O instituto Terra de Xallas realizou unha consulta paralela na que a maioría de pais apoian un ensino en galego
A Consellería de Educación espera conseguir unha “alta participación” dos pais na consulta sobre preferencias lingüísticas feita aos pais ata o pasado 19 de xuño. Non obstante, para o departamente que dirixe Jesús Vázquez, nestes momentos un “bó seguemento” restrinxese a o 50%, ou o que é o mesmo, a que a metade dos 300.000 inquéritos repartidos entre os centros estén cumprimentados.
As expectativas á baixa de Educación van en paralelo aos anuncios de diversos centros a respecto do escaso seguemento da consulta. Onte mesmo, o claustro de profesores do IES de Sanxenxo informou de que só o 10% dos pais de alumnos do centro entregaron o inquérito á dirección do centro.
Hoxe mesmo finaliza o prazo de entrega das enquisas por parte dos directores de centros, nas delegacións provinciais da Xunta. Coincidindo coa data, a CIG-Ensino convocou concentracións nos catro departamentos territoriais .
Por outro lado, casi medio centenar de profesores de colexios con área de influenza en Vigo colapsaron na maña de onte o servicio destinado a recibir as enquisas. Uns 10.000 inquéritos foron presentados en sinal de protesta. CDP
