprego “en todos os niveis”. Así o manifestou durante a presentación de catro obras sobre Piñeiro, tres epistolarios que recollen correspondencia que incide en elementos doutrinais e lingüísticos, e un libro homenaxe con quince textos de colaboradores.

Lorenzo incidiu en que o seu departamento desenvolverá accións para que “o galego poida ser empregado con normalidade”. Deste modo, avanzou que hoxe asinarán un convenio con dez empresas de Galicia co obxectivo de promover o uso do galego nas súas relacións internas e externas.



O primeiro gran sociolingüista

Así mesmo, na súa intervención destacou o “amplo labor” do galeguista, así como o traballo de investigación do Centro Ramón Piñeiro recollido nas catro publicacións. “Foi un home que reflexionou moito sobre a lingua dende o respecto”, sostivo. Pola súa banda, o coordinador do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González, tamén presente, incidiu en que foi o primeiro sociolingüística galego que houbo, que se “deu conta dende neno que a situación do galego é anormal e estudou a súa situación de marxinalidade”. “O diagnóstico que fai da lingua é perfectamente válido, mesmo neste momento”, concluíu.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.