Mini e Mero: “Ofrecemos o son colectivo ás novas xeracións”

O dúo promove o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade no Museo do Pobo Galego

Víctor Paz Morandeira Actualizado 04/07/2009 - 01:07 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

“Levamos case corenta anos nisto”. O traballo dunha vida. A frase é de Baldomero Iglesias, alias Mero, un dos cofundadores de Fuxan os Ventos, que xunto co seu compañeiro Mini, nome tras o que se agocha Xosé Luís Rivas, leva a estudar a música tradicional galega toda a súa vida.

Refírese desta volta á compilación dunhas 600 cintas que compoñen o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que estará localizado no Museo do Pobo Galego en Santiago e que presentaron onte, con dixitalización incluída. “Usáronse filtros que non alteren a sonoridade orixinal”, explica Mero, porque “a intención é que a xente coñeza as gravacións o máis puramente posible”, engade Mini.

A idea é “ofrecer o son colectivo ás novas xeracións”, explica este, de maneira que se faga a aproximación ás gravacións “dende o tempo no que foron vividas”. Isto, loxicamente, conleva unha “contextualización enorme”, para a cal trouxeron ao proxecto “transcritores, entendidos en contos, informantes para tratar o contexto e técnicos”, destaca Mero. Eles foron os encargados de clasificar en carpetas os contidos que dende hoxe se poden consultar na páxina web www.apoi-mpg.org, que está clasificada en “arquitectura popular, contos, recitativos, ditos, adiviñas, lendas...”, indica Mero, facendo gala da heteroxeneidade dun proxecto que recolle “de forma autodidacta” as narracións populares do país, “algunhas de músicos populares que xa non vivían, pero que quedan na memoria”.

Nese elemento incide Mini, no de “devolver á xente o que é da xente” e “sen dixerir”. “Escoitar unha interpretación libre dunha canción popular hoxe como ‘Un adiós a Mariquiña’, que ten un significado profundísimo na época da emigración é lexítimo, pero doe”, explica, sendo el máis partidario de preservar a tradición do país antes que de introducir “perturbacións”.

 

Os inicios do proxecto

É así, a través da tradición oral, como eles entraron en contacto coa música e o proxecto. “Nos tempos de Fuxan os Ventos foi un cura o que nos meteu o veleno no corpo. Recuperamos o interese cultural pola música, e decidimos que había que recompilalo todo”, explica Mero, que recorda cómo botaron a andar esta iniciativa os dous sós, sen apoios de ningunha institución.

“Empezamos gravando todo o material nas cintas da época, despois pasámonos ao casete, e tamén hai algunhas fotografías e algo de cine, aínda que ao principio era moi difícil acceder a unha cámara”, indica Mero, que tamén recorda que “había que dixitalizar todo isto rápido porque a humidade deteriorara moito a calidade das gravacións”.

O estudoso indica que das 600 cintas, a información en doce delas perdeuse por completo, mentres que en 250 había imperfeccións. Logo do traballo de remasterización, pódense consultar con calidade na web do proxecto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
SEMPRE GALIZA
Xosé Valle Diez
2009-07-01 01:36:53
MINI e MERO. MERO e MINI: Dous que fan por millóns, loitando sempre a prol de GALIZA, sen xenreira mais con firmeza, firmeza que fai falla para enfrontar os lovos raposeiros e colonizadores da nosa ("NACIÓN"). Vos sodes o cerne e o eixo de ("GALIZA"). Sempre con vos un (LABRADOR)

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.