O fiscal Carlos Varela, fillo adoptivo de Cangas

Xornal.com Actualizado 30/06/2009 - 22:41 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O Concello de Cangas celebrou onte unha homenaxe ao fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, ao que nomearon fillo adoptivo da vila. Varela, natural do Carballiño pero veciño do barrio cangués de San Roque, recibiu o recoñecemento porque, segundo se indica no texto da moción que acordou o seu nomeamento, “o seu labor e exemplo dignificou a lingua galega e combateu os complexos lingüísticos tan chantados nas mentalidades dos xustizables e axentes xudiciais”.

Carlos Varela mantivo desde o comezo da súa actividade profesional en Vigo a comezos dos anos 80 unha manifesta preocupación pola presenza da lingua galega na Xustiza. Varela tamén se implicou en entidades como as fundacións Premios da Crítica ou Peña Novo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.