Viernes, 19 de marzo de 2010 - 14:00 h

Dous médicos negan a atención en galego a un paciente en Ferrol

O doente pediu un formulario de queixa en senllos hospitais e só lle puideron facilitar un modelo en castelán
María Pan Actualizado 01/07/2009 - 01:34 h.
14 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 23 voto/s

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar dous novos casos de suposta “discriminación lingüística” no Sergas de Ferrol, ocorridos a finais de maio nos Hospitais Arquitecto Marcide e Naval. Dous facultativos diferentes negáronse a atender e a falar en galego a un paciente que llo solicitou de xeito formal, facendo uso de seu dereito a percibir a atención médica “propia do Servizo Galego de Saúde”.

O enfermo acudiu en primeiro lugar a Urxencias do Arquitecto Marcide. Pese a que na sala de espera a maioría da xente se expresaba en galego, ó pasar a porta da consulta, denunciou que “a presenza do idioma desapareceu”. O médico que o atendeu se negou reiteradamente a falarlle en galego. E a situación se reproduciu de novo na área de Oftalmoloxía do Hospital Naval.

O enfermo non só sufriu a negativa dos dous médicos a atendelo en galego. Ó solicitar un formulario de queixa, atopouse con que só se lle facilitaba un modelo en castelán, en contra do disposto na Circular 5/97 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

O afectado puxo en coñecemento da xerencia territorial do SERGAS e da propia consellería o trato recibido, ademáis de dirixirse á Mesa pola Normalización Lingüística, que xa transmitiu a reclamación ás instancias correspondentes.

Pero non é a primeira vez que en Ferrol se rexistra un caso de discriminación lingüística nas dependencias sanitarias. O pasado mes de decembro, unha médica do centro de saúde Fontenla Maristany negou a asistencia en galego a un paciente. Pese a que en dúas ocasións requeriu a “atención oral, a resposta, sempre foi negativa”.

“O tema do Sergas na comarca é terrorífico, temos máis casos, hai hospitais como o de Caranza, concertado ca sanidade pública, nos que parece que estás nun centro de Toledo”, asegura Carlos Outeiro, o responsable da Mesa na zona de Ferrol. “Os traballadores da sanidade están a cobrar do erario público galego, así que teñen que respectar os dereitos dos galegos, non poden facer o que queiran”, puntualiza. Porén, lamenta que as queixas da Mesa sempre caian en saco roto na Área Sanitaria de Ferrol.

A Mesa lembra que a Lei 3/1983 establece que os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso normal do galego e que “ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua”. Pero é máis, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega –aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro de 2004– determina o principio da “oferta positiva” nas relacións entre a administración e os particulares. Deste modo, a lingua inicial ten que ser o galego, para favorecer o uso do idioma propio.

Ante isto, Carlos Outeiro, anima a todos os cidadáns a poñérense en contacto coa Liña do Galego para transmitir calquera discriminación ou vulneración dos seus dereitos lingüísticos e para que se den a coñecer “todas as posibles situacións nas que o uso normal do galego é imposible ou unha carreira de obstáculos”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
QUEIXAS NOS HOSPITAIS
Xabier
2009-07-01 00:16:24
Hoxe estiven no Hospital de Caridade de Ferrol e como considerei que a atención recibida por vexatoria e humillante pedín un formulario de queixa. Primeiro dixéronme que non os había,ante a insistencia e a ameaza de denuncia facilitáronme un que,por certo, estaba en bilingÜe. Sería da anterior Xunta.Trátannos igual que ós indios de Norteamérica.Ou peor en asuntos lingÚísticos.
2
MEDICOS DE FERROL
Gulfar
2009-07-01 00:10:58
Nunha ocasión -xa hai anos- dirixinme a un médico dos "estiarados" de Ferrol en galego. Nun momento dado usei o verbo "vamos" con intención imperativa e él, que falaba en castelán-, soltoume inmediatamente "no se dice vamos en gallego sinó imos". Como vin que rabeaba por provocarme e que a súa atención á miña doenza era nula optei por marchar dando un portazo e oindo detrás os berros da enfermera aduladora de turno. Patético. O dos médicos en Ferrol é lamentable. Hai algunha excepeción pero a fobia e o autoodio é alarmante.
3
Censura?
Xornalistas?
2009-07-01 00:02:41
Eu tamén quero saber por qué non saen todas as opinións, xa que a elegancia verbal non é o predominante nas que publican. Cal é o seu baremo, señores?
4
faltan collois
abelleiro
2009-07-01 00:02:13
Se estes galenos se saltan a ley e naide os leva o xulgado e que os galegos seguimos a estar capados. Con lamentos non se arregla nada, nin mesas nin hostias senon denuncias no xulgado e deixarse de caralladas. Que vaian a tomarlle o pelo a sua puta mai!
5
freijoooooooooooooooooo
PINTO
2009-06-30 22:56:32
DONDE ESTA FREIJOOOO PARA QUE NOS AXUDE????
6
Matasanos
maricarmen
2009-06-30 19:06:16
Os madicos eses fora de galiza xa
7
galego friendly
friendliño
2009-06-30 14:48:15
¿Para cando un listado de profesionais galego-friendly ou anti-galego?
8
Que interveña Jloria Lajo, en defensa do "bilinjuísmo"
A.V.
2009-06-30 14:29:49
Propoño que estas queixas, ademáis de denuncialas á Mesa pola Normalización Lingüística, o Valedor do Pobo e outras instancias similares, lle sexan transmitidas tamén a Galicia Pilingui, para que tamén interveñan en defensa dos dereitos dese paciente. Estamos ante un atentado contra a liberdade lingüística e seguro que Jloria Lajo está indignadísima coa actitude deses médicos. Se se tivesen negado a atender a un paciente en castelán xa estaría Jloria Lajo facendo un tour polas radios e teles para denunciar a imposición. Agora estou seguro de que ha facer o mesmo, porque Galicia Pilingui defende o bilingüísmo, a liberdade de idioma e a igualdade de dereitos, e vai denunciar esta intolerable imposición do castelán (e se aínda non empezou foi por problemas de axenda, non sexades malpensados). ¡Veña, Jloria, que se vexa! ¡Contamos contigo!
9
señoritos de merda
Cabalecho
2009-06-30 13:33:18
Non é posibel que persoas e funcionarios ao servicio da Xunta, poidan negar a atención en galego.Ven sendo algo así coma ir a Comunidade de Madrid e que non che resposten en castelán senon en arameo. Imaxinades coma se alporizaría dona Espe eo nacionalismo hispano? Coma un médico pode comprender a problemática dun doente galego, se non sabe o que dí ou non deixa que se exprese na sua lingua nai. Sí, sí... digo falar na sua lingua nai xa que logo o "boinafalante" terá,que se expresar en castelán seguindo o inconscente colectivo de sumisión ao castelan, do "birretehablante".En fin os malos da "peli" son os que eles chaman pailans e os bós, intelixentes, modernos e xenerosos son os políticos da actual Junta de Galicia mais os seus "birreteshablantes". Manda a truco.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.