O paciente acudiu posteriormente a solicitar un formulario de queixa, e atopouse con que soamente facilitábaselle un modelo en castelán", o que este puxo en coñecemento da xerencia territorial do SERGAS e da Consellería de Sanidade.
A organización denuncia que a este paciente "denegóuselle o seu dereito a recibir atención médica na lingua que, ademais, é a propia do Servizo Galego de Saúde".
A Mesa engade que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004, establece o principio de "oferta positiva", polo que a lingua inicial das relacións entre as administracións públicas e os cidadáns é o galego, "para favorecer o uso da lingua propia do país".
A Mesa recorda que a "Liña do Galego" (902 106 474) está a disposición dos cidadáns para denunciar calquera tipo de situación discriminatoria ou de vulneración de dereitos lingüísticos"
