Viernes, 19 de marzo de 2010 - 7:44 h

Táboas pide “reformular” o BNG e “achegalo” á sociedade

A ‘número dous’ do Bloque cre que os nacionalistas deben “actualizar” a súa mensaxe política
David Lombao Actualizado 07/07/2009 - 01:20 h.
25 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 22 voto/s

“Un exercicio profundo de reformulación” para rematar co “cortocircuíto entre a mensaxe do Bloque e a sociedade”. Este é, a xuízo da coordenadora da Executiva do BNG, Teresa Táboas, o camiño que a formación nacionalista debe seguir nos vindeiros anos.

Co obxectivo de lograr que “o 23 por cento de galegos que se define nacionalista –en referencia á ultima enquisa do CIS– poida ser votante do BNG”, Táboas apostou, nunha entrevista concedida a Europa Press, por “actualizar” as “propostas e liñas programáticas” da formación frontista.

Dende o punto de vista da ex conselleira de Vivenda, a “mensaxe” nacionalista “moitas veces chega distorsionada pola vontade dalgúns sectores”. Así, di, “o que temos que facer é buscar os medios para que chegue con clareza, esa é agora a prioridade”.

Esta folla de ruta debera, segundo Táboas, levar ao BNG a superar o “importante impasse” que, di, supuxeron “os últimos procesos electorais”, en referencia ás pasadas eleccións autonómicas e europeas.

 

FUTURO ORGANIZATIVO

Precisamente eses retrocesos electorais son, dende a perspectiva “persoal” da tamén deputada nacionalista, motivo suficiente como para “adiantar” a vindeira Asemblea Nacional, que debera celebrarse nun prazo máximo de dous anos.

“Eu, persoalmente –apunta– creo que se tería que adiantar, pero é unha cuestión que teremos que debater internamente”. Será “a organización” a que decida cal é o momento “máis axeitado” para o cónclave.

Tamén a nivel interno, Teresa Táboas avoga por situar sobre a mesa o propio modelo organizativo do BNG. Se ben coida que a “actualización” da “mensaxe” debe priorizarse sobre calquera outra cuestión, a nacionalista non desbota discutir sobre “se se debe continuar co modelo frontista ou camiñar doutro xeito”

Este, entre outros, será un dos debates que propicie a plataforma liderada polo voceiro parlamentario do Bloque, Carlos Aymerich, da que a propia Táboas forma parte. Despois de concorrer á pasada Asemblea Nacional, Táboas confirma que, tal e como avanzara Xornal de Galicia, ‘Máis BNG’ se “organizará como corrente interna no seo do BNG.

Nesa mesma perspectiva do futuro da formación, preguntada pola posibilidade de que unha muller encabece o proxecto nacionalista a partir da vindeira Asemblea, Táboas non desbota un escenario na que ela mesma poida facelo, sempre e cando a “organización” o “pida”. “Teño un compromiso co nacionalismo. Se mo pide aceptaría, pero a formación deberá decidir”.

 

CRÍTICAS Á XUNTA

Xa en clave galega, Teresa Táboas móstrase especialmente crítica cos primeiros pasos do novo Goberno galego, cuxas intencións, di, pasan por “converter os símbolos galegos en garabatos”, en referencia ás súas medidas lingüísticas.

