O Día das Letras 2010 homenaxeará a Novoneyra

A Real Academia Galega decidiu hoxe que o protagonista da próxima festa das letras será o escritor lugués.
Xornal.com Actualizado 29/06/2009 - 00:27 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, afirmou que Uxío Novoneyra ten "méritos contraídos" para que se lle dedique o próximo 17 de maio. Foi un "excelente poeta, galeguista e profundamente democrático", engadiu.

A elección foi case por unanimidade, cun único voto en branco. Os académicos tiñan que elixir entre o poeta lugués e outros dous candidatos, Carballo Calero e Lois Pereiro. Deste último, Barreiro asegurou que é "un candidato realmente sólido" pero aínda terá que esperar para recibir a súa homenaxe.

Ademáis, a reunión da Academia tivo outro punto, o ingreso de Bernardino Graña como nova incorporación á institución.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
patético
Manu
2009-06-27 21:59:59
lamentável o despreço da RAG à figura de Carvalho Calero.Será que este homem nom era galego??
2
e carvalho calero?
eva
2009-06-27 21:47:17
Unha vez máis, a RAG non lle adica o día das letras a carvalho calero e iso que hai só uns días que seis cidades galegas pedírono oficial e conxuntamente. hai que ver que medo lle teñen os señores rancios da RAG a calero. está claro que non llo dan porque era reintegracionista, e queren ocultar esa faceta, non queren recoñecer que o galego e o portugués son linguas irmás. Evidentemente, Novoneyra meréceo, pero o de calero é unha demanda de hai moitos anos. Que vergoña
3
Por que sempre aos que se foron?
Rodian Gray
2009-06-27 21:29:43
Non entendo por qué o Día das Letras Galegas se ten que dedicar a escritores mortos. Entendo a importancia de Novoneyra para a poesía galega, pero eu pregúntome, non son bos candidatos Agustín Fernández Paz ou Xosé Neira Vilas? Memorias dun neno labrego, deste último, é un clásico como o Quixote, e ese remake do dragón Smaug que fixera Fernández Paz ben que me entreteu na miña xuventude. Contribuíu moito á literatura infantil. E que pasa con Lois Pereiro? Como non traballou durante 40 anos non ten dereito? Creo que os criterios de selección deberíanse revisar.
4
Do Courel a Compostela por terra liberada
Leiro
2009-06-27 15:05:56
Os meus parabéns aos promotores da candidatura, Uxío é un dos grandes da nosa cultura sen lugar a ningún xénero de dúbidas. O que tampouco oferece ningún xénero de dúvidas é a belixerancia e a continuada persecución e illamento contra unha das figuras mais dignas das nosas letras. O profesor Carvalho ficou fóra unha vez mais do debido recoñecemento. Merece xa dunha vez homenaxe oficial e pública. É de xustiza histórica tiralo da proscrición. O que acontece é que hai moita xenreira, moita ignorancia e moito rancor, algúns, coma o presidente Barreiro, non poderían premiar cun Día das Letras alguén que por coherencia rexeitou a presidencia da RAG en 1977. Aínda que claro, imaxinade nestes tempos de morna defensa do galego, a covardía e silencio cómplice por parte das nosas institucións o que sería nomear un reintegracionista para o Día das Letras, todo un escándalo, inadmisíbel!!!! De todos modos, ide sabendo xa que tanto el coma Uxío estarán na nosa memoria coma defensores a ultranza disto que chamamos lingua e cultura propias, eixos da nosa nación. E lembrade, isto vai para os que persiguen a Galiza e á súa lingua e cultura, agora que se fan 25 anos da repatriación dos restos de Castelao, as palabras que se dixeron na TVE-G eran de Novoneyra, daquela presidente da AELG. Uxío foi un combatente da nosa dignidade, contra a hipocrisía e o fariseísmo. Para algún fariseo que vai por aí fachendeando do que non é e que quixo facer polémica e competición entre estas dúas candidaturas, todo o meu desprezo. Celebraremos o día do poeta do Courel, pero non esqueceremos ao Profesor Carvalho Calero, sempre na nosa memoria e que de seguro alá onde estea estará ocupando un lugar de honra con xente coma Uxío. Malia os renovados ataques e a nova hipocrisía, chegará o día en que iremos do Courel a Compostela por terra liberada. Galiza ceibe, poder popular!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.