Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:14 h

O PSOE pide cifras no financiamento pero rebaixa o ultimátum a Feijóo

‘Pachi’ Vázquez solicita que a Xunta concrete a súa proposta financeira na Deputación Permanente do Parlamento
David Lombao Actualizado 30/06/2009 - 22:41 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A apenas vintecatro horas do encontro entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, que para todos os grupos se prefigura como clave na negociación do financiamento autonómico, os socialistas galegos danlle máis tempo á Xunta.

Despois de que o líder do PSdeG, Manuel Vázquez, fixase as 12 da mañá de onte como prazo límite para coñecer as cifras que a Xunta lle esixirá ao Goberno central –no caso contrario, apuntaba, exporía a súa propia postura–, os socialistas optan por solicitar a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento como “último intento” para o consenso co Executivo.

Así e todo, ante a, ao seu xuízo, “vontade de ocultar os datos”, Pachi Vázquez advírtelle a Feijóo de que o “apoio” socialista “non é incondicional”. Neste contexto, Vázquez avoga pola celebración do máximo órgano parlamentario en períodos vacacionais para que, “antes do 10 de xullo”, o Goberno galego dea conta dos seus “obxectivos” no debate.

“Nós –di Vázquez–decidimos apoiar ao presidente, pero queremos que Galicia saiba como nos imos posicionar”. Así, por exemplo, explica o socialista que comunidades como Cataluña “teñen definido o que lles toca. Deste xeito é posible saber se “os obxectivos se conseguen ou non”.

 

O LÍMITE

Se ben Pachi Vázquez desbotou detallar ante a prensa o modelo que, a xuízo do PSdeG, debe primar no reparto dos fondos do Estado ás autonomías –o seu grupo faráo na propia Deputación Permanente–, si adiantou a porcentaxe que, ao seu xuízo, debe ser o límite galego para a negociación.

Dende o seu punto de vista, “todo o que non sexa” o 7,1 por cento dos cartos que o Goberno central distribuirá entre as comunidades será “malo para Galicia”, porque a Facenda galega perdería a posición que ostenta na actualidade.

Así as cousas, Vázquez sostén que a “unidade parlamentaria” –sustentada, ata o momento, nunha proposición non de lei apoiada por PP, PSOE e BNG, na que se ditan criterios xerais para a negociación– é unha das “fortalezas” que Feijóo ten que “levar” tanto ao encontro con Chaves como ao que mañá manterá coa ministra de Economía.

 

PAJÍN, CONVENCIDA DO ACORDO

Mentres Vázquez, dende Compostela, facía votos para que “Galicia saia ben na foto do 15 de xullo” –data fixada polo Goberno para o posible acordo–, a secretaria de organización do PSOE, Leire Pajín, mostrábase “convencida” de que o acordo entre autonomías e Estado chegará nesa data, aínda que se formalice máis tarde do propio día 15.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.