“A lingua –afirma–non é de ninguén, foi lamentable escoitar que o galego é unha barreira”, di, en referencia ao pasado pleno parlamentario. “Todos –conclúe– temos a obriga de defender o patrimono”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
para Margarita
Manuel Marín
2009-07-05 01:03:41
Dis, Margarita: "Non están os tempos para xogar a novos partidos políticos. Mirade o PCE e sua evolución." Pode que non, ainda que non sei se a analoxía que fás có PCE é a mais atinada. Dis tamén: "Os de +BNG que deixen de enredar e que gasten suas forzas en xuntar o BNG, ainda hoxe terceira forza de Galiza. Non quero pensar o ben que estaránno pasando o PP e o PSOE. Serenidade e traballo caladiño." Facer por facer non leva a nada, e xuntar o BNG non sei que quer dicir nas tuas palabras: ¿dar por bó o que unha militancia cega, autista e insensible á sociedade decidíu ao por a Guillerme Vázquez de Xefe? Unha cousa e respeitar a decisión da Asemblea e outra é dar por boa unha deriva suicida con destino á autodestrucción. A militancia non ten razón no que fixo, pero Mais BNG, sí que a ten cando reclama abrirse á sociedade e corrixir os demasiados erros que históricamente cometeu o BNG, tapados durante uns anos polo astro Beiras. "A prensa non vai arranxar nada, teñen a especialidade de ciscar merda." Certo, pero deberías pensar que con determinadas actitudes do BNG estáse a subministrar materia prima ou munición par que disparen a discreción, e non precisamente as de Aymerich ou Taboas. "Pero non fagadesme caso que estou parva." Non sexas tan dura contigo, pero trata de reflexionar un pouco mais, e pensa que fora do BNG hai unha sociedad á que hai que procurar gañar, e para iso hai que procurar os mecanismos adecuados.
2
Manuel Marín
2009-07-05 00:50:00
Pois non entendo a teima en querer tirar para diante sen pensar nas cousas. Para comezar, a deriva do BNG non me parece nada tranquilizadora, e o problema é a cerrazón da militancia á sociedade. Que unha organización que se supón que aglutina e guía a defensa do país, se rixa por principios marxista leninistas (axeitados á nosa realidade, versión marxismo-rodriguismo), e que eleve á sua cabeza a un home como Guillerme Vázquez, o que demostra é que vive nun mundo propio alleo ao exterior, que se supón que vai liderar e cambiar. Quizás sexa irrecuperáble como modelo o BNG, pero o que non vale é que entretanto se dispare contra as voces que sí saben o que é a sociedade e os seus problemas,como Teresa Taboas ou Aymerich, en nome dunha ortodoxia, que está ben para manter unha relixión, pero non para facer política. Portanto mellor pensar nunha renovación da militancia, e nunha apertura real á sociedade, integrando a xente que vale e non atándose a momios e cazurros, que alimentan a sempiterna opinión de que os do BNG son uns túzaros e uns disléxicos sociais.
3
amigos
francisco
2009-07-01 02:04:27
sois de pena.nunca vi unha organización tan desastrosa ( peses a que es lo que propone la U ,mais organización),ja,ja,ja.....estoy escribiendo en español para que salgais cuatro o cinco mas a elevar on´´´´´´´´´´´´´´ível que las personas corrientes tienen de nosostros.Xente normal los del BNG,estais de coña?.comunismo.loita de clases,mas organización......pero....aonde ides?.hoxendia é imposible que a sociedade entenda o voso rollo upegallos(que por certo estades a todas, todolos dias,noraboa)entroutras porque a xuventude xa non e vosa ,estades malferidos e nas ultimas.Pode ser tamen a fin do BNG,xa veremos .Pero o que si e certo e que agora tedes que ir coa cara destapada.AGORA Xa non tedes compañeiros para disimular o voso teatro particular,algúns fixemonos maiores de idade e xa non nos deixamos ¨governar¨.Isto acabase.Podemos morrer todos ou que por fin vos presentedes a unhas eleccións e vos digan onde estades.Xa esta ben de esconderse. Nacionalismo..SI Esquerda....TAMEN comunismo e upg PASADO
4
Almas cándidas
CRCEG19
2009-06-29 23:10:42
Pero almas cándidas, que queredes?, outra Coalición Galega?. Adiante; xa sabemos todo onde está hoxe ese partido, verdade?
5
Qué carallo
margarita
2009-06-29 20:57:15
Non están os tempos para xogar a novos partidos políticos. Mirade o PCE e sua evolución. Os de +BNG que deixen de enredar e que gasten suas forzas en xuntar o BNG, ainda hoxe terceira forza de Galiza. Non quero pensar o ben que estaránno pasando o PP e o PSOE. Serenidade e traballo caladiño. A prensa non vai arranxar nada, teñen a especialidade de ciscar merda. Pero non fagadesme caso que estou parva.
6
2009-06-29 19:19:13
7
Vaia par de dous.
Ricardo
2009-06-29 18:54:15
¿Aymerich e/ou Táboas liderando o BNG? ¿Virámonos tolos? Arribismo puro e duro, sen fondo ideoloxico nen sentido. Isa é a opción ó stalinismo da UPG. Así Feijoo vaise xubilar no cargo.
8
B:N:G
galego de verdade
2009-06-29 18:21:50
O b.n.g.ten que cuidar mais os pobos pequenos ,e facil entendelo nas ciudades grandes tan cheas de xente de fora e esa xente non botaran o b.n.g, si non a o pesoe
9
Pipo
2009-06-29 18:07:15
estaría ben q o bloque se formase coma partido, definido na ESQUERDA, non na social democracia, xq é un modelo que hoxe en día non vale para solucionar os problemas económicos. Por suposto tamén nacionalista, pero en lugar de usar este termo, q os nacionalistas españois conseguiron etiquetar coma algo despectivo (hoxe ser nacionalista non mola para moito) pois chamalo galeguista. Algo asi como Esquerda Galega.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.