Os responsables do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego presentaron onte en Santiago a primeira edición dos premios Produto Gráfico Galego, no transcurso dun acto presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.O galardón pretende pór en valor o traballo dos profesionais e empresas de Galicia que destaquen pola súa innovación e creatividade. A convocatoria establece catro modalidades de premios: o Premio Novos Talentos –o único dotado economicamente, con 6.000 euros–, o Premio Libro Editado, Premio Deseño Innovación e Premio Produto Gráfico Publicitario.
