Un cento traballadores de Navantia concéntrase en apoio ao metal

Os operarios de Ferrol secundaron unha concentración da CIG que non apoiaron nin UGT nin CCOO.
Xornal.com Actualizado 29/06/2009 - 22:54 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Un cento de traballadores secundou a concentración convocada pola CIG en Navantia Ferrol en apoio do sector siderometalúrgico da provincia de Pontevedra, en repulsa polas actuacións "desmedidas" e "continuas" das forzas da orde, e en demanda dunha intervención urxente da Xunta de Galicia.

 

A protesta non estivo secundada por CC.OO. --que ten a presidencia do Comité de Empresa de Navantia Ferrol--, nin por UGT e a USTG, que rexeitaron a medida, considerando que a negociación afecta á provincia de Pontevedra.

 

Pola súa banda, o representante da CIG en Navantia Ferrol, Manuel Grandal, asegurou que o conflito de Vigo non é "unha batalla meramente económica", senón "unha decisión participada politicamente", porque "se non, non se entende a actitude da Xunta de Galicia".

 

Censurou que sexan os empresarios os que rexeitaran a mediación do executivo autonómico, e que "non pase absolutamente nada". "Se fosen os traballadores os que saísen publicamente dicindo que non aceptaban a mediación, os titulares serían terribles", engadiu. Grandal instou á Xunta de Galicia a "tomar cartas" no asunto, porque "está en xogo un sector estratéxico" para o país".

 

O representante da CIG de Ferrol afirmou que os sindicatos mantiveron o seu compromiso co desenvolvemento dos traballos en Vigo pero que, en cambio, nalgún estaleiro, producíronse "pseudo peches patronais" para "tratar de xustificar o incumprimento de prazos", como sería a retirada da "pasarela dun barco para que non se poida traballar". "Aí hai un exercicio absoluto de disposición dos sindicatos para que se cumpran os prazos", concluíu.

 

Mañá, a CIG de Ferrol fretará autobuses para facilitar os traballadores que participen na marcha prevista polos traballadores de Vigo cara á Xunta de Galicia para reclamar solucións ao conflito.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.